Buscar
web-foto-presentacion-la-vuelta-femenina.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 31 de marzo de 2026.A Deputación de Ourense impulsa a proxección internacional da provincia a través de “La Vuelta Femenina”, un dos eventos deportivos máis importantes no noso país que volve a ter a Ourense como un dos seus principais escenarios grazas á colaboración da institución provincial.Trátase da etapa 2 desta carreira española, a máis importante do calendario ciclista feminino, que se disputará o vindeiro 4 de maio entre Lobios e San Cibrao das Viñas, pasando por Muíños, Bande, Verea, Celanova, Outomuro, As Maravillas, A Manchica, A Merca e Taboadela.“109 km con selo ourensán de pura adrenalina, un luxo para os nosos territorios, un espectáculo para os afeccionados e un reto para as deportistas”, dixo o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, durante a presentaci...
date_range 31/03/2026
260330_xg_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 30 de marzo de 2026.A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe un conxunto de 21 acordos, que mobilizan un total de 946,265,36 euros nos que destacan as axudas a concellos, o impulso ao Plan Provincial de Vivenda e a convocatoria da XLV edición do Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor. A sesión, a xuízo do presidente provincial, Luis Menor, “reflicte as prioridades da Deputación de Ourense centradas na cooperación municipal, o acceso á vivenda, o impulso cultural e o equilibrio territorial”.Así, a Deputación aprobou axudas directas a 11 concellos da provincia por un importe total de 431.265,36 euros, destinadas a actuacións prioritarias en infraestruturas e servizos municipais.Entre as actuacións máis destacadas figuran: Carballeda de Valdeorras, con 79.999,97 euros, ...
date_range 30/03/2026
web-presentacion-festival-medieval-de-viana-do-bolo.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 30 de marzo de 2026.A Deputación de Ourense presentou hoxe o IX Festival Medieval de Viana do Bolo, unha iniciativa cultural que ten como obxectivo recuperar e poñer en valor o patrimonio do romanceiro medieval transmitido por tradición oral no noroeste peninsular.O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández; a xefa territorial de Cultura da Xunta en Ourense, Sandra Quintas; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, o alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Avila Arias; e a presidenta da Coral Candea de Viana, presentaron os detalles desta nova edición, que se celebrará o vindeiro 4 de abril, a partir das 18.00 horas, na praza situada ao carón da Torre Medieval de Viana do Bolo.O vicepresidente segundo da Deputación dest...
date_range 30/03/2026
260328_visita_estudantes_mexico_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 28 de marzo de 2026.A Deputación de Ourense recibiu a visita dun grupo de estudantes procedentes do Centro Universitario Tlacaélel, situado en Ixtapaluca (Estado de México), que se atopan en España participando nun diplomado sobre innovación.Durante a visita, os estudantes interesáronse especialmente polo funcionamento das distintas administracións públicas españolas, con especial atención ao papel das deputacións provinciais, unha figura institucional que non existe no sistema administrativo mexicano. Neste sentido, a xornada permitiu coñecer de primeira man as competencias e o labor de cooperación cos concellos que desenvolve a Deputación de Ourense.O grupo, acompañado polo deputado provincial José María Lago e polo profesor e consultor Eladio Jardón, percorreu tamén diferentes ...
date_range 28/03/2026
pleno-da-deputacion-de-marzo-de-2026-1.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 27 de marzo de 2026.O Pleno da Deputación de Ourense, na sesión correspondente ao mes de marzo, aprobou hoxe unha modificación de crédito por un importe de 28 millóns de euros (28.040.148,01 €), o que vai permitir que a institución provincial destine a histórica cifra de 9,5 millóns de euros á rede viaria provincial.O documento aprobado esta mañá reserva 5 millóns para a conservación e mantemento dos 1.850 quilómetros de vías de titularidade provincial. Unha cantidade que se engade aos 4,5 millóns iniciais consignados nos vixentes orzamentos.Este expediente, o primeiro do ano, preséntase para facilitar o desenvolvemento de programas e prestación de servizos propios da Deputación en infraestruturas, medio ambiente, ámbito social, cultura, deporte e promoción económica e turística d...
date_range 27/03/2026
260327_premiosemente_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Xinzo de Limia, 27 de marzo de 2026.O Centro de Desenvolvmento Agrogandeiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), organismo da Deputación de Ourense, foi recoñecido este ano co Premio Semente 2026 na categoría de Compromiso Ambiental. O galardón, que destaca o labor de institucións e empresas na protección do contorno, foi entregado esta tarde nun evento celebrado na Casa de Brea, en Piñeira Seca (Xinzo de Limia).O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, agradeceu esta distinción, que recolleu o director técnico do Centro Agrogandeiro, Servando Álvarez. Fernández subliña o valor estratéxico de aliñar o progreso económico co respecto pola natureza: "Este premio é un orgullo para todas as persoas que integran este centro, ademais de ser un pulo para seguir traballando...
date_range 27/03/2026

