Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 27 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 15 de maio, no salón de plenos.Licenzas (6)• Proxecto de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa dos Mirtos• Proxecto de mellora da accesibilidade mediante a reforma dun portal e substitución de ascensor nun inmoble na Avenida da Habana• Solicitude de licenza de segregación para un predio na planta alta dun inmoble na rúa Arcediagos,• Proxecto de mellora da accesibilidade mediante a reforma dun portal e substitución do ascensor nun inmoble na rúa Faustino Míguez• Proxecto de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa José Antonio Moretón• Solicitude de innecesariedade de licenza de segregación respecto do trasteiro dunha vi...
date_range 13/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense inaugura hoxe, 14 de maio, ás 19.00 horas a exposición Vexo Cores, de Antonio Carrera Ramos, na Sala Valente, formada por máis de 50 obras de diferente tamaño (medio e gran formato) e estilos. A cor protagoniza as obras do artista, aínda que presenta tamén máis de dez plumas en branco e negro, estas en pequeno formato. A mostra reúne paisaxes urbanas, retratos, naturezas mortas, escenas cotiás. Antonio Carrera Ramos, logo dunha etapa docente no colexio Santa Teresa de Jesús, Carmelitas, comezou coa sú vea artística. Autor dos murais do colexio, plasma nos seus áleos e plumillas a sú paixón por Galicia e a sú cultura enchendo de cor cada recuncho e tradición da nosa terra. Destacan as sús paisaxes urbanas dos barrios da nosa cidade e provincia, asi como escenas profund...
date_range 13/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Máis de 350 escolares participaron esta maña na segunda xornada musical 'Danza na Praza', unha actividade organizada por un grupo de formación de profesorado de música de Infantil e Primaria de diferentes centros educativos, coa colaboración do Concello de Ourense e do Centro de Formación e Recursos de Ourense. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu a esta iniciativa, na que alumnado de 12 centros (6 de Ourense, 2 de Verín, e 1 do Barco, Barbadás, Amoeiro e Chantada) realizou danzas tradicionais na Praza Maior cunha parte cantada, aproveitando que este ano lles dedican as Letras Galegas ás cantareiras e á cultura popular, e participaron nun obradoiro de danza.
date_range 12/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O goberno municipal do Concello de Ourense proporá modificar os cadros de traballo do servizo municipal de Bombeiros para mellorar a eficiencia do servizo. Así o acordou esta mañá nunha xuntanza técnica convocada polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ignacio González con responsables do servizo e corpos xurídicos. Actualmente, os cadros de traballo no servizo de bombeiros son de 1/3, é dicir: traballan 1 día (24 horas consecutivas) e descansan 3 (72 horas). O goberno municipal entende que para o funcionamento do servizo resultaría máis eficiente establecer quendas de traballo máis curtas: “O mellor para o corpo de bombeiros e para o servizo cidadán sería establecer quendas de 12 horas de traballo ou de 8. Porén, se as quendas son curtas, ...
date_range 11/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Esta mañá, o alcalde, membros da corporación e veciños da zona inauguraron a esperada obra relativa ao Proxecto de Humanización e Mobilidade Vertical na contorna da Praza das Mercedes e da rúa Arturo Pérez Serantes, un paso significativo na transformación do centro urbano da cidade.O ámbito de actuación deste proxecto sitúase na rúa Arturo Pérez Serantes, unha arteria central de Ourense, e abrangue desde a Praza das Mercedes polo sur ata a rúa San Francisco polo norte. Anteriormente, este espazo estaba principalmente destinado ao estacionamento de vehículos, relegando a un segundo plano a zona urbanizada con árbores e mobiliario urbano pensada para os peóns.A obra, que contou cun orzamento de licitación de 2.087.855,00 €, intégrase no ambicioso plan Ourense Vertical e sámase ás actuacións ...
date_range 08/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O vindeiro mércores 14 de maio, a Xunta de Galicia, conxuntamente coa Subdelegación do Goberno, e coa colaboración do Concello de Ourense, realizará un “SIMULACRO DE INCENDIO FORESTAL”, tendo como finalidade a mellora dos procedementos e a coordinación entre os distintos grupos operativos que interveñen na extinción (intervención, loxística, seguridade, sanitarios), e das medidas a adoptar de cara a poboación no caso de ocorrer un lume destas características. Núcleo que se vai ver afectado polo simulacro: Naves e Canibelos. Día: 14 de maio de 2025. Hora do simulacro: dende as 11:00 ata as...
date_range 08/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A celebración das festas do barrio da Follateira requirirá pechar ao tráfico as seguintes rás coas modificacións das liñas de autobuses que se especifican a continuación: Venres 9 de maio: Na avda. Otero Pedrayo permanecerá cortado o tramo que vai desde a glorieta da rúa Villamil e Castro ata a glorieta da rúa Iglesias Alvariño a partir das 21:00 h. Percorrido alternativo para as liñas 9 Curuxeiras - Mende e C17 Rabo de Galo–Mende en sentido Mende discorrerá pola rúa Villamil e Castro–cam. Seara- rúa Canella da Costa da Vela e rúa de Torres. A avda. Bos Aires permanecerá cortada no tramo que vai desde a rúa Iglesias Alvariño e a rúa Silveira a partir das 19:00 h. Percorrido alternativo para a liña 5 Reza – Ceboliño discorrerá en ambos os dous sentidos pola avda. Otero Pedrayo e rúa Iglesia...
date_range 08/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse este mediodía no salón de plenos na súa sesión ordinaria desta semana, na que aprobaron 25 asuntos distribuídos nas seguintes áreas: Avogacía Consistorial, Dar conta de 9 sentenzas, 1 no Tribunal Superior da Xunta de Galicia; 1 Xulgado contencioso-administrativo nº 2 de Ourense; 1 Xulgado do Social nº 2 de Ourense; 4 Xulgado do contencioso-administrativo nº 1; 1 Sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense e 1 do Xulgado do Penal e foi emprazado para comparecer en calidade de demandado en 6 procedementos. Servizo de Licenzas urbanísticas de actividade, apertura e disciplina, Expediente de disciplina urbanística 2024054105. Mal estado dos inmobles sitos na rúa Tras Estadio. Servizo de Planeamento, xestión urbanística e patrimoni...
date_range 07/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. JÁcome, recibiu esta mañá a Antonio Martínez, Julio Doáñoro e Manolo Doáñoro, representantes da Fundación Bemposta. O motivo da visita foi o de mostrar o seu agradecemento pola iniciativa do alcalde de adicar unha escultura ao Circo da Cidade dos Muchachos. Os representantes da Fundación aproveitaron a ocasión para achegar ideas sobre as posibles localizacións e entregarlle ao rexedor material gráfico para contribuír co deseño da escultura.
date_range 07/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Club Voleibol Ourense foi recibido polo alcalde de Ourense, Gonzalo P. JÁcome, e outros membros da corporación municipal logo de ter conseguido o título nacional de Primeira División Feminina. O equipo, dirixido por Pablo Pérez, conseguiu gañar os tres sets ao conxunto catalán no Polideportivo do Pompeo, o pasado mes de abril, e regresar así á Superliga Feminina 2.
date_range 06/05/2025
Cargando...

Cargando...