A Deputación de Ourense reedita o libro "Aproximación ao pensamento e ideoloxía de Vicente Risco"

https://schema.org/NewsArticle

Propiedades

Identificador 14244
Contenido URL https://www.depourense.gal/gl/nova/deputacion-de-ourense-reedita-o-libro-aproximacion-ao-pensamento-e-ideoloxia-de-vicente-risco
Título A Deputación de Ourense reedita o libro "Aproximación ao pensamento e ideoloxía de Vicente Risco"
Texto

A publicación, presentada hoxe, conmemora os 50 anos do pasamento do escritor ourensán.

A Deputación de Ourense presentou hoxe a reedición do libro Aproximación ao pensamento e ideoloxía de Vicente Risco, do que é autor o catedrático e doutor en Historia Jesús de Juana, unha publicación que conmemora os 50 anos do pasamento do escritor ourensán (1884-1963) e que en opinión do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, "segue situando na actualidade o precursor da Xeración Nós e a un dos pensadores que máis fixo pola identificación de Ourense".

A obra, en galego e castelán está reeditada dunha publicación que data de 1984, e conmemora, asemade, o centenario do insigne autor ourensán "por que todos sentimos a fonda pegada de intelectualidade e defensa do noso que deixou Risco na súa obra e na súa vida", afirmou Manuel Baltar. Sobre o autor da publicación, Baltar dixo que Jesús de Juana deixa ben ás claras nesta obra "o seu talante de investigador" e adiantou que o profesor De Juana está a traballar xa no que será o segundo tomo da obra Galegos de Ourense.

O acto de presentación, que tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense contou tamén coa presenza de Luis Martínez-Risco Daviña, secretario da Fundación Vicente Risco.

A obra está prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, ademais de numerario e expresidente da Real Academia Galega. Supón a primeira edición en galego, e ámbalas dúas edicións –galego e castelán- están ilustradas con fotografías e debuxos cedidos pola Fundación Vicente Risco para estas publicacións.

Data 28/01/2014
Medios asociados

Propiedades

Nome 1Risco libro.jpg
Contenido URL http://:./sites/default/files/ficheros_joomla/images/1Risco%20libro.jpg
Formato de codificación image/jpeg
Tamaño do contido 177803
Está publicado Si
Data de creación 28/01/2014
Data de inicio de publicación 28/01/2014
Data de finalización de publicación 01/01/2077
Ten ámbito
https://schema.org/name Deputación de Ourense
Lingua gl
Ten un tema
https://schema.org/name Administración Pública

Compartir:

mode_comment comentarios (0)

Queres comentar? Rexístrate ou inicia sesión