Buscar
inauguracion-da-mostra-da-escola-de-artes-e-oficios-1.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 19 de maio de 2026.A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense vén de inaugurar a exposición “134”, unha mostra con 101 obras de todas as disciplinas que amosan o traballo realizado polo alumnado ao longo deste curso para render homenaxe precisamente aos 134 de historia que ten a Escola.A Escola, impulsada pola Deputación no ano 1891, segue sendo berce de creatividade ourensá 134 anos despois. Neste sentido, o presidente provincial, Luis Menor, destacou na inauguración desta mostra que se trata dunha das “principais institucións formativas no ámbito cultural da nosa cidade con 275 alumnos e alumnas actualmente”.O seu constante crecemento, en canto á demanda do alumnado, “demostra que se trata dun centro de referencia e unha escola que ofrece unha gran calidade formativa”,...
date_range 19/05/2026
web_260520_convenio_abastos.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 19 de maio de 2026.A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia continúan avanzando na súa colaboración institucional para impulsar a mellora e modernización das prazas de abastos da provincia coa sinatura de dous convenios específicos cos concellos do Carballiño e Xinzo de Limia, que permitirán mobilizar investimentos por valor de máis de 1,6 millóns de euros.O acto de sinatura celebrouse esta mañá no Pazo Provincial coa participación do presidente provincial, Luis Menor; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o alcalde en funcións do Carballiño, José Castro; e o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz.Durante a súa intervención, Luis Menor destacou que estes convenios representan “un exemplo de colaboración institucional útil e eficaz”, permitindo avanzar...
date_range 19/05/2026
xurado_xxxv_premio_carracedo.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 19 de maio de 2026.O xornalista ourensán Francisco González Sarria é o gañador da distinción honorífica pola súa destacada traxectoria profesional na 35 edición do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que anualmente concede a Deputación de Ourense. Cunha dilatada carreira de máis de corenta anos no mundo da información, o xurado valorou de modo particular o seu estilo de comunicación da realidade “cun enfoque centrado en Ourense e co emprego da lingua galega como ferramenta comunicativa e nexo cultural”.Ademais da súa faceta como informador, o xurado tamén ten en conta o destacado labor de defensa activa e comprometida da profesión, exercendo durante oito anos como decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e na actualidade como vicedecano terceiro.Así, o xur...
date_range 19/05/2026
fachada_deputacion_1_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 18 de maio de 2026.A Deputación de Ourense vén de implantar unha estrutura de reforzo e coordinación coas entidades do terceiro sector da provincia para crear unha rede de atención urxente ás persoas migrantes, ante o proceso de regularización extraordinario aberto polo Goberno central.Un equipo de ata dez técnicos traballarán en horario ampliado polas tardes atendendo exclusivamente a persoas do colectivo migrante. A principal función desta estrutura será facilitar información, asesoramento, comprobación e dixitalización de todos os documentos de cada expediente, de xeito que as persoas migrantes poidan posteriormente acudir ás entidades colaboradoras do RECEX (Rexistro Electrónico de Estranxeiría) con todo o expediente preparado.A iniciativa xurdiu a finais do mes pasado tras un...
date_range 18/05/2026
web_viadaprata.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Turismo

Ourense, 18 de maio de 2026.A Deputación, a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), pon en marcha un ciclo de rutas de sendeirismo pola Vía da Prata entre Feces e Ourense, no marco do proxecto “Camiño Vertical”, unha iniciativa orientada á promoción do turismo sustentable e á posta en valor dos itinerarios culturais e naturais do territorio transfronteirizo galego-portugués.Esta acción encádrase no proxecto 0311_CAMINO_VERTICAL_1_E, cofinanciado polo Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 da Unión Europea, no que participa activamente o Inorde co obxectivo de potenciar os camiños históricos como recurso turístico, patrimonial e de dinamización económica para o rural.O programa permitirá aos participantes descubrir a riqueza paisaxística, cultu...
