Allariz acolle a vindeira fin de semana a XXIX Feira de Outono, 8 e 9 de novembro unha cita consolidada no calendario outonal. O evento celebrarase o sábado e o domingo, de 10:30 a 20:00 horas, e ofrecerá ao público cociña en vivo, degustacións, venda de produtos locais e de tempada, obradoiros infantís e saídas micolóxicas, combinando tradición, natureza e innovación gastronómica.A feira aposta polos produtos de tempada –castañas, mel, hortalizas e repostería artesanal–, poñendo en valor o traballo das persoas produtoras e artesáns da comarca e de varios lugares da península. Na parte gastronómica, destacan as demostracións culinarias: o sábado ás 12:00 h, Alex Cabanas presentará “Cociña de Outono”, mentres que o domingo á mesma hora, será a quenda de Daniel Pozo, ambos elaborando receita...