Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar
mostra-fernando-eiriz-no-pazo-provincial.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de xuño, 2025A Deputación de Ourense acolle unha nova exposición artística no corredor do segundo andar, co traballo máis recente e nunca visto ata agora do ourensán Fernando Eiriz, escollido desta volta para mostrar a súa obra no Pazo Provincial, na que supón a súa primeira exposición individual titulada “Renacer ou Revivir”.Fernando Eiríz (Ourense, 1982) é un deses artistas autodidactas que leva toda a súa vida rodeado de beleza e creatividade. Formado en restauración e ebanistería, a empresa familiar (enmarcado, restauración e montaxe de exposicións) foi a escola mellor que podía atopar.Cun intervalo de tempo en Madrid, o retorno a Ourense é o seu renacer creador, nunha busca intencionada da simplicidade, posiblemente o máis difícil nun artista. Admirador recoñecido do gran ...
date_range 20/06/2025
ourense-musical-2-web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de xuño de 2025.A Deputación de Ourense, a través da área de Cultura e co apoio da academia La Casa de la Música, organiza o evento “Ourense musical. Vive os sons de Ourense”, que se celebrará o próximo venres 27 de xuño, a partir das 19,00 horas, con entrada gratuíta nos arredores do centro comercial Ponte Vella. Marcos Vázquez, director da área de Cultura da Deputación, presentou hoxe a programación, acompañado por Fernando Calvo, de La Casa de la Música e Marcos Vila, xerente do centro comercial Ponte Vella, un dos colaboradores do evento.“Ourense musical. Vive os sons de Ourense” constitúe unha oportunidade para que os nosos mozos e mozas compartan música e fomenten a cultura, dándolles visibilidade, tal e como explican dende a área de Cultura.Marcos Vázquez destacou durant...
date_range 20/06/2025
recepcion-alcalde-esgos.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 20 de xuño de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao novo alcalde de Esgos, José Antonio Blanco, que tomou posesión no cargo este mes de xuño. A reunión serviu para abordar liñas de actuación e cooperación en materia de obras, deporte e servizos sociais.Menor destacou a aportación de 1,1 millóns de euros prevista no actual mandato para o concello de Esgos, cantidade que permitirá financiar melloras clave en vías municipais, a reforma do campo de fútbol de Rocas ou as axudas para rehabilitación de vivenda destinada a aluguer social.“Felicitamos e apoiamos a aposta do Goberno local polo aluguer social, tendo en conta a demanda intensa de vivenda e as posibilidades de que a poboación non só se asente, senón que aumente”, apuntou o presid...
date_range 20/06/2025
foto-parque-acuatico-monterrei-web.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 19 de xuño de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na visita previa á posta en marcha do Parque Acuático de Monterrei, que abrirá as súas portas mañá para todos os públicos. No percorrido participaron tamén o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; o director xeral para o Deporte da Xunta, Xosé Ramón Lete; o delegado da Xunta, Manuel Pardo; e o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez. Os técnicos explicaron o contido das catro fases do proxecto, das que a primeira foi a realizada e inaugurada o ano pasado coas áreas de baño e tobogáns. A terceira (tobogáns de alta adrenalina) e a cuarta (zona multiaventura) acaban de ser adxudicadas e executaranse nos vindeiros meses (que contarán coa financiación de 3,6 millóns por parte d...
date_range 19/06/2025
lamina_axudas-copia.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 19 de xuño de 2025.O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a convocatoria para a consesión de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro que atenden a proxectos de carácter social, prazo que permanecerá aberto ata o 18 de xullo. Esta convocatoria conta cun orzamento de 350.000 euros, un 15% máis que no ano anterior. As solicitudes deberán presentarse a través da nova plataforma electrónica que dende este ano facilitará as relacións administrativas entre a Deputación de Ourense e o terceiro sector. A dirección da plataforma é https://soleell.depourense.esTras rematar o prazo de presentación, levarase a cabo a comprobación dos requisitos que deben cumprir as entidades de iniciativa social e realizarase a valoración das solicitudes conforme aos criterios recolli...
date_range 19/06/2025
250618_feiralibro_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Outras

