O Concello de Allariz presentou hoxe un novo Punto Limpo Móvil, un vehículo 100% eléctrico, que busca mellorar a xestión de residuos e promover a economía circular. A alcaldesa, Cristina Cid, e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, destacaron o compromiso do municipio coa sostibilidade e o coidado do medio ambiente.O proxecto, “Adquisición dun vehículo eléctrico con punto limpo móvil do Concello de Allariz”, foi financiado a través dunha convocatoria da Xunta de Galicia, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e cofinanciado polos Fondos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, promovendo a transición ecolóxica e a modernización dos servizos públicos locais.O vehículo está adaptado para:- Transporte e recollida de residuos,...