Buscar
250624_proxecto_xures_web.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 24 de xuño de 2025.O proxecto ¨Gerês-Xurés Máis Sustentável¨ que ten como principal obxectivo potenciar o papel da cultura e o turismo sostible no desenvolvemento económico, a inclusión social e a innovación social no territorio, e foi presentado hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa presenza do presidente provincial, Luis Menor; do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; do presidente da Comunidade de Intermunicipal do Alto Minho, e actual presidente da Câmara Municipal de Melgaço, Manoel Batista, e do representante de Turismo Porto e Norte, Paulo Carrança.O proxecto ¨Gerês-Xurés Mais Sustentável¨ é, segundo explicou Luis Menor, “unha aposta por reforzar a cooperación transfronteiriza e construír unha visión compartida de desenvolvemento sostible na fron...
date_range 24/06/2025
250620_rp_mociongardacivil_4.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Administración Pública

A seguridade cidadá é un dos piares fundamentais para garantir a convivencia, o benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas de calquera provincia.O labor que realiza a Garda Civil nos nosos concellos, especialmente naqueles de ámbito rural ou con menor densidade de poboación e fundamental, dado que hai moito núcleo de poboación con só un ou dous veciños e que normalmente son de idade avanzada, facéndoos moito mais vulnerables a todo tipo de delitos e ameazas. Resulta esencial a presenza da Garda Civil para previr o delito, protexer á poboación e asegurar o cumprimento da lei, ademais da súa labor social, o estar pendentes dos veciños ante calquera eventualidade.Por outra banda, nos últimos anos, diversos municipios experimentaron un incremento de poboación, un aumento do tránsito d...
date_range 24/06/2025
1.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 23 de xuño de 2025.A Deputación de Ourense organiza os campamentos de verán “Music Camp 2025” e “Explora Ourense -English Camp 2025”, que se desenvolverán no complexo turístico de O Corgo, en Muíños. Os 100 mozos da provincia participantes desfrutarán de actividades de aventura, deporte, animación, música e inmersión lingüística. As inscricións para o primeiro campamento xa están abertas, mentres que a modalidade Explora Ourense admite solicitudes a partir de mañá, 24 de xuño.O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, presentou a programación destes campamentos no Centro Cultural Marcos Valcárcel, poñendo en valor a aposta pola “conciliación e o ocio” con actividades que “contribúen ao lecer e á formación” dos rapaces.Fernando Calvo, organizador do Music Camp...
date_range 23/06/2025
250623_rdp_xunta_goberno_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 23 de xuño de 2025.A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria semanal, vén de mobilizar un total de 1.404.630,07 euros a través da aprobación de 40 asuntos centrados tanto na cooperación municipal con concellos e mancomunidades (483.630,07 euros), como en colaboración con diferentes entidades (921.000 euros).O presidente provincial, Luis Menor, debullou en rolda de prensa os detalles deste órgano executivo da Deputación, destacando que foron abarcados "prácticamente todos os eidos da provincia onde este goberno provincial está comprometido”, e vinculou que esta capacidade de mobilización é “grazas á plena normalidade no funcionamento desta administración”.No que atinxe aos concellos e entidades supramunicipais como son as mancomunidades, Menor avanzou que o Concello...
date_range 23/06/2025
img_9486.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

