Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Praza das Mercedes acolleu o Festival de Emprego Xuvenil: SomosGOU Fest, organizado por Cruz Vermella coa colaboración do Concello no marco das Festas de Ourense 2025. A actividade tiña como obxectivos fomentar a promoción económica e o emprendemento xuvenil, ao tempo que darlle visibilidade a mozos e mozas que emprenderon proxectos empresariais en Ourense. A concelleira de Educación, Tamara Silva, visitou a actividade, que congregou un numeroso público xuvenil durante toda a mañá.
date_range 18/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A programación de actividades das Festas de Ourense 2025 ocasionará cortes de tráfico hoxe, xoves, 19 de xuño, en varias rúas da cidade: Polas orquestras e concertos, a rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), até o luns, 23 de xuño. Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 19.00 h. Toda a información sobre os cortes de tráfico das Festas en: As Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico desde o martes na rúa Pardo de Cela e na contorna do Parque Barbana.
date_range 18/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

As Festas de Ourense 2025 viven hoxe, xoves, 19 de xuño, a súa segunda xornada cunha programación formada pola actuación de Gramola DJs (Ballesteros, Pablo Marques e Diego Mirán), de 23.00 h a 03.00 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios, xunto coas citas diarias da Feira do Libro de Ourense, no Parque de San Lázaro, o mercado medieval nos exteriores do Pavillón dos Remedios, as atraccións festivas, na zona do Parque Barbana, e a xincana de inchables, no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina). PROGRAMA DAS FESTAS DE OURENSE - XOVES 19 DE XUÑO 11.00 a 14.00 e 18.00 a 21.30 h. Parque San Lázaro. Feira do libro de Ourense. Programa da feira: Feira do libro Ademais, durante a feira, realizaranse actividades relacionadas coa reciclaxe: teatro, obradoiros, contacontos, maxia, reci...
date_range 18/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Durante a feira do libro que se celebra desde este mércoles 18 de xuño no Parque de San Lázaro e que forma parte do programa das festas de Ourense vanse a celebrar varias actividades relacionadas coa reciclaxe. Teatro, obradoiros, contacontos, maxia, recital poético, xogos e moito máis.Descarga o PDF para coñezar os horarios de cada actividade.É unha acción conxunta de Feiras do Libro de Galicia, Ecourense e o Concello de Ourense.
date_range 16/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía nunha sesión extraordinaria o proxecto de Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2025, formado polos orzamentos do propio concello e do seu organismo autónomo, o Consello Municipal de Deportes; as bases de execución e os anexos de persoal, por un importe total de 116.342.988,82 euros. O acordo remitiráselle á Comisión de Pleno para que, de conformidade co previsto no Regulamento Orgánico do Concello, se inicie un prazo de 10 días naturais para a presentación de emendas.
date_range 18/06/2025
Cargando...

Cargando...