O servizo de autobuses urbanos do Concello de Ourense activa desde hoxe a liña número 23: Xardín do Posío – Oira, para facilitar o desprazamento ás piscinas e a zona recreativa durante o verán. A liña funcionará ata o día 31 de agosto. Ten saídas desde as 15.00 ata as 21.40 horas, cada 40 minutos, desde O Posío e realiza paradas na Alameda, Progreso, Parque de San Lázaro, Curros Enríquez, Ponte Nova, Viaducto, Peliquín e Alfredo Brañas. As viaxes de volta son desde as 15.20 ata as 22.00 h, con paradas en Peliquín, viaducto, Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, Xoán XXIII e Alameda. Tren das Termas. A liña 19: Tren Turístico das Termas de Outariz suspenderase o sábado, 21, e o domingo, 22 de xuño, debido aos cortes de tráfico previstos na rúa Pardo de Cela e a Ponte Romana para desenvolve...