Buscar
mnor.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ao partido de fútbol Maside-Nogueira de Ramuín (encontro da liga 1ª Galicia Futgal), onde puxo en valor as recentes obras do campo Outeiro Grande, cunha instalación de céspede artificial e unha iluminación renovada, grazas ao investimento de 250.000 euros.Menor asegurou que o céspede, xunto a reforma de vestiarios, “vai marcar un antes e un despois” para o que no seu momento foi un dos primeiros campos da provincia en ser de herba artificial, o de Maside.A Deputación ten unha liña de actuación estratéxica para a mellora de campos de fútbol municipais en toda a provincia, así como en xeral un firme e decidido compromiso coa modernización de todo tipo de instalacións deportivas.Así, ten un plan de investimentos que supera os 3,6 M€, procurand...
date_range 14/12/2025
insua-3.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración da Fonte e o Camiño do Guieiro, na Insua dos Poetas, no entorno natural de A Esgueva (Madarnás, Carballiño). Menor agradeceu o labor da Fundación Insua dos Poetas, presidida por Luis González Tosar, e comprometeu o apoio institucional “á cultura en maiúsculas”, a través de actos coma o de hoxe, que pon o peche ao Ano Castelao.“Castelao deixou en Ourense un legado inesquecible, cultural, político e social”, sinalou Menor durante o evento cultural, no que tamén se inaugurou un conxunto escultórico elaborado polo artista Antón Pulido.O presidente provincial tamén se referiu á emigración como “sinal de identidade” de Ourense e que, co acto de inauguración da Esgueva, queda “perpetuado” a través da arte. Deste xe...
date_range 13/12/2025
15-anos-sen-valcarcel-1-2_0.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O Centro Cultural Marcos Valcárcel, dependente da Deputación de Ourense, homenaxeou ao historiador e xornalista ourensán que lle dá nome a este espazo cultural de referencia na cidade e na provincia. “Quince anos sen Marcos Valcárcel” foi o título da xornada de lembranza entre amigos e xente da cultura que tivo relación con este intelectual, cando se cumpren tres lustros do seu falecemento.O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou no acto no que varias persoas que tiveron relación con Valcárcel leron textos dedicados ao historiador ourensán, a maioría deles poesías.O acto traduciuse nunha breve lembranza persoal dende a amizade, con intervencións de autores como Afonso Vázquez Monxardín ou Xosé Lois Carrión. Ademais, tamén houbo representación da familia do ...
date_range 12/12/2025
luiswebceo.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Gala das Empresas da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), un encontro de referencia para o tecido produtivo provincial que, nesta edición, adquiriu un significado especial ao render homenaxe á que fora a súa presidenta, Marisol Nóvoa, falecida o pasado mes de agosto.Na súa intervención, Luis Menor destacou que esta non era unha gala máis, “senón unha celebración marcada polo agradecemento e polo recordo dunha muller referente do empresariado ourensán e pioneira no liderado asociativo”. Sinalou que Marisol Nóvoa “soubo exercer unha presidencia baseada no diálogo, na conciliación e na defensa firme de Ourense”, cualidades que -afirmou- deixan “un legado vivo e inspirador”.O presidente puxo en valor a traxectoria de ...
date_range 12/12/2025
web-visita-ao-concello-de-lobeira.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 12 de decembro de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou o Concello de Lobeira, onde supervisou varias obras e servizos que contan coa axuda da institución provincial. O alcalde do municipio, Antonio Iglesias, acompañou a Menor durante este encontro de traballo, que se enmarca nas visitas a concellos do presidente provincial para supervisar actuacións feitas grazas a cooperación institucional. Cara o remate do mandato, a Deputación de Ourense destinará máis de un millón de euros para diferentes proxectos que melloran a vida da veciñanza.“Comprobamos en Lobeira que é un concello exemplo de eficiencia enerxética, humanización e aposta pola mellora da calidade de vida dos veciños”, valorou Menor trala visita. O presidente provincial destacou o traballo do re...
