Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá un grupo de profesores e estudiantes do diplomado sobre Innovación Pública do Centro Universitario Tlacaelé de Ixtapaluca (México). Están a realizar unha visita por diferentes localidades, para apreciar como as diferentes administracións públicas poden transformar cidades e territorios a través da innovación. Tras visitar Ourense, continuarán a súa ruta en Portugal.
date_range 25/03/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase o vindeiro mércoles, 1 de abril, ás 9.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 15 propostas de acordo presentadas polos servizos municipais de Licenzas, Contratación, Xestión económica e orzamentaria e Avogacía consistorial. Licenzas (5). Resolverán as solicitudes de licenza para o proxecto modificado dunha vivenda unifamiliar no Camiño do Castro, para a rehabilitación doutra no lugar de Turei, para a adaptación dun baixo a vivenda na rúa de Antonio Puga e para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa do Seminario. Tamén tratarán unha solicitude de prórroga para rematar as obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Saceda. Contratación (1). A...
date_range 29/03/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense reabrirá o 1 de abril, ao público as zonas termais públicas e gratuítas da Chavasqueira e o Muiño da Veiga, na marxe dereita do río Miño. A reapertura é posible logo de que se estabilizase o nivel do río e o Concello realizara os traballos de limpeza, desinfección, arranxo e acondicionamento destes espazos que eran necesarios para a súa posta en funcionamento. As dúas instalacións contarán xa desde mañá con servizo de atención, control e primeiros auxilios. O horario de apertura é de 10.00 a 20.00 horas. Tamén seguen abertas ao público as termas da Burga de Canedo (Outariz).
date_range 30/03/2026

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiu esta semana no Concello o alumnado e profesorado que participa no proxecto de colaboración entre o CEIP Mestre Vide e a Escola Secundaria Leal da Câmara, de Sintra – Lisboa, “Enriquecendo vidas, abrindo mentes” enmarcado no programa europeo Erasmus +. Oito escolares e tres docentes da cidade portuguesa visitan Ourense durante esta semana. Acompañáronnos na recepción 25 estudiantes do centro ourensán.
date_range 26/03/2026

Axenda

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Outras

O deputado provincial Jorge Pumar asiste á tradicional Procesión do Santo Enterro.
date_range 03/04/2026
web-spain-castro-floxo-2025_29-copia.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Leuven (Bélxica), 2 de abril de 2026.O grupo Castro Floxo da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense participará na 50ª edición do Festival de Folclore de Pascua da cidade de Leuven, Bélxica, atendendo así á invitación recibida a través da sección belga de CIOFF (Confederación Internacional de Organizadores de Festivais de Folclore) para forma parte da programación do festival xunto con outros grupos procedentes de Croacia, Hungría, Italia e outros tres grupos locais, organizadores do festival. O grupo Castro Floxo estará até o martes 7 de abril na cidade flamenca de Leuven para participar na Festa de Pascua, Paasfeestten en lingua flamenca, onde dende 1975, os grupos locais en colaboración co concello da cidade, organizan un festival de folclore e que conta coa participación d...
date_range 02/04/2026

Axenda

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na entrega de trofeos do XIV Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica.
date_range 02/04/2026
web_sendeirosazuis_01-copia.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O Carballiño, 1 de abril de 2026.-A Deputación de Ourense celebrou hoxe no Gran Balneario do Carballiño o acto de izado da bandeira Sendeiro Azul, un recoñecemento que consolida a aposta da institución provincial pola sustentabilidade ambiental, o turismo responsable e a cohesión territorial.O acto comezou cun percorrido polos sendeiros da contorna e continuou coa sinatura dos convenios de colaboración entre a Deputación de Ourense e os concellos de Arnoia, Cenlle, Lobios, O Carballiño e Ribadavia, co obxectivo de garantir a conservación, mellora e promoción destes itinerarios naturais. Posteriormente realizouse a entrega das bandeiras e o izado da correspondente ao Carballiño, a cargo do presidente provincial, Luis Menor.A provincia de Ourense suma así cinco novos distintivos Sendeiro Azu...
date_range 01/04/2026
web_reunion_colexioeconomistas_02-copia.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 1 de abril de 2026.O presidente provincial, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa directiva do Colexio de Economistas de Ourense, encabezada pola súa decana, Carmen Sampayo, na que ambas institucións acordaron renovar a súa colaboración e impulsar a reactivación do Observatorio Económico da provincia.Durante o encontro, Luis Menor puxo en valor o papel do Colexio de Economistas de Ourense, que conta con máis de 400 profesionais asociados e cunha incidencia directa na vida económica da provincia, especialmente pola súa relación co tecido produtivo, asociacións empresariais e polígonos industriais.O presidente provincial felicitou ademais á decana, Carmen Sampayo, polo seu recente nomeamento como vicepresidenta primeira do Consello Galego de Economistas, destacando q...
date_range 01/04/2026
Cargando...

Cargando...