Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar
sicted-web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Turismo

Quintela de Leirado, 15 de decembro de 2025.A Deputación de Ourense, a través do Inorde, fixo entrega hoxe dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos correspondentes ao Xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”, incorporándose 9 novos servizos turísticos ao SICTED.No acto participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez; o xefe da área de Turismo da Xunta en Ourense, Cecilio Santalices; e a xerente do Inorde, Emma González.O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega destes diplomas, no Museo da Emigración de Quintela, onde puxo en valor o papel do turismo como “ferramenta clave” para afrontar o reto demográfico e xerar novas oportunidades no rural, apostando por unha...
date_range 15/12/2025
web-foto-visita-plan-lectura.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 15 de decembro de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe a libraría Eixo, unha das adheridas ao Plan Provincial de Lectura, onde puxo en valor o éxito desta iniciativa destacando que todas as librarías que participaban canxearon bonos, logrando así un dos obxectivos que “nos marcamos con esta campaña: dinamizar o comercio local e apoiar as librarías ourensás a nivel provincial”.Actualmente foron xerados 18.479 bonos dos cales canxeáronse 14.895, polo que foron facturados un total de 261.861 euros nas librarías da provincia adheridas ao plan. Tendo en conta os datos demóstrase que esta iniciativa, levada a cabo en colaboración co Concello de Ourense, logrou “todos os obxectivos: apoiar a cultura, fomentar a lectura entre a mocidade e dinamizar o comerc...
date_range 15/12/2025
251215_xg_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 15 de decembro de 2025.A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de preto de 136.000 euros en axudas destinadas a cooperación cos concellos.Na sesion celebrada esta mañá aprobouse unha subvención de 25.000 euros ao Concello de Esgos para a compra dun solar na Praza Maior, así como unha achega de case 60.000 euros a Pereiro de Aguiar para a execución dun proxecto de melloras no campo de fútbol da Carabina.Na orde do día tamén figuraba unha partida de 12.000 euros para o Concello de Rubiá, con destino á pavimentación no núcleo de Castelo. Boborás disporá de 30.000 euros para un proxecto de canalización soterrada e distribución de enerxía eléctrica na poboación de Brués e, por ultimo, aprobouse unha axuda de case 9.000 euros para acondicionamento de caminos...
date_range 15/12/2025
mnor.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ao partido de fútbol Maside-Nogueira de Ramuín (encontro da liga 1ª Galicia Futgal), onde puxo en valor as recentes obras do campo Outeiro Grande, cunha instalación de céspede artificial e unha iluminación renovada, grazas ao investimento de 250.000 euros.Menor asegurou que o céspede, xunto a reforma de vestiarios, “vai marcar un antes e un despois” para o que no seu momento foi un dos primeiros campos da provincia en ser de herba artificial, o de Maside.A Deputación ten unha liña de actuación estratéxica para a mellora de campos de fútbol municipais en toda a provincia, así como en xeral un firme e decidido compromiso coa modernización de todo tipo de instalacións deportivas.Así, ten un plan de investimentos que supera os 3,6 M€, procurand...
date_range 14/12/2025
insua-3.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración da Fonte e o Camiño do Guieiro, na Insua dos Poetas, no entorno natural de A Esgueva (Madarnás, Carballiño). Menor agradeceu o labor da Fundación Insua dos Poetas, presidida por Luis González Tosar, e comprometeu o apoio institucional “á cultura en maiúsculas”, a través de actos coma o de hoxe, que pon o peche ao Ano Castelao.“Castelao deixou en Ourense un legado inesquecible, cultural, político e social”, sinalou Menor durante o evento cultural, no que tamén se inaugurou un conxunto escultórico elaborado polo artista Antón Pulido.O presidente provincial tamén se referiu á emigración como “sinal de identidade” de Ourense e que, co acto de inauguración da Esgueva, queda “perpetuado” a través da arte. Deste xe...
