Buscar
1.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 30 de maio de 2025.O presidente provincial, Luis Menor, destacou a educación como “éxito estratéxico” da Deputación de Ourense durante o X Encontro Hispano-Luso de Docentes, organizado polo sindicato Anpe, e celebrado no IES Otero Pedrayo.Profesionais de España e Portugal compartiron experiencias en torno a lusofonía nos centros educativos, desafíos do sistema educativo ou retos da era dixital.Por outra banda, Menor puxo en valor este Encontro Hispano-Luso como unha “oportunidade única” para que os asistentes coñezan a provincia de Ourense e desfruten de atractivos como o termalismo, a gastronomía ou o patrimonio.
date_range 30/05/2025
foto-pleno-deputacion-maio-2025-2-copia.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 30 de maio de 2025.Os catro grupos políticos con representación na Corporación provincial de Ourense (PP, PSOE, BNG e Democracia Ourensana) aprobaron hoxe en pleno por unanimidade unha reclamación dirixida ao Goberno central e Renfe para que rectifiquen as “inxustas decisións” que están a supoñer un “desprezo aos habitantes do interior de Galicia”, en tanto que o Ministerio de Transportes ten previsto adoptar a partir do 9 de xuño unha serie de medidas que afectarán aos usuarios do ferrocarril na estación da Gudiña-Porta de Galicia.Con esta iniciativa, todos os grupos denuncian a eliminación de paradas do AVE na citada estación, a carencia de descontos nos billetes como si teñen outras terminais ou, como reclamación ante ADIF, que se solucionen as carencias de accesibilidade a est...
date_range 30/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 25 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 29 de maio ás 11.30 horas, no salón de plenos. Licenzas (7). A Xunta Local considerará 5 proxectos e 2 expedientes de caducidade: - Proxecto básico e de execución de adaptación a vivenda dun local en planta baixa nun inmoble na rúa do Ensino. - Proxecto de demolición dun inmoble na rúa Reza. - 2 proxectos reformados para a execución de senllas vivendas unifamiliares na rúa Cruceiro, O Cumial-Seixalbo. - Proxecto de execución dun edificio na rúa Camiño Fonte do Monte. - Expedientes de caducidade de 2 licenzas para adaptar, con cambio de uso, 2 oficinas para vivendas, na rúa Parque de San Lázaro. Disciplina (1) Declaración de ruína, polo seu mal estado, du...
date_range 27/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense pechará o exercicio económico 2024 cun remanente de tesouraría de 155 millóns de euros. Así o avanzou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante a sesión extraordinaria do pleno do Concello. O rexedor afirmou que o documento de peche do exercicio económico, actualmente en fase de fiscalización por parte da intervención municipal, eleva a 155 millóns de euros o remanente de tesouraría do Concello, que era de 123 millóns en 2023. Esta contía, asegura o alcalde, reflicte a solvencia económica do Concello e permitirá afrontar todos os gastos xa comprometidos e acometer novos investimentos na cidade. Explica o alcalde que durante o ano 2024 a eficiencia no gasto e na captación de fondos procedentes de transferencias doutras administracións fan que agora ...
date_range 18/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou once acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.Licenzas (7)• Conceder a licenza de segregación para trasteiro anexo a unha vivenda na rúa Prieto Nespereira para crear dous predios rexistrais independentes.• Conceder a primeira ocupación pola legalización de usos dunha vivenda na planta baixo cuberta dun edificio na rúa Curros Enríquez.• Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma e ampliación dunha vivenda unifamiliar no Paseo Praia Fluvial, en Oira.• Aprobar os criterios da ocupación da vía pública para diferentes actos e actividades.• Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de remodelación dun...
date_range 20/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense iniciou esta mañá a execución das obras de humanización da Avenida de Portugal. Son dous proxectos que abranguen a totalidade da vía: o primeiro inclúe o treito comprendido entre a vía Ervedelo e Vila Valencia, e o segundo o que vai desde Vila Valencia até Marcelo Macías, cun orzamento de licitación total de 5.989.285,39 euros.O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado por concelleiras e concelleiros do goberno municipal, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presentaron esta mañá as obras, que financia o Concello con fondos propios (4.577.533,78 euros) co apoio dunha subvención de 1.411.751,61 euros de fondos Next (equivalente ao 23,5% do total da obra).A intervención ten por obxecto renovar o espazo viario con criterios de mellora da acce...
date_range 15/05/2025
Cargando...

Cargando...