Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A manifestación do sector da alimentación causará mañá, sábado, día 7 de xuño, cortes puntuais de tráfico en varias rúas do centro da cidade incluídas no seu percorrido. A marcha sairá ás 12 da mañá do Parque San Lázaro e percorrerá as rúas Cardeal Quevedo, Avenida da Habana, Curros Enríquez (por detrás da Subdelegación do Goberno), Xoán XXIII, O Progreso, Cruz Vermella e Lamas Carvajal, rematando na Praza Maior.As rúas incluídas no itinerario pecharanse de forma puntual para que a marcha se poida desenvolver dentro das marxes de seguridade esixidas. A medida que avance, as rúas iranse reabrindo progresivamente ao tráfico.A manifestación tamén ocasionará retencións nos percorridos das liñas do servizo municipal de autobuses urbanos que pasan por estas rúas.
date_range 05/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense rendeulle homenaxe un ano máis ao político e intelectual ourensán Alexandre Bóveda, no 122 aniversario do seu nacemento, nun acto institucional fronte á súa casa natal, na rúa da Barreira, no que participaron representantes de todos os grupos políticos municipais (DO, PP, PSdeG_PSOE e BNG), da Deputación Provincial de Ourense e da Fundación Alexandre Bóveda. A concelleira do goberno municipal Tamara Silva gabou a importancia da figura de Bóveda, “insigne fillo da nosa cidade e mártir do galeguismo”, lembrando “o afán que marcou a súa vida, que non foi outro que a loita polo que entendeu mellor para Galicia e para as súas xentes”. “A mellor homenaxe que podemos facer á súa figura é converter simbolicamente o seu sangue de mártir no zume da árbore da Democracia. Árbore ...
date_range 03/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz reafirma o seu compromiso coa mobilidade urbana sostible cunha alianza que permitirá a elaboración de proxectos como o do metrominuto.O Concello de Allariz vén de adherirse á Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación internacional sen ánimo de lucro aberta a entidades locais e outras administracións públicas, centrada en despregar políticas de mobilidade urbana nas que as persoas peonais sexan as protagonistas. Dentro desta perspectiva encádrase o concepto de “camiñabilidade”, entendido como a capacidade da poboación para se desprazar a pé polos diferentes espazos do territorio, poñendo o foco, por tanto, na accesibilidade e na seguridade dos vieiros municipais.Un dos proxectos centrais que se levarán a cabo grazas á participación de Allariz na Rede será a elaborac...
date_range 20/05/2025
Cargando...

Cargando...