Filtrar por

close
Fecha
date_range
date_range
Buscar

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

O Concello presenta unha programación transversal que pon o foco na cohesión social, a cultura de base e a educación en valores como piares para unha sociedade libre de discriminacións. Hoxe, o Concello de Allariz fixo pública a súa axenda para as Xornadas do 8M, nun acto que contou coa presenza da alcaldesa, Cristina Cid, a concelleira de Benestar Social, Tania Álvarez, e a técnica de igualdade, Cristina Outeiriño. Baixo o lema “Tecendo comunidade, sementando igualdade”, a proposta deste ano aposta por fortalecer os vínculos veciñais e situar a igualdade no centro da vida pública de Allariz. As xornadas artíclanse arredor do acróstico do nome de Allariz, que define os principios fundamentais do municipio: Apoio, Liberdade, Loita, Axuda, Respecto, Igualdade e Zona segura. Domingo, 8 de mar...
date_range 23/02/2026

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

O Concello de Allariz celebrará o Día de Rosalía do 20 ao 25 de febreiro de 2026 cun completo programa de actividades, co obxectivo de render homenaxe á figura e á obra de Rosalía de Castro.Na maña de hoxe, a Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, xunto cos concelleiros/as de Cultura, Promoción Económica e Educación, Alberto Conde, María López e Maribel Poisa, presentaron oficialmente as actividades previstas para esta conmemoración.Desde hai tres anos, o Concello é mecenas da Fundación Rosalía de Castro, colaborando activamente na conservación e difusión do seu legado. Esta colaboración reflíctese nunha programación variada que incluíndo exposiciáns que permitirán achegarse á vida e obra de Rosalía, obradoiros para todas as idades, degustacións gastronómicas inspiradas na tradición galega, c...
date_range 13/02/2026

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

O Concello de Allariz continúa avanzando no seu compromiso coa xestión sostible dos residuos, coa creación dunha nova zona de compostaxe comunitaria destinada a dar servizo á área do camping, que eleva a 24 o número total de zonas de compostaxe comunitaria existentes no municipio. Esta actuación amplía a rede municipal de tratamento de biorresiduos e achega este servizo a máis espazos e á veciñanza. Esta actuación súmase ao impulso continuado da compostaxe doméstica, coa distribución ao longo deste pasado ano 2025 de 100 novos composteiros particulares, fomentando a separación na orixe e a implicación directa da cidadanía na redución de residuos. Allariz cont...
date_range 15/01/2026

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

Na mañá de hoxe, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, María López, concelleira de Promoción Económica e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde, presentaron a programación oficial de Nadal para este 2026, un conxunto amplo de propostas culturais, educativas, deportivas e de lecer que se desenvolverán ao longo do mes de decembro e comezos de xaneiro. Esta programación complítase e reforza coa campaña do Peto dos Desexos, o concurso de escaparates e as decoracións que iluminan as rías de Allariz, contribuíndo a crear un ambiente atractivo e festivo durante estas datas.O Concello destaca que o obxectivo desta proposta é favorecer a convivencia, impulsar o espírito festivo e apoiar a dinamización económica local, ofrecendo actividades pensadas para todas as idades e perfís. ...
date_range 10/12/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

O Concello de Allariz lanza a primeira edición do Concurso de Escaparates “Allariz, Escaparate do Nadal”, unha iniciativa creada para complementar a decoración de nadal municipal –consolidada desde hai anos– e para animar ao comercio local a participar activamente na creación da atmosfera festiva de Allariz.O Concello destaca que moitos establecementos xa decoran de forma excepcional os seus escaparates cada Nadal, polo que este concurso busca poñer en valor ese traballo previo e incentivar a creatividade e a participación de todos os negocios. Co concurso “Allariz, Escaparate do Nadal” preténdese destacar o talento e o compromiso do comercio local, enchendo as rúas de creatividade e espírito festivo. Esta iniciativa complementase coas decoracións de Nadal impulsadas polo Concello, que con...
date_range 19/11/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

