Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello de Ourense presenta unha nova colección de plantas carnívoras e crasas, no invernadoiro do Parque Botánico de Montealegre. A colección, promovida pola sección de Parques e Xardíns do Concello, é unica na comunidade autónoma de Galicia e recolle especies chegadas de catro dos cinco continentes.
date_range 04/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Concellería de Educación do Concello de Ourense desenvolve a actividade Pasea pola túa cidade, na que participan un total de 751 escolares de Educación Infantil de 16 centros educativos. Esta proposta busca fomentar na cativada o coñecemento, o respecto e a valoración da súa contorna máis próxima e espertar o seu interese polas principais manifestacións culturais e artísticas da cidade.Nenas e nenos realizan un percorrido polo centro histórico, guiados polo boneco Martiño, que lles conta a historia de Ourense a través de contos, con paradas en lugares senlleiros como a praza maior ou As Burgas, entre outros.A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu ao desenvolvemento desta actividade, que forma parte do programa municipal Coñece a túa cidade.
date_range 04/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Desde hai días estase a circular polas redes sociais un suposto anuncio de "Transporte Público de Ourense" no que se anuncia "Transporte gratuíto para os residentes de Ourense e arredores". Trátase dun anuncio falso e dun intento de estafa. Aconsellamos non premer na ligazón nin na nova para non caer nas mans dos ciberdelincuentes. Lembrámosche que este tipo de anuncios, de seren certos, serán comunicados polo Concello de Ourense a través das súas contas oficiais.
date_range 04/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

As Festas de Ourense 2025 incluirán por primeira vez unha tirada de fogos artificiais desde a Ponte do Milenio. Será nunha dobre sesión, que se desenvolverá na noite do domingo, 22 de xuño, desde as 23.59 horas. O goberno municipal ultima os preparativos desta tradicional cita das festas da cidade, que este ano terá como novidade a elección da Ponte do Milenio, que lle dará unha maior vistosidade ao espectáculo ademais de permitir que o público dispoña dunha zona de visionado máis ampla. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Juncal, avanza que: “este ano os fogos artificiais serán especiais porque haberá dobre sesión e porque por primeira vez na historia lanzaranse desde a Ponte do Milenio. A vistosidade será moitísimo maior, xa que se aumentan as zonas de visionado para o público. Ademais, ...
date_range 02/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e representantes de todos os grupos municipais mantiveron esta mañá unha xuntanza co delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, e técnicos das dúas administracións para tratar a situación das pozas do Muiño da Veiga.O Concello de Ourense recibiu a semana pasada unha comunicación da Xunta de Galicia que o requiría a prohibir o baño de xeito permanente ou recomendar á xente que non se bañe nelas. Argumentaba a Xunta que o espazo non reúne as condicións para ser considerado zona de baño nin ten autorización para uso como espazo termal no marco da Lei 8/2019 de regulación do aproveitamento médico das augas termais de Galicia.Malia a solicitude realizada desde o Concello, a Xunta de Galicia manifestou que non ten intención de levar a cabo ...
date_range 02/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

Unha manifestación ocasionará o xoves, día 5 de xuño, cortes puntuais de tráfico en varias rías do centro da cidade incluídas no seu percorrido. A marcha sairá ás 7 da tarde da Avenida da Habana, xunto ao edificio administrativo da Xunta de Galicia, e avanzará por Curros Enríquez, Parque San Lázaro, Paseo e Lamas Carvajal ata rematar na Praza Maior. As rías incluídas no itinerario pecharanse de forma puntual para que a marcha se poida realizar dentro das marxes de seguridade esixidos. A medida que avance a marcha, as rías iranse reabrindo progresivamente ao tráfico. A manifestación tamén ocasionará retencións nos percorridos das liñas do servizo municipal de autobuses urbanos que pasan por estas rías.
date_range 03/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

Listaxe provisional de admitidos/as: LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS CONCILIA VERÁN 2025(Non aparecerá relación de datos persoais, cada solicitude identificarase/ figurará co número de rexistro de entrada de dita solicitude).Listaxe definitivo de admitidos e admitidas publicarase na páxina web do Concello de Allariz www.allariz.gal o día 6 de Xuño.¿
date_range 02/06/2025

Nova

Ámbito Arnoia, A

|

Tema Outras

O noso Concello, como ven sendo habitual, vai organizar unhas “minivacaciáns” para todos os veciños, que podan, disfruten duns días de lecer.11 de XULLO de 2025: ARNOIA – TOLEDO• Saída pola tarde de Arnoia para chegar a Toledo.• Hotel no centro histórico.• Cea e aloxamento no hotel.12 de XULLO de 2025: TOLEDO – PUY DU FOU• Almorzo no hotel.• Breve visita guiada á cidade de Toledo.• Sobre as 13:00h traslado a Puy du Fou, parque temático único, no que faremos unha viaxe a travás dos séculos grandes espectáculos, poboados históricos, natureza e artesanía.• 14:00h. Xantar no parque.• 16:00h. Visita ao parque e asistencia ao espectáculo “Sueño de Toledo”.• 21:00h. Cea no propio parque e regreso ao hotel.13 de XULLO de 2025: TOLEDO – ÁVILA – ARNOIA• Almorzo e saída do hotel dirección Ávila.• En ...
date_range 11/03/2025

Nova

Ámbito Arnoia, A

|

Tema Outras

A Tesourería da Mancomunidades de Concellos do Ribeiro comunícanos o cobro dos recibos das seguintes exaccións correspondentes ao ano 2025:- Impostos sobre vehículos de tracción mecánica.- Taxa sobre recollida do lixo.Os contribuíntes recibirán o recibo-resgardo de aboamento na súa casa.Periodo de pagamento: 24 de marzo – 26 de maio.Onde debe realizarse o pagamento? ABANCA (en días hábiles).Horario: no que estableza a entidade.De non realizarse o pago, procederase ao seu cobramento pola vía executiva, co 20% de recarga de prema e intereses de demora, ademais das custas que se produzan.En caso de non recibir o recibo-resgardo, poderán achegarse ata as oficinas do servizo de recadación da Mancomunidade I.V. do Ribeiro a retiralo.O feito de non telo recibido NON exime da obriga de efectuar o ...
date_range 04/03/2025
Cargando...

Cargando...