Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A carreira do circuíto Correndo por Ourense causará mañá sábado, 7 de xuño, cortes e restricións de tráfico no centro da cidade. A proba popular, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, sairá ás 22.00 horas da rúa do Paseo (fronte á Delegación de Defensa), e percorrerá as rúas Concello, Xoán XXIII, O Progreso, Avenida de Pontevedra e Lamas Carvajal até rematar na Rúa do Paseo. O dispositivo de tráfico afectará de forma importante á circulación no centro urbano entr...
date_range 05/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz renovou, a semana pasada, o convenio de colaboración co Hotel Balneario Oca Vila de Allariz, co obxectivo de seguir facilitando o acceso ao seu espazo de Balneario á veciñanza empadroada no municipio. A alcaldesa, Cristina Cid, e o director do hotel, Maike Pazos, asinaron este novo acordo, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2025. Grazas a este convenio, a veciñanza que conte ca tarxeta cidadá poderán desfrutar do Circuíto Termal, de domingo a venres, a un prezo reducido de 9,50 € (IVE incluído). O circuíto inclúe piscina activa con chorros, camas de oxixenación, jacuzzi, sauna e outros servizos relaxantes. Ademais, aplicarase un 20% de desconto nas técnicas termais en cabinas durante os mesmos días, fomentando o coidado persoal e o benestar. Para facer uso des...
date_range 21/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A manifestación do sector da alimentación causará mañá, sábado, día 7 de xuño, cortes puntuais de tráfico en varias rúas do centro da cidade incluídas no seu percorrido. A marcha sairá ás 12 da mañá do Parque San Lázaro e percorrerá as rúas Cardeal Quevedo, Avenida da Habana, Curros Enríquez (por detrás da Subdelegación do Goberno), Xoán XXIII, O Progreso, Cruz Vermella e Lamas Carvajal, rematando na Praza Maior.As rúas incluídas no itinerario pecharanse de forma puntual para que a marcha se poida desenvolver dentro das marxes de seguridade esixidas. A medida que avance, as rúas iranse reabrindo progresivamente ao tráfico.A manifestación tamén ocasionará retencións nos percorridos das liñas do servizo municipal de autobuses urbanos que pasan por estas rúas.
date_range 05/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense rendeulle homenaxe un ano máis ao político e intelectual ourensán Alexandre Bóveda, no 122 aniversario do seu nacemento, nun acto institucional fronte á súa casa natal, na rúa da Barreira, no que participaron representantes de todos os grupos políticos municipais (DO, PP, PSdeG_PSOE e BNG), da Deputación Provincial de Ourense e da Fundación Alexandre Bóveda. A concelleira do goberno municipal Tamara Silva gabou a importancia da figura de Bóveda, “insigne fillo da nosa cidade e mártir do galeguismo”, lembrando “o afán que marcou a súa vida, que non foi outro que a loita polo que entendeu mellor para Galicia e para as súas xentes”. “A mellor homenaxe que podemos facer á súa figura é converter simbolicamente o seu sangue de mártir no zume da árbore da Democracia. Árbore ...
date_range 03/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz reafirma o seu compromiso coa mobilidade urbana sostible cunha alianza que permitirá a elaboración de proxectos como o do metrominuto.O Concello de Allariz vén de adherirse á Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación internacional sen ánimo de lucro aberta a entidades locais e outras administracións públicas, centrada en despregar políticas de mobilidade urbana nas que as persoas peonais sexan as protagonistas. Dentro desta perspectiva encádrase o concepto de “camiñabilidade”, entendido como a capacidade da poboación para se desprazar a pé polos diferentes espazos do territorio, poñendo o foco, por tanto, na accesibilidade e na seguridade dos vieiros municipais.Un dos proxectos centrais que se levarán a cabo grazas á participación de Allariz na Rede será a elaborac...
date_range 20/05/2025
Cargando...

Cargando...