Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Alcalde, acompañado polo concelleiro de Urbanismo, inaugurou esta mañá as novas instalacións de lecer e deporte na zona da Praza Taboada Chivite, un proxecto que supón a revitalización integral dun espazo urbano que se atopaba en estado de abandono. Coa apertura deste novo recinto, o Goberno municipal dá cumprimento a unha reivindicación histórica da asociación de veciños do barrio no pasado sen chegar a materializarse. "Era unha obra moi demandada que se lle prometeu solución moito veces, pero que aínda non se puido executar. Hoxe vemos o resultado: unha zona totalmente abandonada reconverteuse nun espazo vital para o barrio, combinando un parque infantil e unha pista deportiva", destacou o Alcalde durante a súa visita. A zona infantil, destinada a nenos de entre 3 e 12 anos, foi equipa...
date_range 14/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense desconvoca o pleno extraordinario que estaba previsto para o vindeiro luns 18 de maio e convoca comisión de pleno para o martes 19 de maio ás 08:30
date_range 13/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense convocar Pleno Extraordinario para o vindeiro luns 18 de maio ás 9:30 da mañá para debatir e votar os orzamentos de 2026.
date_range 12/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A partir de mañá, martes 12 de maio, o autobús urbano non poderá completar o seu percorrido habitual en Cudeiro debido á instalación dunha ou dúas grúas de grandes dimensións por parte da Xunta de Galicia nunha obra allea ao Concello. A ocupación total da calzada impide fisicamente o xiro e o tránsito do transporte público, afectando directamente á veciñanza da zona. Ante esta situación sobrevida, o Alcalde activou un dispositivo de emerxencia e deu instrucións urxentes ao departamento de Transporte para testar rutas alternativas e minimizar as molestias, como pode ser completar a viaxe cun microbús. O obxectivo é claro: que os veciños e veciñas non paguen as consecuencias dunha falta de previsión logística nunha obra que non depende do Concello de Ourense. O Concello seguirá traballando p...
date_range 10/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos. Licenzas (7). Concedeu a licenza de obra para o proxecto de rehabilitación integral, para a mellora enerxética, dun edificio de vivendas na rúa do Mercado. Tamén autorizou a división dun piso no edificio Torre de Ourense e estimou dúas solicitudes de declaración de innecesariedade para a división de parcelas na rúa Alejandro Pedrosa e no Cumial. Por outra banda, declarou a caducidade dunha licenza de obras, e denegou a autorización para o proxecto de adaptación dun baixo para uso residencial na rúa Doutor Peña Rey e a solicitude para legalizar a instalación dun silo de pellet na rúa Ponte Codesal. Patrimonio (1). Deu conta da des...
date_range 06/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, participou esta mañá na apertura de OurenSEC 2026, o encontro de referencia en ciberseguridade que se desenvolve no Campus de Ourense. A xornada, que nesta sexta edición leva por título "Ciberseguridade e Dereito", ten lugar na Aula Magna da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo. Durante o acto inaugural, o rexedor estivo acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos (na imaxe, ambos xunto ao experto en ciberseguridade Fernando Mairata). O programa desta mañá inclúe relatorios de gran interese sobre a fiscalía e a ciberdelincuencia, as brechas de datos dixitais ou a importancia da evidencia dixital. Para tratar estes temas, o evento conta coa participación de expertos da Axencia Española de Pro...
date_range 06/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Ministerio Fiscal presentou un escrito de impugnación no que se opón formalmente ás acusacións de falsidade e malversación que foran efectuadas pola acusación particular no marco das Dilixencias Previas 674/2025 que se estenden a tramitar no Tribunal de Instancia de Ourense. A Fiscalía, de feito, xa arquivara unha denuncia similar contra Gonzalo Pérez Jácome en 2025. O alcalde cualificou esta tarde de "incrible" que, "transcorrido o tempo legal e tras anunciar eu hoxe que a Fiscalía non acusara, agora filtren á prensa que si presentarían o escrito, aínda fóra de prazo, de prevaricación contra min". Pérez Jácome lembra que o propio Ministerio Fiscal arquivara a mesma causa en 2025 e asegura que, en realidade, "non é algo preocupante porque non hai base e quedaríase en nada", pero pon de m...
date_range 05/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 7 de maio ás 13.00 horas no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, que inclúe 27 asuntos na súa orde do día. Licenzas (7). Resolver as solicitudes de licenzas de obra para os proxectos de rehabilitación integral dun edificio de vivendas na rúa do Mercado e de adaptación dun baixo para uso residencial na rúa Doutor Peña Rey. Tamén analizará a segregación dun piso no edificio Torre de Ourense (rúa Curros Enríquez) e a declaración de innecesariedade de licenza para segregar parcelas en Alejandro Pedrosa e no Cumial. Finalmente, darán conta da caducidade dunha licenza de obra e dunha solicitude para legalizar a instalación dun silo na rúa Ponte Codesal. Patrimonio (1). Darán conta da desistenc...
date_range 05/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A celebración da III edición da Carreira Solidaria Ruta 091, organizada pola Policía Nacional, ocasionará restriccións e cortes de tráfico no centro da cidade o domingo, 10 de maio, pola mañá.A Policía Local de Ourense despregará un dispositivo especial para garantir a seguridade dos e das participantes durante as dúas probas previstas: a de persoas adultas, que comezará ás 10.30 horas, e a infantil/inclusiva, ás 11.30 horas.Cortes e restriccións de tráficoÁs 08.30 horas: Corte de tráfico na Glorieta da Policía Nacional en dirección á avenida de Otero Pedrayo para instalar a saída e a meta. O tráfico procedente da Ponte Nova cara ao centro da cidade desviarase pola rúa de Curros Enríquez. O procedente de Curros Enríquez en sentido de saída da cidade desviarase no cruzamento coa rúa de Cels...
date_range 05/05/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración das festas da Follateira ocasionarán cortes e restriccións de tráfico en varios tramos da avenida de Bos Aires e da avenida Otero Pedrayo, desde o xoves 7 ata o domingo 10 de maio.Xoves 7 de maio: A partir das 11.00 h haberá restricción parcial de tráfico na avenida de Bos Aires (desde a ría Silveira ata a ría Iglesias Alvariño) para a montaxe das atraccións festivas. Permitirase o paso exclusivo a autobuses, emerxencias e residentes.Venres 8 de maio: Corte da avenida de Bos Aires (tramo ría Silveira - ría Iglesias Alvariño) desde as 19.00 h ata as 01.00 h. Ademais, na avenida Otero Pedrayo pecharase ías 18.00 h o treit...
date_range 04/05/2026
Cargando...

Cargando...