Ourense, 18 de xuño de 2025.A Deputación de Ourense participa na Feira do Libro cunha caseta informativa na o que o público poderá consultar moitas das publicacións da institución provincial e explicarase, a quen se achegue a este espazo, como se pode acceder á web de publicacións da institución provincial e como comprar por ela. Durante a feira poderanse adquirir os libros da Deputación, co desconto da feira, en calquera das librerías que participan no evento.A Deputación vén de editar unha nova obra dentro do seu Plan de Publicacións: “La arquitectura del Renacimiento en Ourense”, de Yolanda Barriocanal López, que é profesora na área de Historia da Arte na Facultade de Historia, Universidade de Vigo, Campus de Ourense, onde desde 1990 desenvolve o seu labor docente e investigador. A auto...
date_range 18/06/2025
ciberataques1.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Outras

Ourense, 18 de xuño de 2025.Os concellos ourensáns disporán dun servizo gratuíto para garantir a seguridade das súas instalacións e documentos dixitais grazas á adhesión da Deputación de Ourense ao Centro de Operacións de Ciberseguridade para as Entidades Locais (COCS_EELL).O director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Marcos Valiño, xunto cos responsables da empresa adxudicataria do programa, explicaron aos representantes municipais, nun encontro de traballo celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a necesidade do proxecto, o seu alcance e obxectivos que se pretenden alcanzar.Nun mundo cada vez máis dixital, destacou Marcos Valiño, a Deputación de Ourense foi quen de captar os recursos e financiación necesarios para proporcionar todo tipo de servicios de ciberseguridade aos ...
date_range 18/06/2025
250617_recepcion_clubourenseatletismo_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 17 de xuño de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no salón de plenos do Pazo Provincial á directiva, corpo técnico e deportistas do Club Ourense Atletismo, despois do seu meritorio ascenso á Primeira División Nacional Feminina.Luis Menor destacou que “os que vos damos as grazas somos nós, e por suposto imos a seguir comprometidos co voso clube, e co atletismo. A esixencia agora na primeira división vai ser maior para vós, pero tamén para nós e vos vamos a acompañar ao longo deste proceso”.O presidente provincial rematou o encontro felicitando e agradecendo ao clube “polo que conseguistes e por facernos esta especial visita”, e as animou a “que sigades levando o nome de Ourense por toda España, ensinando que aquí tamén hai vida, que aquí tamén hai deport...
date_range 17/06/2025
250617_estreasarabela_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 17 de xuño de 2025.O Teatro Principal albergará os vindeiros días 18, 19 e 20 de xuño da estrea nacional de “O grande incendio”, escrita polo multipremiado dramaturgo alemán Roland Schimmelpfenning e coproducida por Sarabela Teatro e a compañía de Coímbra A Escola da Noite.Na presentación desta obra participaron o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández; o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a directora da obra, Ánxeles Cuña; o productor da mesma, Eduardo Pinto; e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.Precisamente, César Fernández destacou esta coproducción como “un exemplo máis da importancia da cooperación, tanto institucional como de pobos irmáns” e lembrou que “a Deputación segue nesta liña, de seguir apostando...
date_range 17/06/2025
250616_xg_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 16 de xuño de 2025.A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar un total de 75.000 euros en axudas a diferentes entidades culturais, sociais e empresariais da provincia. Así, Cáritas Diocesa na de Ourense recibirá 30.000 euros para o seu programa de axudas á alimentación. O Consello Regulador da Ribeira Sacra obterá 15.000 euros para a adquisición de equipos informáticos e de oficina. Para traballos de excavacións, Aquae Querquennae Vía Nova obterá 20.000 euros. Por último, a Asociación Grupo Folclórico “Solpor” obterá 5.000 euros para a compra de instrumentos musicais, mentras que a Asociación Cultural Luarada percibirá 5.000 euros para o “Festival Internacional de Comedia – Festival RIR de Allariz”.Na Xunta de Goberno tamén foi aprobado o protocolo que subscribiron...
date_range 16/06/2025
Cargando...

Cargando...