Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar
realbandaweb.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 18 de decembro de 2025.A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ofrecerá o vindeiro 27 de decembro, ás 18.30 horas, o seu tradicional concerto de Nadal no Santuario da Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior do Val, en Verín, nunha cita moi especial que coincide co 40º aniversario da Escola Provincial de Gaitas e da propia Real Banda.A presentación deste evento cultural correu a cargo do deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; o bispo de Ourense, Leonerdo Lemos; o reitor do Santuario da Virxe dos Remedios de Vilamaior do Val, Óscar Martínez Caamaño; e o director da Real Banda de Gaitas da Deputación.Rosendo Fernández salientou a traxectoria da Real afirmando que é unha gran “embaixadora de Ourense” que leva o nome da provincia por todo o mundo e poñendo e...
date_range 18/12/2025
251218_convenio_sergas_web.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 18 de decembro de 2025.A Deputación de Ourense e o Servizo Galego de Saúde veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá o acceso bonificado ao 100 % aos programas de fitness que se desenvolven no Pazo dos Deportes Paco Paz para distintos colectivos terapéuticos adscritos ao Sergas.O acordo foi subscrito polo presidente provincial, Luis Menor, e polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nun acto no que se puxo en valor “a cooperación institucional como ferramenta clave para mellorar a calidade de vida das persoas”.Deste xeito, Menor destacou que “este convenio é un exemplo claro de como os recursos públicos poden sumar para mellorar a saúde das persoas, eliminando barreiras económicas e apostando por un modelo de atención máis integral”.Pola súa banda, o con...
date_range 18/12/2025
251217_reaou_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 17 de decembro de 2025.A Deputación Provincial de Ourense celebrou este martes a reunión de seguimento da Rede Provincial de Auditorios e Espazos Culturais (REAOU), un programa consolidado que se vén desenvolvendo desde o ano 2017 co obxectivo de vertebrar e dinamizar a oferta cultural en toda a provincia mediante a cooperación cos concellos.Durante o encontro, celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel e liderado polo deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, e polo director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, realizouse unha análise e valoración das actuacións desenvolvidas ao longo do ano 2025, así como da programación coordinada de actividades a nivel provincial, e abordouse a posibilidade de prorrogar o programa de cooperación para o vindeiro exercicio.P...
date_range 17/12/2025
weblobios.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou o Concello de Lobios para supervisar, xunto a súa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, algunhas das actuacións realizadas no municipio en colaboración coa Deputación de Ourense, que investirá máis de dous millóns de euros ao longo do mandato 2023-2027 neste territorio a través do Plan CooperOU.Na visita destacaron os traballos realizados no campo de fútbol do Paraño onde a institución provincial investiu 358.202 euros para a instalación de céspede artificial “dando resposta a unha vella demanda do municipio que conta cun equipo de fútbol con fondo arraigo no pobo”, salientou Luis Menor. Un investimento que se suma aos 48.000 euros que xa se destinaran anteriormente para a reforma das gradas deste campo de fútbol.Neste sentido, a alca...
date_range 17/12/2025
251216_cachamuina_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 16 de decembro de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, supervisou hoxe as mellora executadas no parque infantil de Cachamuíña, área recreativa no Concello de Pereiro de Aguiar xestionada pola institución provincial. Menor puxo en valor o carácter “inclusivo” das reformadas instalacións, xa que se incorporaron elementos adaptados a nenos con necesidades especiais. “Melloramos seguridade e fomentamos a inclusión social nun área recreativa de referencia, moi demandada pola veciñanza da cidade e da súa contorna”, resaltou o presidente provincial.As obras, que contaron cun investimento próximo a 43.000 euros, supuxeron a instalación dun columpio de integración para cadeiras de rodas, dotado de sistemas de peche e elementos de impulsión autónoma. Ademais, conta cun co...
date_range 16/12/2025
web-proxencto-de-turismo-policentrico-sostible.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Turismo