Este venres 7 de novembro ás 13:30 h o salón de Plenos do Concello de Allariz acollerá en sesión extraordinaria o pleno da corporación municipal de Allariz.ORDE DO DÍAPRIMEIRO.- Modificación Ordenanzas Fiscais: Aprobación inicial, se procede.SEGUNDO.- Modificacións orzamentarias: Aprobación inicial, se procede.TERCEIRO.- Delegación de competencias de vixilancia, control, denuncia e sanción na Garda Civil de Tráfico e na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense: Aprobación, se procede.CUARTO.- Dar conta Decretos 306 a 372.QUINTO.- Pregos e preguntas.
date_range 06/11/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

A Área de Mocidade do Concello de Allariz lanza o programa “Mocidade Outono 2025”, unha nova edición chea de actividades pensadas para a rapazada de 13 a 33 anos, abertas tamén ao público de todas as idades.O obxectivo é fomentar a creatividade, a participación xuvenil e o uso do galego a través da música, o xogo e o contacto coa natureza.“Queremos que a mocidade de Allariz teña espazos para crear, expresarse e convivir, sempre coa nosa lingua e identidade como base”, sinalan desde a Concellería de Mocidade, Iago Santís.Nesta edición destacan dúas novidades principais:As aulas de música moderna dentro dun grupo musical, nas que as persoas participantes poderán aprender batería, baixo, guitarra, teclado e voz mentres forman parte dunha banda.Os obradoiros de rol en galego, unha proposta de ...
date_range 09/10/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

Este mes de outubro gozaremos dunhas semanas cheas de propostas especialmente deseñadas para as nosas persoas maiores. Dende hai 17 anos, o Concello de Allariz, a través da Concellería de Benestar Social, organiza cada comezo de outubro as Semanas das Maiores. Cada 1 de outubro, Día Internacional das Persoas Maiores, sumámonos á celebración para reivindicar que todas e todos eles contan, suman e aportan moito á nosa sociedade. Na mañá de hoxe, a concelleira de Benestar Social e a técnica de maiores, Tania Álvarez e Sonia Paz, presentaron esta edición. Segundo as organizadoras: "Ao longo de tres semanas, desenvolveranse actividades variadas que abranguen as diferentes dimensións do envellecemento activo: cultura, saúde, memoria, lecer e convivencia. Convidámosvos a todas e todos a participa...
date_range 08/10/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

A Asociación Española de Paisajismo (AEP), entidade que forma parte do xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz –encargado de seleccionar cada ano os proxectos participantes–, organiza este venres 3 de outubro en Allariz unha xornada profesional baixo o título “Imaginación en flor: o arte do xardín efémero”. A AEP, ademais, é a responsable de decidir a través das votaciáns dos seus socios a parcela gañadora do Premio Técnico en cada edición do festival, un recoñecemento á calidade e innovación dos deseños presentados. O encontro desenvolverase ao longo do venres 3 de outubro no Salón de Actos do Fogar do Maior de Allariz, cun programa que combina relatorios, mesas redondas e experiencias prácticas arredor do xardín efémero. A xornada abrirase ás 09:00 horas coa presentación i...
date_range 01/10/2025

Noticia

Ámbito Allariz

|

Tema Otras

Allariz acollerá, do 26 de setembro ao 12 de outubro, unha nova edición das Xornadas de Carne de Boi – Concello de Allariz, que este ano alcanzan a súa XIV edición, consolidándose como unha cita gastronómica de referencia no calendario outonal de Allariz.Nesta edición de 2025 participan 21 establecementos locais, que ofrecerán unha ampla e variada proposta culinaria na que a exquisita carne de boi de Allariz (criados na finca de Valverde e propiedade de Okelan), será a protagonista. Os establecementos elaborarán tanto tapas (14 participantes) como menús e pratos especiais, adaptados a todos os petos e pensados para gozar da gastronomía local en todo o seu esplendor.As tapas presentadas ao concurso competirán por ser elixidas polo público como a “Mellor Tapa 2025”, mediante votación popular...
date_range 23/09/2025
Cargando...

Cargando...