date_range 18/05/2026
img_7281.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Vilanova dos Infantes, 17 de maio de 2026.Vilanova dos Infantes volveu converterse hoxe no gran epicentro da cultura tradicional galega coa celebración da XXIII edición da Romaría Etnográfica Raigame, unha cita organizada pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, e o Concello de Celanova, coa colaboración da veciñanza da localidade.Miles de persoas participaron ao longo da xornada nunha celebración que, un ano máis, reivindicou a riqueza etnográfica, lingüística e cultural de Galicia a través da música tradicional, os oficios artesáns, a gastronomía, o patrimonio e a memoria colectiva.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, destacou durante o acto institucional que Raigame é “a romaría etnográfica máis importante e singular de toda Galicia...
date_range 17/05/2026
xvi.festival.de_.xardins.en_.allariz.06.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Allariz, 16 de maio de 2026.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración da XVI edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) que nesta ocasión se desenvolve baixo o lema “Liberdade” para que paisaxistas de todo o mundo proxecten a súa creatividade en espazos que convidan a romper barreiras e conectar coa natureza.Luis Menor puxo en valor o FIXA como un espazo no que a “natureza e a creatividade” dialogan convertendo a Allariz nun escaparate mundial do deseño paisaxístico e do respecto polo entorno. Un certame que mestura o talento internacional con propostas de proximidades, ofrecendo un itinerario que fará aos visitantes experimentar diferentes interpretacións creativas do concepto de liberdade.Ao fío disto, o presidente provincial d...
date_range 17/05/2026
v.festa_.do_.maior_.en_.castrelo.de_.mino_.04.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 16 de maio de 2026.A Deputación de Ourense, a través do seu presidente, Luis Menor, reivindica o papel esencial das persoas maiores como “alma do rural” en dous encontros de convivencia en Cualedro e Castrelo de MiñoO presidente provincial vén de participar na XIV Xuntanza dos Nosos Maiores de Cualedro e na V Festa do Maior de Castrelo de Miño, dous encontros que poñen en valor o papel fundamental das persoas maiores na vida social, cultural e humana da provincia. Ambos actos compartiron unha mensaxe común centrada no recoñecemento ás xeracións que contribuíron a construír os concellos e manter vivo o rural ourensán a través do esforzo, do traballo e dos valores transmitidos ao longo da vida.Luis Menor destacou que “un pobo que honra aos seus maiores é un pobo que se respecta a ...
date_range 16/05/2026
ii.feira_.de_.gando_.vacun_.e.cabalar.en-xunqueira.de_.espadanedo.01.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Xunqueira de Espadanedo, 16 de maio de 2026.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na segunda edición da Mostra de Gando Vacún e Equino de Xunqueira de Espadanedo, unha iniciativa promovida pola asociación agrogandeira A Espadana coa colaboración do Concello, da Xunta de Galicia e da institución provincial.Durante a visita á feira, Menor puxo en valor “o compromiso e o esforzo dos gandeiros e gandeiras que seguen apostando polo rural e por unha actividade fundamental para a economía e para a identidade da nosa provincia”.O presidente provincial destacou tamén a importancia de iniciativas como esta para “manter vivas as tradicións, recuperar a memoria das antigas feiras da comarca e transmitir ás novas xeracións o orgullo polo noso rural”.Luis Menor felicitou aos...
date_range 16/05/2026
web_260515_aepa.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 15 de maio de 2026.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial á nova presidenta da Asociación Empresarial de Profesionales e Autónomos de Ourense (AEPA), Ana Belén Fernández Valado, acompañada polo secretario da entidade, José Manuel Díaz Barreiros, nun encontro de traballo no que se abordaron os principais retos e necesidades do colectivo autónomo da provincia.Durante a reunión, Luis Menor felicitou á nova responsable da asociación pola súa recente elección e polo “intenso traballo desenvolvido nestes primeiros meses ao fronte da entidade”, destacando as iniciativas xa impulsadas en favor do sector autónomo.O presidente provincial puxo en valor o peso específico do emprego autónomo na provincia, que conta actualmente en Ourense con 22.167 p...
date_range 15/05/2026
Cargando...

Cargando...