Buscar
whatsapp-image-2025-05-07-at-13.56.39.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe en Expourense na presentación do Encontro Interxeracional Inspiro, que xunta o ámbito empresarial co formativo.A cita será o próximo 13 de maio, con presentación dos proxectos finalistas do 3º Concurso de Proxectos Emprendedores, ao que se presentou o alumnado das Universidades e centros de Formación Profesional de Galicia.
date_range 07/05/2025
web_ginzo.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial a Paula Ginzo, xogadora de baloncesto ourensá internacional coa selección española.Menor felicitou á pivote do Club Baloncesto Jairis polos seus logros profesionais, entre os que destaca a súa participación en dous Campionatos de Europa (conseguindo unha prata en 2023) e nos Xogos Olímpicos de 2024.Ginzo xa comezou a xogar na posición de ala nos propios Salesianos de Ourense, ata que o equipo se desfixo e pasou ao Carmelitas Vedruna. Con 14 anos medía xa preto de 1,90 metros e destacaba no equipo ourensán e nas categorías inferiores da selección galega. Neste sentido, o presidente provincial puxo en valor o seu “éxito continuado” dende os seus inicios ourensás.Recentemente, Ginzo foi campioa da Copa da Raíña e se...
date_range 07/05/2025
250507_8_maio_inmasoto_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 7 de maio de 2025.A Área de Igualdade dá continuidade ao seu programa “8M, mes a mes” tendo tamén moi presente o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Por este motivo, esta área da Deputación dirixida pola deputada Teresa Barge adícalle este mes ás mulleres escritoras, personificadas en Inma Soto, creadora de “Xela, a superheroína de aldea”. Precisamente, o lema seleccionado para este mes foi: “ A tinta feminina da conciencia”, facendo referencia ás mulleres escritoras que co seu don da palabra comparten sabedoría e sensibilidade, espertando deste xeito, as conciencias das súas lectoras.Inma Soto, -Inmaculada Belén Soto Iglesias., é unha escritora da cidade de Ourense. Graduouse en Ciencias do Mar na Universidade de Vigo; Tamén é Técnica de Xestión Forestal e do Medio Natural, estud...
date_range 07/05/2025
whatsapp-image-2025-05-07-at-11.50.29.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou na presentación da Asemblea final do proxecto Horizon SoildiverAgro, celebrada hoxe no Salón de Grao Vicente Risco do Edificio de Ferro do Campus.Fernández sinalou como "fundamental conservar o medio natural como motor tanto de sostibilidade como de riqueza económica e social, xa que nel e del viven todas as explotacións dunha provincia eminentemente agraria como é Ourense".
date_range 07/05/2025
250506_aect_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 6 de maio de 2025.O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu esta mañá o acto institucional de sinatura dos estatutos e do convenio da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Raia Seca e Gerês-Xurés. O evento, que foi presentado polo alcalde de Muíños e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, estivo presidido polo presidente provincial, Luis Menor; polo conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Diego Calvo; o vicepresidente da CCDR Norte de Portugal (Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional), Beraldino Pinto; o director Xeral de Relacións Exteriores coa UE,Jesús Gamallo; o delegado Territorial Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo; o presidente da Cámara Intermunicipal do Alto Minho, Manoel Batista; o ...
date_range 06/05/2025
web_home.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 5 de maio de 2025.O presidente provincial, Luis Menor, visitou hoxe as instalacións de Proxecto Home no Pazo de Guizamonde, onde puxo en valor o labor dun programa “que reflexa o mellor da sociedade” e que xurdiu nunha época na que “axudou a moitas familias que non podían pagar tratamentos custosos”. Menor, acompañado pola deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres e o director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, percorreu as instalacións da man da directora de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén, así como membros do equipo e usuarios do centro.Menor escoitou as experiencias persoais de varios usuarios de Proxecto Home, aos que felicitou “por crer en vós para saír de situacións de complexidade”.Compromiso social“A nosa primeira inversión sempre serán as pers...
date_range 05/05/2025
nba_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe na presentación do Torneo Júnior NBA WNBA FEB 3X3, que se celebrará este sábado, 10 de maio, no Pazo dos Deportes Paco PazA presenza en Galicia desta cita conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e a Deputación de Ourense. Preto de 300 rapaces de toda Galicia desfrutarán do baloncesto 3×3 vinculando a experiencia ao universo NBA/WNBA. Os rapaces vestirán as cores dos equipos NBA nun evento con acceso libre.NBA/Jr. WNBA é o programa global de baloncesto xuvenil da liga para mozos e mozas que ensina as habilidades fundamentais, así como os valores fundamentais do xogo (traballo en equipo, respecto, determinación e comunidade) para axudar a crecer e mellorar a experiencia do baloncesto xuvenil de xogadores, adestradores...
date_range 05/05/2025
whatsapp-image-2025-05-05-at-12.31.41.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación oficial do Car Outlet, un dos eventos de referencia en Expourense.A cita cos vehículos de ocasión será esta fin de semana no recinto feiral.
date_range 05/05/2025
250505_xg_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 5 de maio de 2025.A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa sesión ordinaria semanal, vén de mobilizar un total de 775.948,83 euros destinados a cooperar con diferentes concellos e entidades. No que atinxe á cooperación municipal, a cantidade destinada é de 715.948,83 euros. Neste apartado, a Deputación vén de ratificar o convenio de colaboración co Concello de Taboadela para a reforma da Casa Reitoral en Casa da Cultura deste municipio, o que suporá unha aportación da Deputación de 449.932,21 euros.A sesión aprobou tamén unha subvención do Concello da Arnoia, por importe de 100.000 euros, para a expropiación de pagos do parque empresarial. Para a continuidade na rede de saneamento de A Bola destínanse 50.000 euros; mentras que para melloras do pavillón polideportivo mun...
date_range 05/05/2025
Cargando...

Cargando...