Buscar
fachadas_web_0.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Turismo

Ourense, 16 de maio de 2025.O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publicou o 7 de maio de 2025 as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a construción de ecoaloxamentos e a súa convocatoria, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGeneration EU, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.A subvención conta cun orzamento de 212.000 euros pertencente á actuación 1.3 “Ecoaloxamento en Concellos con potencial termal ou con centros históricos, dentro do Eixo 1 “Transición verde e sostible” do PSTD. O obxecto da subvención é a construción ou instalación de ecoaloxamentos en municipios con oferta reducida ou inexistente de infraestrutura...
date_range 16/05/2025
logos-deputacion-fondo-azul_0.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Administración Pública

En Galicia, os xulgados de paz son un instrumento de xustiza que, cun marcadocarácter tradicional e moi propio da nosa comunidade, demostraron ao longo dahistoria a súa utilidade e eficacia na resolución de conflitos.Actualmente, os xulgados de paz están presentes na meirande parte dosconcellos da provincia e abarcando practicamente todo o territorio de Galicia,converténdose, ao mesmo tempo, nun modelo de xustiza moi propio da nosaComunidade Autónoma, imprescindible pola súa proximidade e dando servizo atodos os veciños e veciñas, xa que están integrados nos concellos. Os xulgadosde paz contan con persoal que coñece os municipios e teñen unha actuaciónbaseada sobre todo na mediación.Os xulgados de paz constitúen a maior estrutura xudicial e son competentes nosámbitos civil, penal e do rexi...
date_range 16/05/2025
250515_xornadasenfermeria_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 15 de maio de 2025.O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ás XIV Xornadas de Enfermería, organizadas pola Dirección de Enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, que recupera este ano as súas “Xornadas de Enfermería”, marco de difusión da actividade científica e investigadora deste colectivo. Menor subliñou que esta iniciativa xurdiu de xeito pioneiro en Galicia, primeiro en 1988 como Premio de Enfermería do Hospital Provincial derivando en 2006 nas primeiras xornadas, decanas a nivel galego, co obxectivo de difundir os numerosos traballos presentados, ademais de abordar os temas de actualidade na profesión. “Sen dúbida, un gran traballo de divulgación dunha profesión que é fundamental nas nosas vidas”, dixo Menor, sinalando que, “sen dúbida, Ourense s...
date_range 15/05/2025
carracedoweb.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 14 de maio de 2025.A Deputación de Ourense entregou hoxe o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que na súa trixésimo cuarta edición acordou conceder o galardón honorífico á traxectoria profesional á xornalista ourensá Fernanda Tabarés Domínguez, “como figura indispensable do xornalismo galego contemporáneo” e por visualizar o “papel fundamental das mulleres na comunicación”. O fallo outorgou o premio a mellor traballo xornalístico, dotado con 4.000 euros, ao xornalista ourensán Alfonso Cid, polo seu traballo sobre a historia das mulleres que axudaron a máis de 200 crianzas no Casco Vello. A reporteira Úrsula Lorenzo e o cámara Andrés Vilela, de Antena 3, recolleron o accésit de 1.000 euros por unha peza sobre as enfermeiras rurais.O presidente provincial, Luis Menor, desta...
date_range 14/05/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

