Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Club Voleibol Ourense foi recibido polo alcalde de Ourense, Gonzalo P. JÁcome, e outros membros da corporación municipal logo de ter conseguido o título nacional de Primeira División Feminina. O equipo, dirixido por Pablo Pérez, conseguiu gañar os tres sets ao conxunto catalán no Polideportivo do Pompeo, o pasado mes de abril, e regresar á Superliga Feminina 2.
date_range 06/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O orzamento do Concello de Ourense dÁ¡ os seus Áºltimos pasos anteriores Á¡ presentaciÁ³n ao Pleno e xa se atopan en intervenciÁ³n na fase de fiscalizaciÁ³n. Este servizo ten como data lÁ­mite para emitir o seu informe, o 15 de maio. O Goberno, tras negociar cos grupos da oposiciÁ³n, ten intenciÁ³n de convocar unha sesiÁ³n extraordinaria do Pleno, o dÁ­a 23 de maio. De non aprobarse na sesiÁ³n plenaria, o alcalde PÁ­rez JÁ¡come, formularÁ¡ unha cuestiÁ³n de confianza para a forzar a sÁ­a aprobaciÁ³n. O proxecto de orzamento prevÁ© un incremento dun 10% en relaciÁ³n co de 2020 e no capÁ­tulo de gasto social incrementarase un 20%. No capÁ­tulo de ingresos, o Goberno Municipal conxela a totalidade dos impostos, IBI, vehÁ­culos etc. e practicamente a totalidade das taxas, coa excepciÁ³n da tar...
date_range 05/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Ante a proximidade do verán e coa finalidade de previr os incendios forestais, o Concello de Ourense lembroulles ás persoas titulares de terreos que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal nos termos que define a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF). O prazo establecido na propia lei para cumprir con esta obriga rematará o 31 de maio. No caso de que remate sen que a persoa responsable xestione a biomasa ou retire as especies arbóreas prohibidas, o Concello podería proceder á execución subsidiaria sen prexuízo da repercusión dos custos. As sancións por incumprir a Lei van até os 1.000 euros se a infracción é leve, ou até os 100.000 se é grave. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou un bando, que se pode consultar na páxina we...
date_range 04/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A AFA Manuel Sueiro e a Asociación Provivenda obtiveron os primeiros premios nas categorías de Maio Infantil e Maio Creativo.Os galardóns ás mellores coplas foron para Bernardo José Marques Rodríguez (persoas adultas) e para Asociación Grupo Scout ILEX 365 (infantil).O concurso de maios e coplas convocado polo Concello de Ourense pola Festa dos Maios 2025 xa ten gañadores. O xurado, logo de avaliar os 61 participantes, e escoitar as coplas, acordou conceder os seguintes premios:PREMIOS DO XURADO MAIOS 2025Maio artístico:Primeiro premio (1.000 €): “Fonte da Praza do ferro” (Asoc. Cultural Os Lolailos)Segundo (800 €): “A Pulpeira” (Oscar López González)Terceiro (600 €): “A Matanza” ( AVV. San Martiño Sobral)Maio enxebre:Primeiro (700 €): “Andán Primeiro” (Asoc.Recreativa e Cultural Andán Pri...
date_range 03/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Esta mañá entrou en funcionamento a nova frecuencia da liña número 5 do servizo municipal de autobuses urbanos de Ourense: Outariz - Reza – Ceboliño. Como anunciara o alcalde, Gonzalo Jaimcome, o día 23 abril, o Concello asigna a esta ruta 3 vehículos, en vez de 2, coa finalidade de mellorar o servizo a nivel de frecuencias e de ruta. Así, desde hoxe circula un vehículo cada 30 minutos os días laborais, e dase un mellor servizo ás persoas usuarias das termas de Outariz, do barrio de Vistafermosa e do Couto, entre outros. No caso deste barrio, o Concello introduce unha nova parada nesta ruta, na rúa Francisco de Moure. Toda a información en: Liña 5 do servizo de autobuses urbanos.
date_range 01/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense mellorará a masa vexetal do Xardín do Posío coa plantación de máis de 50 novas unidades de árbores e de 5.000 plantas. Este é un dos obxectivos do proxecto de rehabilitación integral que está a executar o Concello na actualidade para poñer en valor este espazo emblámatico da cidade, cun orzamento de case 2,6 millóns de euros. Xunto a plantación destas novas unidades, está previsto tamén eliminar 8 exemplares arbóreos, ben por seren improcedentes ou ben porque se atopan en mal estado. Así, detalla o goberno municipal que “...
date_range 30/04/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

As manifestacións convocadas polos sindicatos CIG e CC OO pola celebración do Primeiro de Maio obrigarán a pechar ao tráfico mañá, xoves, 1 de maio, desde aproximadamente as 11.20 horas, as rías Pardo de Cela, desde a glorieta da bola do mundo, e Progreso, ata a Praza de Abastos número 1, desviando o tráfico pola rúa Doutor Fleming. As rías afectadas reabriranse á circulación de vehículos cando rematen as manifestacións. A convocada pola CIG sairá ás 11.30 horas da Praza Maior e percorrerá as rías Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Xaquín Lorenzo Xocas, Parque San Lázaro, Santo Domingo, Rúa da Paz e Rúa das Tendas, para rematar na Praza Maior. A convocada por CC OO sairá ás 12.00 horas do Pavillón dos Remedios e avanzará por Progreso, Cruz Vermella e Paseo para rematar fronte á Subdel...
date_range 29/04/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse este mediodía no salón de plenos na súa sesión ordinaria desta semana, na que aprobou 10 acordos. Patrimonio (1). Desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial porque o Concello non é a administración competente para resolvela. As actuacións remitiranse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo. Persoal e Recursos Humanos (1) Aprobar a modificación, na relación de postos de traballo do Concello, de 2 postos de unidades administrativas dependentes da Área de goberno de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo, concretamente as de técnico asesor de abastos e a de director de VVPP e Peris de Cascos Históricos. O expediente someterase a información pública durante un prazo non inferior a 20 días. Xestión eco...
date_range 29/04/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, felicitou esta mañá á Unión Deportiva Ourense pola súa excelente temporada 2024/2025, na que se proclamou campión da liga de fútbol de Terceira Federación e obtivo o ascenso á categoría de Segunda Federación.O alcalde, acompañado polo presidente do Consello Municipal de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu no salón de plenos o presidente, Fernando Currás, o adestrador, Borja Fernández, a directiva e os xogadores do equipo ourensán, nun acto ao que acudiron representantes de todos os grupos políticos con representación no Concello (DO, PP, PSdeG-PSOE e BNG).O alcalde expresou a súa felicitación ao equipo ourensán por esta exitosa temporada: “grazas polo que conseguistes, que esperamos que se consolide e vaia a máis. Realmente é un gran logro e un org...
date_range 29/04/2025
Cargando...

Cargando...