Filtrar por

close
Fecha
date_range
date_range
Buscar

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

Este venres 7 de novembro ás 13:30 h o salón de Plenos do Concello de Allariz acollerá en sesión extraordinaria o pleno da corporación municipal de Allariz.ORDE DO DÍAPRIMEIRO.- Modificación Ordenanzas Fiscais: Aprobación inicial, se procede.SEGUNDO.- Modificacions orzamentarias: Aprobación inicial, se procede.TERCEIRO.- Delegación de competencias de vixilancia, control, denuncia e sanción na Garda Civil de Tráfico e na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense: Aprobación, se procede.CUARTO.- Dar conta Decretos 306 a 372.QUINTO.- Pregos e preguntas.
date_range 06/11/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

A Área de Mocidade do Concello de Allariz lanza o programa “Mocidade Outono 2025”, unha nova edición chea de actividades pensadas para a rapazada de 13 a 33 anos, abertas tamén ao público de todas as idades.O obxectivo é fomentar a creatividade, a participación xuvenil e o uso do galego a través da música, o xogo e o contacto coa natureza.“Queremos que a mocidade de Allariz teña espazos para crear, expresarse e convivir, sempre coa nosa lingua e identidade como base”, sinalan desde a Concellería de Mocidade, Iago Santís.Nesta edición destacan dúas novidades principais:As aulas de música moderna dentro dun grupo musical, nas que as persoas participantes poderán aprender batería, baixo, guitarra, teclado e voz mentres forman parte dunha banda.Os obradoiros de rol en galego, unha proposta de ...
date_range 09/10/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

Este mes de outubro gozaremos dunhas semanas cheas de propostas especialmente deseñadas para as nosas persoas maiores. Dende hai 17 anos, o Concello de Allariz, a través da Concellería de Benestar Social, organiza cada comezo de outubro as Semanas das Maiores. Cada 1 de outubro, Día Internacional das Persoas Maiores, sumámonos á celebración para reivindicar que todas e todos eles contan, suman e aportan moito á nosa sociedade. Na mañá de hoxe, a concelleira de Benestar Social e a técnica de maiores, Tania Álvarez e Sonia Paz, presentaron esta edición. Segundo as organizadoras: "Ao longo de tres semanas, desenvolveranse actividades variadas que abranguen as diferentes dimensións do envellecemento activo: cultura, saúde, memoria, lecer e convivencia. Convidámosvos a todas e todos a participa...
date_range 08/10/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

A Asociación Española de Paisajismo (AEP), entidade que forma parte do xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz –encargado de seleccionar cada ano os proxectos participantes–, organiza este venres 3 de outubro en Allariz unha xornada profesional baixo o título “Imaginación en flor: o arte do xardín efémero”. A AEP, ademais, é a responsable de decidir a través das votaciáns dos seus socios a parcela gañadora do Premio Técnico en cada edición do festival, un recoñecemento á calidade e innovación dos deseños presentados. O encontro desenvolverase ao longo do venres 3 de outubro no Salón de Actos do Fogar do Maior de Allariz, cun programa que combina relatorios, mesas redondas e experiencias prácticas arredor do xardín efémero. A xornada abrirase ás 09:00 horas coa presentación i...
date_range 01/10/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

Allariz acollerá, do 26 de setembro ao 12 de outubro, unha nova edición das Xornadas de Carne de Boi – Concello de Allariz, que este ano alcanzan a súa XIV edición, consolidándose como unha cita gastronómica de referencia no calendario outonal de Allariz.Nesta edición de 2025 participan 21 establecementos locais, que ofrecerán unha ampla e variada proposta culinaria na que a exquisita carne de boi de Allariz (criados na finca de Valverde e propiedade de Okelan), será a protagonista. Os establecementos elaborarán tanto tapas (14 participantes) como menús e pratos especiais, adaptados a todos os petos e pensados para gozar da gastronomía local en todo o seu esplendor.As tapas presentadas ao concurso competirán por ser elixidas polo público como a “Mellor Tapa 2025”, mediante votación popular...
date_range 23/09/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

A **Asociación Española de Paisaxistas (AEP)** organiza o vindeiro **venres 3 de outubro de 2025** en **Allariz (Ourense)** unha xornada profesional baixo o lema **“Imaxinación en flor: a arte do xardín efémero”**. O encontro reunirá no fogar do Maior de Allariz a especialistas, académicos e profesionais do paisaxismo nun programa que combina conferencias, mesas de debate, experiencias creativas e unha visita ao **Festival Internacional de Xardíns de Allariz**. Entre os relatores destacan **Francisco García** (director do Festival de Xardíns de Allariz), **Álvaro Segurola** (paisaxista e socio da AEP), **José Souto** (Innova Paisaxes), **Sinda Dávila** (paisaxista e socia da AEP) e representantes de universidades e escolas de paisaxe, que participarán nunha mesa redonda sobre a creatividad...
date_range 08/09/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

O vindeiro 13 de setembro, a Praza do Matadoiro en Allariz converterase de novo no escenario da VII Feira dos Produtos Apícolas, organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Allariz. A feira desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas, cun programa que combina tradición, divulgación e actividades para toda a familia.Durante a xornada, unha ducia de postos achegarán ao público a diversidade dos produtos da colmea: meles de diferentes variedades, pole, própole, cosmética apícola e elaboracións innovadoras ou derivados coma candeas. Ademais de ser un espazo de venda, a feira pretende ofrecer unha experiencia educativa e de concienciación arredor da apicultura e da súa importancia para a biodiversidade.Programa de actividades:11:30h – Obradoiro sobre apicultura e bi...
date_range 01/09/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da Festa da Empanada de Allariz, que se celebrará durante a fin de semana do 22 ao 24 de agosto, nun acto no que participaron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde. Ambos destacaron a importancia desta celebración como “referente gastronómico e cultural da vila”, así como o seu papel dinamizador para a economía e o turismo local.A programación da edición 2025 inclúe actividades para todos os públicos, combinando tradición e modernidade. O prato forte será a Xornada Gastronómica do sábado 23 ás 21:00h, cunha degustación da coñecida empanada de Allariz nos Xardíns do Museo do Coiro. ...
date_range 07/08/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

O Concello de Allariz informa que o Plan Especial de Protección do Casco Histórico (PECHA) está en fase de exposición pública, unha vez aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, o 26 de decembro de 2024.A documentación completa pode consultarse na páxina web oficial: https://pecha.allariz.gal.Este plan recolle as medidas de protección e ordenación aplicables ao conxunto histórico de Allariz, polo que é especialmente relevante para as persoas propietarias de inmobles na zona histórica.As consultas e alegacións poderán realizarse no período de exposición pública, que é un prazo de DOUS MESES, dende o día seguinte de publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia (2 de xuño de 2025).Os teléfonos para solicitar cita presencial co equipo redactor son 988 55 40 06.Días de visitas presen...
date_range 03/06/2025
Cargando...

Cargando...