Ourense, 14 de maio de 2025.A Deputación de Ourense entregou hoxe o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que na súa trixésimo cuarta edición acordou conceder o galardón honorífico á traxectoria profesional á xornalista ourensá Fernanda Tabarés Domínguez, “como figura indispensable do xornalismo galego contemporáneo” e por visualizar o “papel fundamental das mulleres na comunicación”. O fallo outorgou o premio a mellor traballo xornalístico, dotado con 4.000 euros, ao xornalista ourensán Alfonso Cid, polo seu traballo sobre a historia das mulleres que axudaron a máis de 200 crianzas no Casco Vello. A reporteira Úrsula Lorenzo e o cámara Andrés Vilela, de Antena 3, recolleron o accésit de 1.000 euros por unha peza sobre as enfermeiras rurais.O presidente provincial, Luis Menor, desta...