Buscar
weblago.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O deputado delegado de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, José María Lago, e o deputado de Fondos Europeos da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, mantiveron esta mañá un encontro de traballo para valorar as liñas de colaboración que manteñen ambas institucións provinciais, no marco do compromiso de cooperación aberto o pasado mes de febreiro.Na reunión, celebrada na sede da Deputación pontevedresa, abordáronse as solicitudes presentadas conxuntamente a fondos europeos para a execución de proxectos nos ámbitos da eficiencia enerxética e de envellecemento saudable, ademais de explorar novas vías de colaboración co obxectivo de vertebrar o territorio transfronteirizo de ámbalas dúas provincias, tanto na marxe do río Miño coma da Raia Seca. Entre outros temas tamén se tratou a posib...
date_range 17/07/2025
marta1.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou hoxe no acto de toma de posesión da nova presidenta da Audiencia Provincial de Ourense, María del Carmen Blanco Arce. Marta Nóvoa deu os parabéns á que é a primeira muller en presidir o Alto Órgano Xudicial Provincial, un futo na xudicatura ourensá. A maxistrada amosou o seu desexo de seguir traballando con rigurosidade, independencia e sentido institucional.
date_range 17/07/2025
weblaias.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

O balneario de Laia acolle os primeiros 30 usuarios do programa piloto de terapia termal como terapia para a osteoartrite de xeonllo, liderado pola Deputación de Ourense, a través da súa Área de Benestar, en colaboración coa Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago de Compostela (USC) .Por este motivo, celebrouse unha xornada técnica nas instalacións termais. Entre os participantes estiveron José Juan Cerdeira, director da Área de Benestar da Deputación; Cristina Montalvá, directora xeral de Igualdade e Políticas Locais da FEMP (Ministerio Federal de Igualdade e Políticas Locais); e Javier Calvo, alcalde de Vega de Tirados (Salamanca), localidade que acollerá a próxima reunión anual da Sección de Vilas Termais.Durante a visita, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira ...
date_range 16/07/2025
webbalance.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, cualificou os dous anos transcorridos de Goberno provincial como “o mandato dos fitos históricos”, por contía dos orzamentos, financiación directa aos concellos, récord en fondos europeos, nova política social ou pola innovación nos programas de termalismo, entre outros aspectos destacados. Luis Menor, acompañado polos membros do seu equipo de goberno, celebrou o segundo aniversario do mandato na Deputación nun escenario con mensaxe incluído: o mosteiro de Santo Estevo de Ribas, “unha meditada elección para expresar a nosa absoluta confianza no éxito da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco”. O primeiro dos fitos históricos aos que se referiu o presidente provincial xira en torno ao financiamento, xa que neste 2025...
date_range 15/07/2025
webxuntag.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, nunha densa reunión con 22 asuntos na orde do día, aprobou a concesión de preto de 528.000 euros en axudas a entidades, cunha especial atención a colectivos sociais e empresariais.Así, o Goberno provincial concedeu 161.000 euros para o financiamento de actividades e gastos de funcionamento de seis organizacións de carácter social: a Fundación de Discapacitados de Ourense, con 15.000 €; Aixiña, 50.000; Autismo Ourense, 40.000; a Fundación Monte do Gozo para Proxecto Home Galicia, 25.000; a Fundación de Discapacitados de Verín, 21.000; e á entidade Special Olympics Galicia, 10.000.No ámbito empresarial destaca a colaboración da Deputación de Ourense coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) para o programa “ExportOU Internacionalización”, ...
date_range 14/07/2025
webleonor.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu esta mañá en Santiago ao acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Princesa de Asturias, outorgado pola Xunta de Galicia a doña Leonor de Borbón y Ortiz para recoñecer “a súa presencia en Galicia, así como a súa pegada e a relación que a Casa Real ten coa comunidade”.O acto celebrouse dous días antes da entrega de despachos na Escola Naval de Marín, onde remata a Alteza Real a súa formación. A Medalla de Ouro de Galicia é a máxima distinción que se outorga na comunidade autónoma. O resto de medallas entregaranse, como vén sendo habitual, nun acto o próximo 24 de xullo.Dende o Executivo galego sinalan que con este galardón á Princesa de Asturias tamén se pretende transmitir dende Galicia "o cariño sincero que a maioría de galegos ten tanto ...
date_range 14/07/2025
logo-do.png

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Outras

Exposición de motivos:En relación a la moción que presenta el PSOE, ya debatida el pasado día cuatro en el pleno del Concello, sobre la necesidad de ejecutar una instalación deportiva en el área urbana de la ciudad. El Concejal de Deportes, encargado de defender nuestra propuesta, reiteró esta necesidad señalada en la moción. Pero yendo más allá de un brindis al sol, propuso una posible ubicación, que estaría en terrenos donde todas las administraciones municipales y supramunicipales estarían representadas a través de una Fundación. Antes de volver a exponer el tipo de instalación del que estaríamos hablando y que disciplinas abarcaría, nos gustaría poner de manifiesto las ventajas de esta ubicación a nivel provincial:ÁREA DE INFLUENCIA GEOGRÁFICA. Una instalación de este tipo mejoraría el...
date_range 16/07/2025
Cargando...

Cargando...