Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

A Área de Benestar Social do Concello de Allariz, a través do Departamento de Familia, pon en marcha unha nova edición das Xornadas para Familias baixo o lema “CON-VIVENCIA(S): Acompañando na crianza”. Este ciclo de actividades, que se desenvolverá entre o 25 de abril e o 15 de maio, ten como obxectivo promover espazos de encontro, reflexión, aprendizaxe e desfrute compartido arredor da crianza, o coidado emocional e a corresponsabilidade no fogar. A concelleira de Benestar Social, Tania Álvarez Ayón, sinala que “é fundamental crear espazos públicos nos que as familias se sintan acompañadas e con ferramentas para afrontar os retos da crianza. Estas xornadas son unha mostra do compromiso de Allariz cunha sociedade máis coidada, ética e corresponsable.” A inauguración terá lugar o venres 25 ...
date_range 22/04/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz, a través da Área de Benestar Social, vén de anunciar a apertura do prazo para solicitar o servizo complementario de conciliación da Aula de Espera, dirixido a familias con nenos e nenas escolarizados no CEIP Padre Feijoo durante o curso 2025-2026. Este servizo público ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo atención e coidado fóra do horario escolar habitual. Poderán beneficiarse as familias con nenos e nenas desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria. A Aula de Espera distingue entre usuarios habituais, que fan uso do servizo de forma continuada, e non habituais, que o empregan de maneira puntual e xustificada. Entre os requisitos destaca que tanto o menor como algún proxenitor estean empadroados en Allariz e que se x...
date_range 19/04/2025
250411_allarizdebuxado_web.jpg

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Cultura e Deportes

Allariz, 11 de abril de 2025.A Deputación de Ourense colabora co Allariz Debuxado, o Festival da Arte da Ilustración. A sexta edición deste certame, que terá lugar na vila de Allariz hoxe e mañá, contará con cinco convidados de renome: o autor leonés Javi de Castro; a autora balear Anabel Colazo; a editora de Ediciones la Cúpula, Natalia Mosquera; o tatuador e ilustrador ourensán Anxo Varela e a ilustradora coruñesa Lucía Gómez “Michopocho”. No acto inaugural participou o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández.Allariz Debuxado comeza hoxe na sala de exposicións A Fábrica cunha sesión de coloquios, dirixidos tanto a profesionais como a afeccionados, nos que se tratarán diversos aspectos do traballo artístico e da industria da ilustración.A xornada dde mañá, prevista n...
date_range 11/04/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

A Universidade de Vigo, en colaboración co Concello de Allariz, achega unha nova edición do proxecto Democratización do Coñecemento, unha iniciativa integrada na Rede Galega de Programas Universitarios para Maiores. O seu obxectivo principal é achegar o coñecemento científico e artístico á poboación maior de 50 anos, promovendo o envellecemento activo e facilitando o acceso a formacións enriquecedoras.Este programa aposta por unha educación aberta e accesible, estruturándose en catro grandes áreas:– A ciencia no día a día, para revalorizar e comprender mellor o noso patrimonio.– O impacto das artes nas emocións e experiencias persoais.– Competencias socio-sanitarias para un envellecemento activo e saudable.– O exercicio intelectual como ferramenta para mellorar a calid...
date_range 09/04/2025
ad2025.jpg