A Deputación de Ourense, entidade responsable da xestión da área recreativa do encoro de Cachamuíña avanza nas obras de mellora deste espazo natural cunha nova pasarela peonil. Os traballos encaran a recta final, xa que só queda pendente o traslado da estrutura metálica prefabricada. A pasarela facilitará a accesibilidade en camiños naturais con tránsito de peóns e bicicletas, suprimindo barreiras arquitectónicas.Estas melloras súmanse a habilitación dun novo tramo do sendeiro no encoro, constituíndo un novo atractivo de esparexemento moi empregado polos veciños da cidade e da área metropolitana.As obras da nova pasarela tamén teñen como obxecto a mellora do aspecto estético do lugar e a diminución dos custes de mantemento da antiga pasarela, debido ao seu estado de deterioro.Accións compl...
date_range 21/06/2025
img_9485.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O Centro Cultural Marcos Valcárcel albergou esta tarde o evento “Nena e Deporte. De nenas a referentes ourensás”, no que foron protagonistas seis destacadas deportistas da provincia de Ourense: Pino Díaz, Zulema González, Vane Sotelo, Uxía Boimorto, Marta Míguez e Aroa Muñoz, invitadas como figuras destacadas do deporte feminino para que sirvan de exemplo ás vindeiras xeracións de deportistas.O presidente provincial, Luis Menor, agradeceu a estas seis “mulleres inspiradoras” a súa participación nun evento, dixo, pensado para animar a futuras deportistas de competicións de alto nivel e que leven o nome de Ourense polo mundo”.Ademais, Menor anunciou que este evento se enmarca noutras accións dentro da estratexia provincial de fomento da igualdade máis aló do 8M, así como do impulso á práctic...
date_range 21/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A programación das Festas de Ourense ocasionará cortes de tráfico en varias áreas da cidade hoxe, sábado, 21 de xuño:· Polas orquestras e concertos, a rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), até o luns, 23 de xuño.· Pola Verbena dos Oitenta, co Grupo Assia pecharase o tráfico de acceso a Concepción Arenal desde as rúas Sáinz Díaz e Avenida da Habana desde as 15.00 horas, até que remate o espectáculo e a desmontaxe.· Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 17.00 h.Toda a información sobre os cortes de tráfico das Festas en: Dispositivo de tráfi...
date_range 20/06/2025
mostra-fernando-eiriz-no-pazo-provincial.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de xuño, 2025A Deputación de Ourense acolle unha nova exposición artística no corredor do segundo andar, co traballo máis recente e nunca visto ata agora do ourensán Fernando Eiriz, escollido desta volta para mostrar a súa obra no Pazo Provincial, na que supón a súa primeira exposición individual titulada “Renacer ou Revivir”.Fernando Eiríz (Ourense, 1982) é un deses artistas autodidactas que leva toda a súa vida rodeado de beleza e creatividade. Formado en restauración e ebanistería, a empresa familiar (enmarcado, restauración e montaxe de exposicións) foi a escola mellor que podía atopar.Cun intervalo de tempo en Madrid, o retorno a Ourense é o seu renacer creador, nunha busca intencionada da simplicidade, posiblemente o máis difícil nun artista. Admirador recoñecido do gran ...
date_range 20/06/2025
ourense-musical-2-web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de xuño de 2025.A Deputación de Ourense, a través da área de Cultura e co apoio da academia La Casa de la Música, organiza o evento “Ourense musical. Vive os sons de Ourense”, que se celebrará o próximo venres 27 de xuño, a partir das 19,00 horas, con entrada gratuíta nos arredores do centro comercial Ponte Vella. Marcos Vázquez, director da área de Cultura da Deputación, presentou hoxe a programación, acompañado por Fernando Calvo, de La Casa de la Música e Marcos Vila, xerente do centro comercial Ponte Vella, un dos colaboradores do evento.“Ourense musical. Vive os sons de Ourense” constitúe unha oportunidade para que os nosos mozos e mozas compartan música e fomenten a cultura, dándolles visibilidade, tal e como explican dende a área de Cultura.Marcos Vázquez destacou durant...
date_range 20/06/2025
recepcion-alcalde-esgos.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 20 de xuño de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao novo alcalde de Esgos, José Antonio Blanco, que tomou posesión no cargo este mes de xuño. A reunión serviu para abordar liñas de actuación e cooperación en materia de obras, deporte e servizos sociais.Menor destacou a aportación de 1,1 millóns de euros prevista no actual mandato para o concello de Esgos, cantidade que permitirá financiar melloras clave en vías municipais, a reforma do campo de fútbol de Rocas ou as axudas para rehabilitación de vivenda destinada a aluguer social.“Felicitamos e apoiamos a aposta do Goberno local polo aluguer social, tendo en conta a demanda intensa de vivenda e as posibilidades de que a poboación non só se asente, senón que aumente”, apuntou o presid...
date_range 20/06/2025
Cargando...

Cargando...