Este xoves, 15 de maio, o Pleno da Corporación do Concello de Allariz reunirase en sesión extraordinaria ás 20:00h na Casa do Concello.ORDE DO DÍAPRIMEIRO..- Carácter ordinario da sesión: Aprobación ,se procede.SEGUNDO.- Modificación orzamentaria 1/2025: Aprobación inicial, se procede.TERCEIRO.- Relación de postos de traballo: Aprobación definitiva, se procede.CUARTO.- Contrato concesión auga: Aprobación continuidade, se procede.QUINTO.- Ratificación acordo de irmandamento Ponte de Lima e Allariz: Aprobación, se procede.SEXTO.- Dar conta do decreto liquidación 2024.SÉTIMO.- Dar conta de Decretos Alcaldía 1 a 140/2025.OITAVO.- Rogos e pregunta
date_range 14/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 27 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 15 de maio, no salón de plenos.Licenzas (6)• Proxecto de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa dos Mirtos• Proxecto de mellora da accesibilidade mediante a reforma dun portal e substitución de ascensor nun inmoble na Avenida da Habana• Solicitude de licenza de segregación para un predio na planta alta dun inmoble na rúa Arcediagos,• Proxecto de mellora da accesibilidade mediante a reforma dun portal e substitución do ascensor nun inmoble na rúa Faustino Míguez• Proxecto de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa José Antonio Moretón• Solicitude de innecesariedade de licenza de segregación respecto do trasteiro dunha vi...
date_range 13/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense inaugura hoxe, 14 de maio, ás 19.00 horas a exposición Vexo Cores, de Antonio Carrera Ramos, na Sala Valente, formada por máis de 50 obras de diferente tamaño (medio e gran formato) e estilos. A cor protagoniza as obras do artista, aínda que presenta tamén máis de dez plumas en branco e negro, estas en pequeno formato. A mostra reúne paisaxes urbanas, retratos, naturezas mortas, escenas cotiás. Antonio Carrera Ramos, logo dunha etapa docente no colexio Santa Teresa de Jesús, Carmelitas, comezou coa sú vea artística. Autor dos murais do colexio, plasma nos seus áleos e plumillas a sú paixón por Galicia e a sú cultura enchendo de cor cada recuncho e tradición da nosa terra. Destacan as sús paisaxes urbanas dos barrios da nosa cidade e provincia, asi como escenas profund...
date_range 13/05/2025
250513_residuos_auceira_web.jpg

Nova

Ámbito Carballiño, O

|

Tema Medio Ambiente

O Carballiño, 13 de maio de 2025.A Deputación de Ourense é beneficiaria dunha axuda económica de 540.550,93 € a través da Xunta de Galicia, cofinanciada polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea – Next Generation EU, para a posta en marcha de diversos proxectos destinados á implantación e mellora da recollida separada e o tratamento de biorresiduos na provincia. Precisamente, un dos lugares onde se implantará este sistema mediante é a urbanización da Uceira, no Carballiño, ao que hoxe acudiron os responsables das tres administracións implicadas: Luis Menor, presidente da Deputación; a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega. O presidente provincial, Luis Menor, lembrou que a de Ourense é a única deputación de Galicia b...
date_range 13/05/2025
raigameweb.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 13 de maio de 2025.Como cada 17 de maio, regresa a Romaría Etnográfica Raigame a Vilanova dos Infantes, acadando xa a súa edición número XXII, que nesta ocasión toma como tema central a poesía popular oral, sumándose á homenaxe que realiza a Real Academia Galega (RAG) adicándolle o Día das Letras Galegas á figura das cantareiras. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, destacou onte que esta celebración se converte, cada 17 de maio, “no punto de maior concentración de visitantes de Galicia” durante as celebracións das Letras Galegas. Durante a presentación da programación no Pazo Provincial, Fernández estivo acompañado polo alcalde de Celanova, Antonio Puga, e o responsable do Centro Cultural Xaquín Lorenzo, Xavier Álvarez.César Fernández puxo en valor a “...
date_range 13/05/2025
250513_xornadas_lousa_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 13 de maio de 2025.“Arquitectura, construción e lousa en Valdeorras: un diálogo cara o futuro de Ourense" é o título da xornada técnica que o Clúster da Lousa organizou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Á inauguración deste encontro cos empresarios do sector da lousa, da construción e persoal técnico dos colexios profesionais de Arquitectura e Arquitectura Técnica, asistiu o presidente provincial, Luis Menor.Menor agradeceu aos organizadores a súa escolla de Ourense, e concretamente do espazo cultural da Deputación, para albergar este evento xa que lembrou que “un dos nosos obxectivos como goberno provincial é achegar máis Valdeorras e o sector da Lousa á cidade e ao resto da provincia”. Neste senso, explicou que o sector e a institución provincial están a traballar na org...
date_range 13/05/2025
Cargando...

Cargando...