O Concello de Allariz abre o prazo para inscribirse no programa “Concilia Verán 2025”, que ofrece apoio ás familias para facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar durante o verán. O prazo de presentación de solicitudes é do 13 ao 23 de maio, e as solicitudes poden ser tramitadas a través dos Servizos Sociais Comunitarios, no Fogar dos Maiores, situado na rúa A Barreira, 3. Para obter máis información ou resolver dúbidas, as familias interesadas poden contactar ao teléfono 988 55 40 59 ou enviar un correo electrónico ao fogardosmaiores@allariz.gal. Tamén poden consultar toda a información a través da web oficial do Concello de Allariz no seguinte enlace: https://www.allariz.gal/administracion/concilia-veran/. A iniciativa ofrece actividades lúdicas e ao aire libre para nenos ...