Buscar
carracedoweb.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 14 de maio de 2025.A Deputación de Ourense entregou hoxe o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que na súa trixésimo cuarta edición acordou conceder o galardón honorífico á traxectoria profesional á xornalista ourensá Fernanda Tabarés Domínguez, “como figura indispensable do xornalismo galego contemporáneo” e por visualizar o “papel fundamental das mulleres na comunicación”. O fallo outorgou o premio a mellor traballo xornalístico, dotado con 4.000 euros, ao xornalista ourensán Alfonso Cid, polo seu traballo sobre a historia das mulleres que axudaron a máis de 200 crianzas no Casco Vello. A reporteira Úrsula Lorenzo e o cámara Andrés Vilela, de Antena 3, recolleron o accésit de 1.000 euros por unha peza sobre as enfermeiras rurais.O presidente provincial, Luis Menor, desta...
date_range 14/05/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz abre o prazo para inscribirse no programa “Concilia Verán 2025”, que ofrece apoio ás familias para facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar durante o verán. O prazo de presentación de solicitudes é do 13 ao 23 de maio, e as solicitudes poden ser tramitadas a través dos Servizos Sociais Comunitarios, no Fogar dos Maiores, situado na rúa A Barreira, 3. Para obter máis información ou resolver dúbidas, as familias interesadas poden contactar ao teléfono 988 55 40 59 ou enviar un correo electrónico ao fogardosmaiores@allariz.gal. Tamén poden consultar toda a información a través da web oficial do Concello de Allariz no seguinte enlace: https://www.allariz.gal/administracion/concilia-veran/. A iniciativa ofrece actividades lúdicas e ao aire libre para nenos ...
date_range 12/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. JÁcome, fai un balance moi positivo da festividade dos Maios e sinala que “foron sen dúbida os mellores da historia tanto pola excepcional calidade artística dos maios que se presentaron ao concurso, como polo alto seguimento e participación cidadá durante toda a xornada”. Este primeiro domingo de maio, a cidade de Ourense entregouse a unha festa que supón a exaltación da primavera e que xa un referente en toda Galicia. Con 61 maios participantes, a festa atraeu veciños e visitantes a contemplar as figuras que se concentraron na Praza Maior e na Praza de Santa Eufemia a escoitar e ler as coplas que un ano máis amosaron o seu enxeño e a súa capacidade satírica. Destacar tamén o concerto final de Xabier Díaz acompañado das Adufeiras de Salitre que xa entrada ...
date_range 04/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O día 12 de maio de 2025, á 9.00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Verán 2025 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.As actividades lúdico-educativas están orientadas cara á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente. Tamén haberá reforzo educativo.O horario será de luns a venres de 8.00 h a 14.30 h durante os meses de xullo e agosto, (e a maiores a última semana de xuño e a 1ª de setembro na Aula da Natureza), nos seguintes espazos:CEIP O COUTO na unidade de SÁS : nados/as entre 2013 e 2020. (5º EI a 6º EP cursados)*CEIP MANUEL LUIS ACUÑA: nados/as entre 2013 e 2020. (5º EI a 6º EP cursados)*CEIP VISTAHERMOSA: nados/...
date_range 04/05/2025
Cargando...

Cargando...