Ourense, 16 de decembro de 2025.A Deputación de Ourense e o Eixo Atlántico organizaron un encontro para presentar un novo modelo turístico. Baixo o título “O turismo sostible policéntrico”, a xornada celebrouse no Campus de Ourense coordinada por Montserrat Cruz da Universidade de Vigo. O xefe de negociado da Sección de Planificación, Patrimonio e Programas de Cooperación, Francisco Javier Feijoo, participou neste encontro que marcou o lanzamento público dunha innovadora proposta turística, xurdida no seo do Eixo Atlántico e desenvolta desde Ourense. A iniciativa propón un modelo alternativo ao turismo de masas, baseado na identidade do territorio e no respecto activo polo seu patrimonio, a súa paisaxe e os seus habitantes. Cabe destacar a importancia do turismo como un sector clave para ...
date_range 16/12/2025
sicted-web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Turismo

Quintela de Leirado, 15 de decembro de 2025.A Deputación de Ourense, a través do Inorde, fixo entrega hoxe dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos correspondentes ao Xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”, incorporándose 9 novos servizos turísticos ao SICTED.No acto participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez; o xefe da área de Turismo da Xunta en Ourense, Cecilio Santalices; e a xerente do Inorde, Emma González.O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega destes diplomas, no Museo da Emigración de Quintela, onde puxo en valor o papel do turismo como “ferramenta clave” para afrontar o reto demográfico e xerar novas oportunidades no rural, apostando por unha...
date_range 15/12/2025
web-foto-visita-plan-lectura.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 15 de decembro de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe a libraría Eixo, unha das adheridas ao Plan Provincial de Lectura, onde puxo en valor o éxito desta iniciativa destacando que todas as librarías que participaban canxearon bonos, logrando así un dos obxectivos que “nos marcamos con esta campaña: dinamizar o comercio local e apoiar as librarías ourensás a nivel provincial”.Actualmente foron xerados 18.479 bonos dos cales canxeáronse 14.895, polo que foron facturados un total de 261.861 euros nas librarías da provincia adheridas ao plan. Tendo en conta os datos demóstrase que esta iniciativa, levada a cabo en colaboración co Concello de Ourense, logrou “todos os obxectivos: apoiar a cultura, fomentar a lectura entre a mocidade e dinamizar o comerc...
date_range 15/12/2025
251215_xg_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 15 de decembro de 2025.A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de preto de 136.000 euros en axudas destinadas a cooperación cos concellos.Na sesion celebrada esta mañá aprobouse unha subvención de 25.000 euros ao Concello de Esgos para a compra dun solar na Praza Maior, así como unha achega de case 60.000 euros a Pereiro de Aguiar para a execución dun proxecto de melloras no campo de fútbol da Carabina.Na orde do día tamén figuraba unha partida de 12.000 euros para o Concello de Rubiá, con destino á pavimentación no núcleo de Castelo. Boborás disporá de 30.000 euros para un proxecto de canalización soterrada e distribución de enerxía eléctrica na poboación de Brués e, por ultimo, aprobouse unha axuda de case 9.000 euros para acondicionamento de caminos...
date_range 15/12/2025
mnor.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ao partido de fútbol Maside-Nogueira de Ramuín (encontro da liga 1ª Galicia Futgal), onde puxo en valor as recentes obras do campo Outeiro Grande, cunha instalación de céspede artificial e unha iluminación renovada, grazas ao investimento de 250.000 euros.Menor asegurou que o céspede, xunto a reforma de vestiarios, “vai marcar un antes e un despois” para o que no seu momento foi un dos primeiros campos da provincia en ser de herba artificial, o de Maside.A Deputación ten unha liña de actuación estratéxica para a mellora de campos de fútbol municipais en toda a provincia, así como en xeral un firme e decidido compromiso coa modernización de todo tipo de instalacións deportivas.Así, ten un plan de investimentos que supera os 3,6 M€, procurand...
date_range 14/12/2025
Cargando...

Cargando...