date_range 12/12/2025
img_2039.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe o concello de Bande para supervisar diversas obras e servizos nos que colabora a institución provincial, a través do fondos do plan CooperOU e doutras axudas, visita na que estivo acompañado pola alcaldesa,Sandra Quintas, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.Menor coñeceu de primeira man a nova cuberta da pista de pádel, ao carón do pavillón municipal, na que a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia investiron 120.000 euros, nun claro exemplo de “cooperación institucional como factor clave para a execución deste proxecto”.O presidente provincial tamén puxo en valor esta nova infraestrutura por tratarse dunha demanda da veciñanza, pero ademais “polo retorno social e deportivo tan importante que vai ter”.Ademais, p...
date_range 11/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A concelleira de Educación, Tamara Silva, entregou onte o premio do Certame Infantil de Debuxo da Postal do Nadal 2025, que este ano elixiu o traballo de Olivier García Sierralta, alumno de Primaria do CPR Padre Feijóo. A postal gañadora será a felicitación oficial do Concello de Ourense este Nadal. Nesta edición, dirixida a alumnado de 6º de Educación Primaria, participaron 174 escolares de 12 centros educativos da cidade. O gañador foi premiado cun lote de libros, mentres que a súa aula recibiu unha cesta de material didáctico. O xurado estivo composto pola artista plástica Cristina Roo, Eva Torres (directora de espazos expositivos) e Sara Dacal (coordinadora de programas educativos do Concello).
date_range 10/12/2025
webpai.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente da Deputación de Ourense mantivo hoxe un encontro de traballo cos representantes dos nove municipios da comarca de Valdeorras (O Barco, A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras) para avanzar na implementación do Plan de Actuación Integrado (PAI) “Polos Camiños do Sil”, unha iniciativa estratéxica que mobilizará máis de sete milllóns de euros (7.275.253 euros, dos que 4.365.152 euros proceden de fondos europeos).Menor destacou o PAI Valdeorras como un plan “moi ambicioso” que “mellorará moito á comarca”. Ademais, sinalou a intención de incrementar os fondos previstos no plan ata os 10 millóns de euros.O presidente provincial definiu o encontro como “moi produtivo e satisfeito”, subliñando o obxectivo de que os concellos “...
date_range 10/12/2025
presentacion-da-mocion-do-gpp-sobre-o-desmantelamento-de-correos-2.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Administración Pública

O Grupo Provincial do PP instará ao Goberno de Sánchez a mellorar o deficiente servizo de Correos que se presta na nosa provincia, a través dunha moción que levarán ao vindeiro pleno do mes de decembro. Trátase dun novo recorte do Goberno Central contra o medio rural que se suma ao peche de cuarteis, á redución de frecuencias necesarias do AVE a Madrid, á centralización na cidade das competencias en materia de violencia de xénero en detrimento dos xulgados comarcais, entre outras moitas cuestións que están a privar á nosa veciñanza de servizos básicos e que contribúen ao seu desmantelamento. A portavoz do Grupo Provincial do PP, Patricia Torres, acompañada polos representantes sindicais María Paz Saavedra de CC.OO. e Juan Carrera de C.G.T., e por representantes municipais populares, presen...
date_range 10/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobará na súa sesión ordinaria desta semana o expediente para contratar as obras do proxecto de rehabilitación da pasarela do Vao, cun orzamento de licitación de 768.345,70 euros, IVE engadido. Na mesma sesión, que se desenvolverá mañá, xoves, 11 de decembro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, prevén tamén dar o visto e prace ao expediente para contratar as obras do proxecto de mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia, cun orzamento de licitación de 852.821,00 €. Ademais destes dous expedientes, a Xunta de Goberno Local de mañá tratará tamén outros 21 asuntos. Licenzas: Resolver as solicitudes de licenzas para a demolición dun inmoble na rúa Canella Cega; a rehabilitación e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Out...
date_range 09/12/2025
Cargando...

Cargando...