Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar
webraigame.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na 22ª edición de Raigame, a romaría etnográfica que poñen en marcha a Deputación a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo; o Concello de Celanova e a propia veciñanza de Vilanova dos Infantes, a quen Menor felicitou, “pois a meirande parte do éxito desta festa é grazas a vós”.Na súa intervención, Luis Menor reivindicou a Raigame como “a mellor celebración do Día das Letras Galegas e da cultura galega de toda Galicia”. “Ourense é cultura, tradición e galego”, engadiu Menor, que defendeu o “orgullo ourensán e galego” que imprime Raigame.Luis Menor tamén lembrou que “a nosa cultura non choca con ninguén e o noso idioma fainos un pobo aberto”.Tamén animou o presidente provincial aos asistentes a desfrutar da xornada, cun protago...
date_range 17/05/2025
inauguracion.expo_.tributo.a.ananin.10-copia.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 16 de maio de 2025.O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu hoxe a inauguración da exposición colectiva “Tributo ao legado do poeta Eduardo González Ananín”. Un total de 60 artistas, referentes na plástica en Galicia, fan a súa particular homenaxe ao poeta de Tibiás (Pereiro de Aguiar), ao que o presidente provincial, Luis Menor, tildou durante a presentación de “verdadeiro referente cultural da provincia que nunca esqueceu as súas raíces, un dos bos e xenerosos ”.Luis Menor reivindicou o fomento da cultura como “eixo estratéxico” da Deputación de Ourense, a través de exposicións coma esta que “van máis alá dunha alternativa de ocio, xa que deixan pegada no visitante”.Pintores e escultores como Paco Leiro, Menchu Lamas, Quintana Martelo, Pamen Pereira son algúns dos nomes que of...
date_range 16/05/2025
fachadas_web_0.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Turismo

Ourense, 16 de maio de 2025.O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publicou o 7 de maio de 2025 as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a construción de ecoaloxamentos e a súa convocatoria, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGeneration EU, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.A subvención conta cun orzamento de 212.000 euros pertencente á actuación 1.3 “Ecoaloxamento en Concellos con potencial termal ou con centros históricos, dentro do Eixo 1 “Transición verde e sostible” do PSTD. O obxecto da subvención é a construción ou instalación de ecoaloxamentos en municipios con oferta reducida ou inexistente de infraestrutura...
date_range 16/05/2025
logos-deputacion-fondo-azul_0.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Administración Pública

En Galicia, os xulgados de paz son un instrumento de xustiza que, cun marcadocarácter tradicional e moi propio da nosa comunidade, demostraron ao longo dahistoria a súa utilidade e eficacia na resolución de conflitos.Actualmente, os xulgados de paz están presentes na meirande parte dosconcellos da provincia e abarcando practicamente todo o territorio de Galicia,converténdose, ao mesmo tempo, nun modelo de xustiza moi propio da nosaComunidade Autónoma, imprescindible pola súa proximidade e dando servizo atodos os veciños e veciñas, xa que están integrados nos concellos. Os xulgadosde paz contan con persoal que coñece os municipios e teñen unha actuaciónbaseada sobre todo na mediación.Os xulgados de paz constitúen a maior estrutura xudicial e son competentes nosámbitos civil, penal e do rexi...
date_range 16/05/2025
250515_xornadasenfermeria_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 15 de maio de 2025.O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ás XIV Xornadas de Enfermería, organizadas pola Dirección de Enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, que recupera este ano as súas “Xornadas de Enfermería”, marco de difusión da actividade científica e investigadora deste colectivo. Menor subliñou que esta iniciativa xurdiu de xeito pioneiro en Galicia, primeiro en 1988 como Premio de Enfermería do Hospital Provincial derivando en 2006 nas primeiras xornadas, decanas a nivel galego, co obxectivo de difundir os numerosos traballos presentados, ademais de abordar os temas de actualidade na profesión. “Sen dúbida, un gran traballo de divulgación dunha profesión que é fundamental nas nosas vidas”, dixo Menor, sinalando que, “sen dúbida, Ourense s...
date_range 15/05/2025
carracedoweb.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 14 de maio de 2025.A Deputación de Ourense entregou hoxe o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que na súa trixésimo cuarta edición acordou conceder o galardón honorífico á traxectoria profesional á xornalista ourensá Fernanda Tabarés Domínguez, “como figura indispensable do xornalismo galego contemporáneo” e por visualizar o “papel fundamental das mulleres na comunicación”. O fallo outorgou o premio a mellor traballo xornalístico, dotado con 4.000 euros, ao xornalista ourensán Alfonso Cid, polo seu traballo sobre a historia das mulleres que axudaron a máis de 200 crianzas no Casco Vello. A reporteira Úrsula Lorenzo e o cámara Andrés Vilela, de Antena 3, recolleron o accésit de 1.000 euros por unha peza sobre as enfermeiras rurais.O presidente provincial, Luis Menor, desta...
date_range 14/05/2025
raigameweb.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 13 de maio de 2025.Como cada 17 de maio, regresa a Romaría Etnográfica Raigame a Vilanova dos Infantes, acadando xa a súa edición número XXII, que nesta ocasión toma como tema central a poesía popular oral, sumándose á homenaxe que realiza a Real Academia Galega (RAG) adicándolle o Día das Letras Galegas á figura das cantareiras. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, destacou onte que esta celebración se converte, cada 17 de maio, “no punto de maior concentración de visitantes de Galicia” durante as celebracións das Letras Galegas. Durante a presentación da programación no Pazo Provincial, Fernández estivo acompañado polo alcalde de Celanova, Antonio Puga, e o responsable do Centro Cultural Xaquín Lorenzo, Xavier Álvarez.César Fernández puxo en valor a “...
date_range 13/05/2025
250513_xornadas_lousa_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 13 de maio de 2025.“Arquitectura, construción e lousa en Valdeorras: un diálogo cara o futuro de Ourense" é o título da xornada técnica que o Clúster da Lousa organizou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Á inauguración deste encontro cos empresarios do sector da lousa, da construción e persoal técnico dos colexios profesionais de Arquitectura e Arquitectura Técnica, asistiu o presidente provincial, Luis Menor.Menor agradeceu aos organizadores a súa escolla de Ourense, e concretamente do espazo cultural da Deputación, para albergar este evento xa que lembrou que “un dos nosos obxectivos como goberno provincial é achegar máis Valdeorras e o sector da Lousa á cidade e ao resto da provincia”. Neste senso, explicou que o sector e a institución provincial están a traballar na org...
date_range 13/05/2025
webteatro.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O Teatro Principal de Ourense acollerá este venres, 16 de maio, ás 20.00 horas, a representación da obra “Manuela Rey is in da house”, de Teatro do Noroeste – Centro Dramático Galego. O deputado de Cultura, César Fernández, participou hoxe na presentación do espectáculo. Estivo acompañado por Francisco Javier Núñez Alonso, director do Centro Dramático Galego e Olga Mojón, directora do teatro.“Manuela Rey é a historia esquecida do teatro galego e portugués”, sinalan dende a compañía, que buscan coa representación da obra recuperar a memoria desta actriz e escritora.As entradas están a venda na web do Teatro Principal de Ourense, así como en Ataquilla.com e no propio despacho de billetes do teatro.
date_range 13/05/2025
whatsapp-image-2025-05-13-at-12.25.54.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O asesor de Política Deportiva, Diego Enrique Álvarez, participou esta mañá na presentación da Chandrexa Trail.Este evento de fomento deportivo é un dos máis consolidados na provincia e celebrararase o próximo 18 de maio.
date_range 13/05/2025
Cargando...

Cargando...