Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz lanza a primeira edición do Concurso de Escaparates ‘Allariz, Escaparate do Nadal’, unha iniciativa creada para complementar a decoración de nadal municipal —consolidada desde hai anos— e para animar ao comercio local a participar activamente na creación da atmosfera festiva de Allariz.O Concello destaca que moitos establecementos xa decoran de forma excepcional os seus escaparates cada Nadal, polo que este concurso busca poñer en valor ese traballo previo e incentivar a creatividade e a participación de todos os negocios. Co concurso ‘Allariz, Escaparate do Nadal’ preténdese destacar o talento e o compromiso do comercio local, enchendo as rúas de creatividade e espírito festivo. Esta iniciativa compleméntase coas decoracións de Nadal impulsadas ...
date_range 19/11/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz informa que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de Termalismo do Imserso 2026. Este programa ofrece ás persoas maiores a oportunidade de acceder a tratamentos termais en balnearios a prezos reducidos.Prazos de solicitude:Para a quenda de febreiro a agosto: ata o día 4 de decembro de 2025.Para a quenda de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2026.As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a tramitación no Servizo de Servizos Sociais Comunitarios, situado no Fogar dos Maiores (A Barreira, 3). Tamén poden contactar telefonicamente no número 988 55 40 59.Non perdas esta oportunidade de coidar a tú saúde e benestar participando no programa de termalismo.
date_range 07/11/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

Allariz acolle a vindeira fin de semana a XXIX Feira de Outono, 8 e 9 de novembro unha cita consolidada no calendario outonal. O evento celebrarase o sábado e o domingo, de 10:30 a 20:00 horas, e ofrecerá ao público cociña en vivo, degustacións, venda de produtos locais e de tempada, obradoiros infantís e saídas micolóxicas, combinando tradición, natureza e innovación gastronómica.A feira aposta polos produtos de tempada –castañas, mel, hortalizas e repostería artesanal–, poñendo en valor o traballo das persoas produtoras e artesáns da comarca e de varios lugares da península. Na parte gastronómica, destacan as demostracións culinarias: o sábado ás 12:00 h, Alex Cabanas presentará “Cociña de Outono”, mentres que o domingo á mesma hora, será a quenda de Daniel Pozo, ambos elaborando receita...
date_range 31/10/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz presentou hoxe un novo Punto Limpo Móvil, un vehículo 100% eléctrico, que busca mellorar a xestión de residuos e promover a economía circular. A alcaldesa, Cristina Cid, e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, destacaron o compromiso do municipio coa sostibilidade e o coidado do medio ambiente.O proxecto, “Adquisición dun vehículo eléctrico con punto limpo móvil do Concello de Allariz”, foi financiado a través dunha convocatoria da Xunta de Galicia, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e cofinanciado polos Fondos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, promovendo a transición ecolóxica e a modernización dos servizos públicos locais.O vehículo está adaptado para:- Transporte e recollida de residuos,...
date_range 28/10/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

Allariz de Medo 2025 chega do 31 de outubro ao 2 de novembro, convertendo as rúas da localidade nun escenario cheo de misterio, diversión e actividades para todas as persoas. Durante estes días, a programación inclúe teatro de rúa, actividades familiares, música e un audiovisual que mergullará a audiencia no mundo dos defuntos e das ánimas.Esta mañá, a edición 2025 do evento foi presentada por María López, concelleira de Promoción Económica, e Eva Sampedro, técnica de Promoción Económica.Percorrido e ambientaciónsDende a tarde do 31 de outubro ata o domingo 2 de novembro, as rúas de Allariz converteranse nun escenario máxico e misterioso grazas a un percorrido con diferentes escenas nas que ánimas, esqueletos e druidas farán que, durante tres días, o mundo dos mortos conviva co dos vivos.A...
date_range 16/10/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz continúa co impulso da compostaxe doméstica e comunitaria como parte do seu compromiso cun modelo de xestión sostible dos residuos e co avance cara á economía circular. O pasado sábado comezaron as xornadas abertas á veciñanza no Mercado da Reserva, nas que se explicou o funcionamento da Rede de Compostaxe de Allariz, os beneficios ambientais desta práctica e o proceso de participación no programa municipal. Durante esta primeira xornada, representantes municipais que se achegaron a xornada, agardaban seguir medrando no reparto de composteiros. Ademais, entregouse material informativo e parte do equipamento necesario para iniciar a compostaxe nos fogares. Nesta sesión inicial, recolléronse un total de 50 caldeiros e 10 composteiros novos por parte das persoas particip...
date_range 13/10/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

A Área de Mocidade do Concello de Allariz lanza o programa “Mocidade Outono 2025”, unha nova edición chea de actividades pensadas para a rapazada de 13 a 33 anos, abertas tamén ao público de todas as idades.O obxectivo é fomentar a creatividade, a participación xuvenil e o uso do galego a través da música, o xogo e o contacto coa natureza.“Queremos que a mocidade de Allariz teña espazos para crear, expresarse e convivir, sempre coa nosa lingua e identidade como base”, sinalan desde a Concellería de Mocidade, Iago Santís.Nesta edición destacan dúas novidades principais:As aulas de música moderna dentro dun grupo musical, nas que as persoas participantes poderán aprender batería, baixo, guitarra, teclado e voz mentres forman parte dunha banda.Os obradoiros de rol en galego, unha proposta de ...
date_range 09/10/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz continua a avanzar no seu compromiso co medio ambiente e coa prevención de incendios forestais a través do Programa de Valorización da Biomasa e dos Residuos Orgánicos, unha iniciativa que aposta pola economía circular e pola xestión sostible das áreas de compostar e da biomasa vexetal do concello. O proxecto, que conta co apoio dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, ten como obxectivo incrementar a transformación da materia orgánica en compost e xestionar de forma eficiente a biomasa procedente de restos de poda, rozas e limpeza de zonas verdes, promovendo unha xestión máis sostible dos recursos naturais. Esta mañá, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, participaron na recepción dos...
date_range 09/10/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

A Asociación Española de Paisajismo (AEP), entidade que forma parte do xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz –encargado de seleccionar cada ano os proxectos participantes–, organiza este venres 3 de outubro en Allariz unha xornada profesional baixo o título “Imaginación en flor: o arte do xardín efémero”. A AEP, ademais, é a responsable de decidir a través das votaciáns dos seus socios a parcela gañadora do Premio Técnico en cada edición do festival, un recoñecemento á calidade e innovación dos deseños presentados.Un programa para coñecer a creatividade do xardín efémeroO encontro desenvolverase ao longo do venres 3 de outubro no Salón de Actos do Fogar do Maior de Allariz, cun programa que combina relatorios, mesas redondas e experiencias prácticas arredor do xardín eféme...
date_range 01/10/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

A Alcaldía informa que se celebrará unha sesión de pleno ordinario o venres 26 de setembro de 2025 ás 13:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.A orde do día incluirá os seguintes puntos:1. Borrador da acta do Pleno de 3 de xullo de 2025. - Trámites: Aprobación, se procede.2. Ratificación do decreto sobre días festivos locais para o ano 2026. - Trámites: Aprobación, se procede.3. Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do productor en materia de pilas e acumuladores. - Trámites: Aprobación, se procede.4. Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (...
date_range 25/09/2025
Cargando...

Cargando...