Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A concelleira de Educación, Tamara Silva, entregou onte o premio do Certame Infantil de Debuxo da Postal do Nadal 2025, que este ano elixiu o traballo de Olivier García Sierralta, alumno de Primaria do CPR Padre Feijóo. A postal gañadora será a felicitación oficial do Concello de Ourense este Nadal. Nesta edición, dirixida a alumnado de 6º de Educación Primaria, participaron 174 escolares de 12 centros educativos da cidade. O gañador foi premiado cun lote de libros, mentres que a súa aula recibiu unha cesta de material didáctico. O xurado estivo composto pola artista plástica Cristina Roo, Eva Torres (directora de espazos expositivos) e Sara Dacal (coordinadora de programas educativos do Concello).
date_range 10/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobará na súa sesión ordinaria desta semana o expediente para contratar as obras do proxecto de rehabilitación da pasarela do Vao, cun orzamento de licitación de 768.345,70 euros, IVE engadido. Na mesma sesión, que se desenvolverá mañá, xoves, 11 de decembro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, prevén tamén dar o visto e prace ao expediente para contratar as obras do proxecto de mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia, cun orzamento de licitación de 852.821,00 €. Ademais destes dous expedientes, a Xunta de Goberno Local de mañá tratará tamén outros 21 asuntos. Licenzas: Resolver as solicitudes de licenzas para a demolición dun inmoble na rúa Canella Cega; a rehabilitación e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Out...
date_range 09/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organizou un encontro interxeracional, en colaboración coa Residencia da terceira idade Las Salinas. Escolares do colexio Manuel Sueiro e as persoas usuarias deste centro conviviron ao longo da mañá facendo actividade física, manualidades, postais de Nadal, e cantando vilancicos, entre outras actividades, coas que maiores e rapazada gozaron dunha xornada moi especial.
date_range 09/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense incorpora 5 novos axentes ao corpo da Policía Local.O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu a toma de posesión dos novos axentes, que chegan ao Concello a través dun concurso de mobilidade, tras deixar os seus anteriores destinos.A incorporación por mobilidade cumpre coa Lei 4/2007 do 20 de abril, que establece que, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas na Policía Local deben cubrirse por este procedemento.Estas 5 prazas, cubertas por axentes xa en activo, forman parte da Oferta de Emprego Público do Concello, que ascende a un total de 20 prazas para o corpo da Policía Local.
date_range 02/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O colexio Irmáns Villar acollerá o sábado, 13 de decembro, un mercado solidario, que recadará fondos de apoio á Asociación ourensá de esclerose múltiple, parkinson e enfermidades raras, Aodemper. O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación desta iniciativa, nun acto no que participaron a concelleira de Educación, Tamara Silva; a concelleira de Mobilidade, Ana Fernández, o vicepresidente, Fernando Rodríguez, e a vogal da asociación, Sonia Cuquejo; o coordinador da actividade, Joaquín González e as colaboradoras Rina Dayana Rolong, presidenta da asociación de colombianos en Ourense, e a artesá Mariana Betancourt. Co lema “O meu corpo pode fallar, pero a miña persoa non”, o mercado estará aberto ao público de 10.30 a 18.00 horas, con 25 postos de venda de diferentes produto...
date_range 02/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, e a concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiron no salón de plenos a 64 estudantes de 1º de Bacharelato do colexio Carmelitas. Os alumnos participaron nunha actividade de 'Cidadanía Activa', trasladándolle ao goberno municipal as súas suxestións para mellorar a cidade.No acto, dúas alumnas deron lectura a dúas das propostas. A primeira, en materia de orientación formativa e laboral, propón que o Concello organice charlas e actividades para que o alumnado dos centros educativos da cidade coñeza as diferentes propostas de estudos universitarios e de Formación Profesional que poden cursar, así como as tendencias do mercado laboral. A segunda, de ámbito deportivo, demanda unha mellora das instalacións destinadas á práctica do p...
date_range 02/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ourense organiza un ano máis a tradicional Campaña de Nadal de Recollida de alimentos e xoguetes, que chega á súa edición número 30. O salón de plenos foi escenario da presentación desta iniciativa solidaria, nun acto no que participaron o coordinador, Juan Carlos González e integrantes da agrupación de voluntarios, xunto co tenente de alcalde, Aníbal Pereira, a concelleira Ana Fernández e representantes das entidades que participan. A campaña estará en marcha ata o día 9 de xaneiro e as persoas interesadas poden realizar as súas achegas nos numerosos puntos de recollida establecidos (en supermercados, colexios, institutos, centro comercial, farmacias, Pavillón, ximnasios e equipos deportivos, entre outras localizacións) ou cha...
date_range 01/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A cidade de Ourense sitúase na vangarda da cociña con 3 restaurantes galardoados coa estrela da prestixiosa Guía Michelin para o ano 2026. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e representantes dos grupos políticos municipais de DO, PP e PSdeG-PSOE recibiron no salón de plenos os responsables dos restaurantes Nova, Ceibe e Miguel González, que obtiveron este recoñecemento polo súa excepcional cociña. Por primeira vez, a cidade conta con 3 establecementos nesta prestixiosa lista, que pon en valor o potencial da restauración local. O alcalde subliñou a importancia deste recoñecemento: "é un orgullo ter unha representación tan alta. Que na cidade haxa 3 restaurantes agraciados é unha anomalía estatística, xa que hai moi poucas cidades en España que teña esa honra". Este éxito "reforza a...
date_range 01/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Ourense volverá despedir o ano cunha carreira popular, que percorrerá as rúas do centro da cidade o morcores, 31 de decembro pola tarde. O Consello Municipal de Deportes e o Club Ourense Atletismo, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, organizan a décima edición da Carreira Popular San Silvestre Ourensá, que esta maña se presentou no salón de plenos. No acto participaron o presidente do Consello Municipal de Deportes, Anbal Pereira, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, o presidente do Club Ourense Atletismo, Óscar Seoane, o deputado provincial Jorge Pumar e o coordinador de deporte escolar do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Carlos Bericat. A carreira terá 3 categorías: Absoluta (16.30 h); Sub10, Sub12 e Sub14 (16.15 h), e Pitufos (16.00 h), con saídas desde ...
date_range 01/12/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense pon á venda desde hoxe as entradas para o espectáculo de Papá Noel no Auditorio Municipal, que terá lugar o martes, 23 de decembro, en 3 sesións (17.00 h, 18.15 h e 19.30 h). Os pases pódense adquirir a través da páxina web de Ataquilla, a partir de 4 euros. Todas as persoas asistentes deberán adquirir entrada independentemente da súa idade. Papá Noel encontrarase cos nenos e coas nenas de Ourense nun espectáculo único, creado e dirixido por Pablo Méndez, cun elenco formado por 15 artistas e técnicos, iluminación espectacular e efectos especiais que converterán a tarde do 23 de decembro nun momento máxico para o público asistente.
date_range 30/11/2025
Cargando...

Cargando...