Buscar
250531_congreso_sgxx_web.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 31 de maio de 2025.O presidente provincial, Luis Menor, Visitou hoxe o XXXV Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía que se está desenvolver esta fin de semana en Ourense baixo o lema “Envellecemento, saúde e calidade de vida”. Precisamente, Menor sinalou que o lema escollido entronca coas políticas desenvolvidas pola Deputación en materia de benestar social, calificándoas como "referentes en envellecemento activo e saudable”. Precisamente, o presidente provincial explicou ante os participantes neste cónclave internacional as medidas que ten implementadas a institución provincial para o coidado e atención integral das persoas maiores, con novidades constantes como o programa experimental de termalismo contra a deterioración cognitiva leve, que comezará a vindeira semana....
date_range 31/05/2025
dcl-cuadrado.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 31 de maio de 2025.A Deputación de Ourense pon en marcha un programa experimental de Termalismo contra a deterioración cognitiva leve (DCL), coa fin de afondar na detección temperá de enfermidades neurodexenerativas e na xeración de hábitos saudables como a actividade física de mantemento. Este programa é froito da colaboración pública da institución provincial co terceiro sector, -a través da Asociación Afaor-, e basearase no desenvolvemento de talleres de estimulación cognitiva combinados con actividade física de prevención e mantemento na auga mineromedicinal termal das piscinas dos balnearios.A primeira actuación do programa experimental iniciarase o próximo 9 de xuño no Balneario OCA Vila de Allariz e o prazo para solicitar praza comeza este luns, 2 de xuño.O prezo subvencio...
date_range 31/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deulles a benvida ás persoas participantes no encontro do Comité da Dirección Territorial Norte Centro de España, organizado por Viaqua no Auditorio Municipal. A xuntanza reúne en Ourense integrantes do comité procedentes de 10 comunidades autónomas e 30 provincias españolas. No día de onte, o equipamento municipal acolleu tamén a xuntanza anual de Viaqua con todos os mandos e o comité de dirección da empresa en Galicia. Viaqua, sociedade do sector do medio ambiente, xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga en Galicia. Con medio século de historia, está presente en 48 municipios das 4 provincias galegas, entre elas o Concello de Ourense, onde é concesionaria do servizo de abastecemento de auga e saneamento.
date_range 26/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, realizou onte martes, 20 de maio, unha visita institucional á cidade portuguesa de Chaves. O rexedor foi recibido na Câmara Municipal, onde mantivo unha reunión de traballo co seu presidente Nuno Vaz, o vicepresidente, Francisco António Chaves, e a concelleira Paula Fernanda da Mota. Durante o encontro, exploraron vías de colaboración entre as dúas cidades, estreitamente vinculadas pola súa proximidade xeográfica, pois apenas as separan 95 quilómetros por estrada, e histórica. "Chaves é un municipio irmán", manifestaba esta mañá Gonzalo Jácome, "o concello portugués máis próximo á nosa cidade e o máis relacionado con ela, porque compartimos moitos lazos históricos e unha gran relación. Moitos veciños de Chaves veñen a Ourense, xa que somos a cida...
date_range 20/05/2025
Cargando...

Cargando...