Abastecemento e saneamento para Valdeorras e os concellos de Punxín, Cenlle e San Amaro, temas da comisión de Medio Ambiente

https://schema.org/NewsArticle

Propiedades

Identificador 15438
Contenido URL https://www.depourense.gal/gl/nova/abastecemento-e-saneamento-para-valdeorras-e-os-concellos-de-punxin-cenlle-e-san-amaro-temas
Título Abastecemento e saneamento para Valdeorras e os concellos de Punxín, Cenlle e San Amaro, temas da comisión de Medio Ambiente
Texto

Ourense, 21 de decembro de 2016.- A comisión informativa da Deputación de Ourense de Termalismo, Turismo e Medio Ambiente abordará mañá xoves, 22 de decembro, os convenios de colaboración en materia de medio ambiente co Consorcio de Augas de Valdeorras para a prestación de asistencia para a xestión: do servizo de abastecemento de auga potable no Barco de Valdeorras, do servizo de rede de sumidoiros do Barco de Valdeorras, e do servizo intermunicipal de depuración de augas residuais na Comarca de Valdeorras.

Asemade na xuntanza abordarase o convenio de cooperación cos concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro, para a prestación de asistencia para a xestión das instalacións de abastecemento en alta "Razamonde-San Trocado".

Pola súa parte, a comisión de Cultura, Deportes e Mocidade tratará o tema da ratificación da aprobación dos novos estatutos do Consorcio do Centro Asociado da UNED. O Consorcio ten por obxecto o sostemento económico do Centro Asociado á UNED de Ourense, co fin de servir de apoio ao ensino superior e colaborar co desenvolvemento cultural da contorna.

O Consorcio está constituído pola Deputación de Ourense, o Concello de Ourense, a Universidade Nacional de Educación a Distancia, pudendo incorporarse a el no futuro outras entidades. A duración do Consorcio será por tempo indefinido.

Na xornada de hoxe será a quenda para a comisión informativa Especial de Contas e de Facenda e Economía abordarase a aprobación inicial do orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra incendios e de salvamento para o exercicio 2017 por importe de 3.806.000 euros, dito orzamento intégrase no orzamento xeral da Deputación de Ourense do vindeiro ano. Así mesmo, someterase a exposición pública polo prazo de 15 días hábiles, mediante anuncio no BOP. Mentres que, na comisión de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural tratarase a expropiación forzosa para a execución da obra "Explanación e afirmado de cuñas na OU-0214", no municipio de Ramirás.

Data 21/12/2016
Medios asociados

Propiedades

Nome 0 Fachada Deputacin OU.jpg
Contenido URL http://:./sites/default/files/ficheros_joomla/images/0%20Fachada%20Deputacin%20OU.jpg
Formato de codificación image/jpeg
Tamaño do contido 32260
Está publicado Si
Data de creación 21/12/2016
Data de inicio de publicación 21/12/2016
Data de finalización de publicación 01/01/2077
Ten ámbito
https://schema.org/name Deputación de Ourense
Lingua gl
Ten un tema
https://schema.org/name Administración Pública

Compartir:

mode_comment comentarios (0)

Queres comentar? Rexístrate ou inicia sesión

Pódeche interesar tamén...