date_range 13/12/2025
15-anos-sen-valcarcel-1-2_0.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O Centro Cultural Marcos Valcárcel, dependente da Deputación de Ourense, homenaxeou ao historiador e xornalista ourensán que lle dá nome a este espazo cultural de referencia na cidade e na provincia. “Quince anos sen Marcos Valcárcel” foi o título da xornada de lembranza entre amigos e xente da cultura que tivo relación con este intelectual, cando se cumpren tres lustros do seu falecemento.O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou no acto no que varias persoas que tiveron relación con Valcárcel leron textos dedicados ao historiador ourensán, a maioría deles poesías.O acto traduciuse nunha breve lembranza persoal dende a amizade, con intervencións de autores como Afonso Vázquez Monxardín ou Xosé Lois Carrión. Ademais, tamén houbo representación da familia do ...
date_range 12/12/2025
luiswebceo.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Gala das Empresas da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), un encontro de referencia para o tecido produtivo provincial que, nesta edición, adquiriu un significado especial ao render homenaxe á que fora a súa presidenta, Marisol Nóvoa, falecida o pasado mes de agosto.Na súa intervención, Luis Menor destacou que esta non era unha gala máis, “senón unha celebración marcada polo agradecemento e polo recordo dunha muller referente do empresariado ourensán e pioneira no liderado asociativo”. Sinalou que Marisol Nóvoa “soubo exercer unha presidencia baseada no diálogo, na conciliación e na defensa firme de Ourense”, cualidades que -afirmou- deixan “un legado vivo e inspirador”.O presidente puxo en valor a traxectoria de ...
date_range 12/12/2025
web-visita-ao-concello-de-lobeira.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 12 de decembro de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou o Concello de Lobeira, onde supervisou varias obras e servizos que contan coa axuda da institución provincial. O alcalde do municipio, Antonio Iglesias, acompañou a Menor durante este encontro de traballo, que se enmarca nas visitas a concellos do presidente provincial para supervisar actuacións feitas grazas a cooperación institucional. Cara o remate do mandato, a Deputación de Ourense destinará máis de un millón de euros para diferentes proxectos que melloran a vida da veciñanza.“Comprobamos en Lobeira que é un concello exemplo de eficiencia enerxética, humanización e aposta pola mellora da calidade de vida dos veciños”, valorou Menor trala visita. O presidente provincial destacou o traballo do re...
date_range 12/12/2025
img_2039.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe o concello de Bande para supervisar diversas obras e servizos nos que colabora a institución provincial, a través do fondos do plan CooperOU e doutras axudas, visita na que estivo acompañado pola alcaldesa,Sandra Quintas, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.Menor coñeceu de primeira man a nova cuberta da pista de pádel, ao carón do pavillón municipal, na que a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia investiron 120.000 euros, nun claro exemplo de “cooperación institucional como factor clave para a execución deste proxecto”.O presidente provincial tamén puxo en valor esta nova infraestrutura por tratarse dunha demanda da veciñanza, pero ademais “polo retorno social e deportivo tan importante que vai ter”.Ademais, p...
date_range 11/12/2025
webpai.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente da Deputación de Ourense mantivo hoxe un encontro de traballo cos representantes dos nove municipios da comarca de Valdeorras (O Barco, A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras) para avanzar na implementación do Plan de Actuación Integrado (PAI) “Polos Camiños do Sil”, unha iniciativa estratéxica que mobilizará máis de sete milllóns de euros (7.275.253 euros, dos que 4.365.152 euros proceden de fondos europeos).Menor destacou o PAI Valdeorras como un plan “moi ambicioso” que “mellorará moito á comarca”. Ademais, sinalou a intención de incrementar os fondos previstos no plan ata os 10 millóns de euros.O presidente provincial definiu o encontro como “moi produtivo e satisfeito”, subliñando o obxectivo de que os concellos “...
date_range 10/12/2025
Cargando...

Cargando...