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Cultura e Deportes

Allariz, 9 de abril de 2025.A Deputación de Ourense colabora co Allariz Debuxado, o Festival da Arte da Ilustración. A sexta edición deste certame, que terá lugar na vila de Allariz os días 11 e 12 de abril, contará con cinco convidados de renome: o autor leonés Javi de Castro; a autora balear Anabel Colazo; a editora de Ediciones la Cúpula, Natalia Mosquera; o tatuador e ilustrador ourensán Anxo Varela e a ilustradora coruñesa Lucía Gómez “Michopocho”.Allariz Debuxado comezará este venres día 11 na sala de exposicións A Fábrica cunha sesión de coloquios, dirixidos tanto a profesionais como a afeccionados, nos que se tratarán diversos aspectos do traballo artístico e da industria da ilustración.A xornada do sábado 12, prevista na praza do Matadoiro (en caso de que as condicións meteorolóxi...
date_range 09/04/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz levou a cabo o proxecto de restauración ambiental e posta en valor do Manancial de SantÁn, un espazo de grande importancia histórica e patrimonial para a vila. Os traballos, financiados no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD), permitiron recuperar este enclave singular, mellorando o seu acceso e restaurando os elementos naturais do entorno. O Manancial de SantÁn, situado na contorna do río Arnoia, é coñezo polas súas augas mineromedicinais e polo seu uso tradicional como lavadoiro comunitario. Durante séculos, a veciñanza de Allariz aproveitou esta auga para lavar a roupa, especialmente nos meses de inverno, mentres que no verán se empregaba para o regadío das leiras próximas. Este espazo foi tamén un punto de encontro social de grande relevancia...
date_range 09/04/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O departamento de Cultura do Concello de Allariz xa ten todo preparado para unha nova edición da festa dos Maios, que se celebrará o mércores 30 de abril na Alameda. A celebración inclúe os tradicionais concursos de Maios e Coplas, abertos á participación de grupos de veciños e veciñas que queiran manter viva esta expresión popular da primavera.Concurso de MaiosA participación pode ser individual ou en grupo (mínimo 8 persoas), e para formalizala será necesario inscribirse na Casa da Cultura antes do 28 de abril. Os Maios deberán estar construídos seguindo a tradición, empregando materiais naturais como madeira, arpillera ou tea de saco, cravos, arame, musgo, bugallos, xestas e flores.O xurado, composto por tres persoas designadas pola Concellería de Cultura, valorará a orixinalidade e o r...
date_range 07/04/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Allariz Debuxado volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición os próximos días 11 e 12 de abril na vila de Allariz. Este festival, convertido xa nun referente no mundo da ilustración e a autoedición, traerá nesta ocasión un programa repleto de actividades e a participación de destacados profesionais do sector. Esta mañá, María López, concelleira de Promoción Económica, acompañou a David Calviño, membro da organización, na presentación da edición de 2025. Nesta edición, o evento contará coa presenza de cinco convidados de luxo: o autor leones Javi de Castro, a autora balear Anabel Colazo, a editora de Ediciones La Cámpula Natalia Mosquera, o tatuador e ilustrador ourensán Anxo Varela – Pruden Tattoo e a ilustradora coruñesa Lucía Gómez “Michopocho”. O fes...
date_range 31/03/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Allariz Debuxado volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición os próximos días 11 e 12 de abril na vila de Allariz. Este festival, convertido xa nun referente no mundo da ilustración e a autoedición, traerá nesta ocasión un programa repleto de actividades e a participación de destacados profesionais do sector. Esta mañá, María López, concelleira de Promoción Económica, acompañou a David Calviño, membro da organización, na presentación da edición de 2025.Nesta edición, o evento contará coa presenza de cinco convidados de luxo: o autor leones Javi de Castro, a autora balear Anabel Colazo, a editora de Ediciones La Cámpula Natalia Mosquera, o tatuador e ilustrador ourensán Anxo Varela – Pruden Tattoo e a ilustradora coruñesa Lucía Gómez “Michopocho”.O festi...
date_range 31/03/2025
250329_reunion_allariz_web.jpg

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 29 de marzo de 2025.O pasado mes de febreiro o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acudía a unha reunión con representantes dos balnearios da provincia para avaliar as primeiras semanas de lanzamento do Termalismo Social provincial 2025. A reunión mantívose nas instalacións do Hotel OCA Vila de Allariz xa que este establecemento recibía nesa mesma semana a acreditación como Balneario; nese ámbito anunciábase e planificaba a inminente incorporación do establecemento ao Programa de Termalismo Social Provincial que esta semana se produce.O novo balneario incorporarase a dúas modalidades do termalismo social provincial, a de Estancias termais de 6 días (5 noites) e á do termalismo contra a soidade non desexada.Un novo balneario na provincia con augas oligometálicasO novo ...
date_range 29/03/2025
Cargando...

Cargando...