Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

As Festas de Ourense 2025 continuarán hoxe, venres, 20 de xuño, cunha das citas musicais máis agardadas: o concerto de Nil Moliner, ás 23.00 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios. A música continuará neste espazo desde as 0.45 h cunha sesión de DJ que se prolongará ata as 3.00 da madrugada.A programación festiva do venres complétase coas citas diarias da Feira do Libro de Ourense, no Parque de San Lázaro; o mercado medieval, nos exteriores do Pavillón dos Remedios; as atraccións festivas, na zona do Parque Barbaña; e a xincana de inchables, no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina).Tamén hoxe, venres, comezará o Torneo de Futbolín Máster de Ourense, exprés na modalidade de tenteo, ás 20.00 h, no anexo do Pavillón.Cortes de tráficoA programación de actividades das Festas de ...
date_range 19/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A programación de actividades das Festas de Ourense ocasionará cortes de tráfico hoxe, venres, en varias rúas da cidade:• Polas orquestras e concertos, a rúa Rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), até o luns, 23 de xuño.• Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 19.00 h.• Máis información sobre os cortes de tráfico das Festas en: Tráfico Festas 2025
date_range 19/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía nunha sesión extraordinaria o proxecto de Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2025, formado polos orzamentos do propio concello e do seu organismo autónomo, o Consello Municipal de Deportes; as bases de execución e os anexos de persoal, por un importe total de 116.342.988,82 euros. O acordo remitiráselle á Comisión de Pleno para que, de conformidade co previsto no Regulamento Orgánico do Concello, se inicie un prazo de 10 días naturais para a presentación de emendas.
date_range 18/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Praza das Mercedes acolleu o Festival de Emprego Xuvenil: SomosGOU Fest, organizado por Cruz Vermella coa colaboración do Concello no marco das Festas de Ourense 2025. A actividade tiña como obxectivos fomentar a promoción económica e o emprendemento xuvenil, ao tempo que darlle visibilidade a mozos e mozas que emprenderon proxectos empresariais en Ourense. A concelleira de Educación, Tamara Silva, visitou a actividade, que congregou un numeroso público xuvenil durante toda a mañá.
date_range 18/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A programación de actividades das Festas de Ourense 2025 ocasionará cortes de tráfico hoxe, xoves, 19 de xuño, en varias rúas da cidade: Polas orquestras e concertos, a rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), até o luns, 23 de xuño. Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 19.00 h. Toda a información sobre os cortes de tráfico das Festas en: As Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico desde o martes na rúa Pardo de Cela e na contorna do Parque Barbana.
date_range 18/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

As Festas de Ourense 2025 viven hoxe, xoves, 19 de xuño, a súa segunda xornada cunha programación formada pola actuación de Gramola DJs (Ballesteros, Pablo Marques e Diego Mirán), de 23.00 h a 03.00 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios, xunto coas citas diarias da Feira do Libro de Ourense, no Parque de San Lázaro, o mercado medieval nos exteriores do Pavillón dos Remedios, as atraccións festivas, na zona do Parque Barbana, e a xincana de inchables, no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina). PROGRAMA DAS FESTAS DE OURENSE - XOVES 19 DE XUÑO 11.00 a 14.00 e 18.00 a 21.30 h. Parque San Lázaro. Feira do libro de Ourense. Programa da feira: Feira do libro Ademais, durante a feira, realizaranse actividades relacionadas coa reciclaxe: teatro, obradoiros, contacontos, maxia, reci...
date_range 18/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase maña, xoves, 19 de xuño, na súa sesión ordinaria desta semana, con 30 asuntos na orde do día. Entre eles, destacan dúas solicitudes de licenzas de obra: para a construción dun edificio para a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no campus de Ourense, cun orzamento de 6,7 millóns de euros, e para a reforma do Colexio Maristas, cun orzamento de 2,8 millóns de euros.
date_range 17/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O servizo de autobuses urbanos do Concello de Ourense activa desde hoxe a liña número 23: Xardín do Posío – Oira, para facilitar o desprazamento ás piscinas e a zona recreativa durante o verán. A liña funcionará ata o día 31 de agosto. Ten saídas desde as 15.00 ata as 21.40 horas, cada 40 minutos, desde O Posío e realiza paradas na Alameda, Progreso, Parque de San Lázaro, Curros Enríquez, Ponte Nova, Viaducto, Peliquín e Alfredo Brañas. As viaxes de volta son desde as 15.20 ata as 22.00 h, con paradas en Peliquín, viaducto, Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, Xoán XXIII e Alameda. Tren das Termas. A liña 19: Tren Turístico das Termas de Outariz suspenderase o sábado, 21, e o domingo, 22 de xuño, debido aos cortes de tráfico previstos na rúa Pardo de Cela e a Ponte Romana para desenvolve...
date_range 17/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A programación de actividades das Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico o mércores, 18, en varias rías da cidade:• Polas orquestras e concertos, a rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), até o luns, 23 de xuño.• Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 19.00 h.• Polo espectáculo de drons, momentos antes das 23.00 h, pecharanse ao tráfico a Ponte do Milenio, a rotonda do acceso centro coa Nacional 120, desviando os vehículos pola rúa Castro Canseco; e a Nacional 120, á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, desviando o tráfico por D...
date_range 17/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Durante a feira do libro que se celebra desde este mércoles 18 de xuño no Parque de San Lázaro e que forma parte do programa das festas de Ourense vanse a celebrar varias actividades relacionadas coa reciclaxe. Teatro, obradoiros, contacontos, maxia, recital poético, xogos e moito máis.Descarga o PDF para coñezar os horarios de cada actividade.É unha acción conxunta de Feiras do Libro de Galicia, Ecourense e o Concello de Ourense.
date_range 16/06/2025
Cargando...

Cargando...