Nova

Ámbito Carballiño, O

|

Tema Outras

O Carballiño acolleu unha nova sesión de traballo do club de produto “Polbo con Orixe”, na que participaron representantes do ámbito empresarial e asociativo da vila e da súa contorna, reafirmando o seu compromiso co desenvolvemento turístico do destino. A cuarta mesa participativa, celebrada o pasado luns 23 de marzo, centrouse no deseño e desenvolvemento de experiencias turísticas a partir dos recursos e activos propios do territorio. A sesión tivo como obxectivo fomentar o traballo colaborativo e a xeración de propostas con identidade, capaces de responder ás demandas actuais do mercado turístico. Durante a xornada, desenvolvida cun enfoque práctico, as persoas participantes compartiron coñecemento, identificaron oportunidades e avanzaron na definición de produtos turísticos vinculados ...
date_range 26/03/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que as procesións do Domingo de Ramos ocasionarán cortes e restricións de tráfico este domingo, 29 de marzo, pola mañá, no centro da cidade e nos barrios da Ponte e A Carballeira. Zona Centro. Ás 11.00 horas sairá a procesión, que discorrerá por Curros Enríquez (Subdelegación do Goberno), Rúa do Paseo, Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia e Juan de Austria, con entrada á Catedral pola rúa Lepanto. Restricións. Haberá cortes de tráfico nas rúas Xoán XXIII e Concello. O tráfico procedente das dúas rúas será desviado por Xoán XXIII en sentido ascendente cara á Avenida da Habana. Desvios. Os vehículos que circulen pola Avenida da Habana non poderán acceder a Xoán XXIII e deberán continuar pola propia avenida en sentido descendente. Barrio da ...
date_range 26/03/2026
260326_museoninodaguia_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 26 de marzo de 2026.A Deputación de Ourense continúa a impulsar iniciativas destinadas á valorización do patrimonio cultural e económico da provincia. Neste contexto, o presidente provincial, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Pablo Graña, e coa xerente do Inorde, co obxectivo de avanzar nun proxecto orientado ao recoñecemento da alfarería tradicional de Niñodaguia como indicación xeográfica protexida.Esta iniciativa busca aproveitar a recente modificación lexislativa que permite inscribir tamén produtos artesanais e industriais neste rexistro, co fin de fortalecer a identidade e a proxección da alfarería tradicional da Ribeira Sacra.Durante o encontro, Luis Menor destacou que este proxecto “é unha iniciativa ilusionante en fav...
date_range 26/03/2026
260326_arranxoestradas_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Infraestruturas (Vías e Obras)

Ourense, 26 de marzo de 2026.A Deputación de Ourense iniciou esta semana os traballos de reconstrución de dous muros de contención en puntos críticos da rede viaria provincial, concretamente nas estradas OU-0504, no concello de Coles, e OU-0306, en Carballeda de Avia.Estas actuacións, derivadas das sucesivas borrascas rexistradas entre os meses de novembro e xaneiro, foron consideradas prioritarias pola súa gravidade, ao comprometer de forma directa a estabilidade da calzada e a seguridade do tráfico.A Deputación de Ourense incluíu estas dúas actuacións, xunto con outras intervencións na rede provincial, nas memorias xustificativas remitidas ao Goberno de España para optar a financiamento estatal destinado a paliar danos en infraestruturas locais, tal e como informara o presidente provinci...
date_range 26/03/2026
Cargando...

Cargando...