O Concello de Allariz celebrará o Día de Rosalía do 20 ao 25 de febreiro de 2026 cun completo programa de actividades, co obxectivo de render homenaxe á figura e á obra de Rosalía de Castro.Na mañá de hoxe, a Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, xunto cos concelleiros/as de Cultura, Promoción Económica e Educación, Alberto Conde, María López e Maribel Poisa, presentaron oficialmente as actividades previstas para esta conmemoración.Desde hai tres anos, o Concello é mecenas da Fundación Rosalía de Castro, colaborando activamente na conservación e difusión do seu legado. Esta colaboración reflíctese nunha programación variada que inclúe exposicións que permitirán achegarse á vida e obra de Rosalía, obradoiros para todas as idades, degustacións gastronómicas inspiradas na tradición galega, como...