O colexio Irmáns Villar acollerá o sábado, 13 de decembro, un mercado solidario, que recadará fondos de apoio á Asociación ourensá de esclerose múltiple, parkinson e enfermidades raras, Aodemper. O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación desta iniciativa, nun acto no que participaron a concelleira de Educación, Tamara Silva; a concelleira de Mobilidade, Ana Fernández, o vicepresidente, Fernando Rodríguez, e a vogal da asociación, Sonia Cuquejo; o coordinador da actividade, Joaquín González e as colaboradoras Rina Dayana Rolong, presidenta da asociación de colombianos en Ourense, e a artesá Mariana Betancourt. Co lema “O meu corpo pode fallar, pero a miña persoa non”, o mercado estará aberto ao público de 10.30 a 18.00 horas, con 25 postos de venda de diferentes produto...