Buscar
webplenomesxullo.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Administración Pública

O Pleno da Deputación de Ourense acordou hoxe por unanimidade impulsar a colaboración entre administracións para promover un novo pavillón deportivo multiusos na comarca de Ourense, conscientes de que hai deportes aos que “sería necesario buscarlle novos espazos para a súa práctica”, sinala o texto da moción conxunta aprobada na sesión desta mañá, correspondente ao mes de xullo.O conxunto dos grupos políticos na Corporación -PP, PSOE, BNG e DO- puxeron de manifesto a “crecente demanda de novas infraestruturas deportivas que respondan ás necesidades da poboación e á evolución da práctica deportiva”. Así, a proposta insta ao Concello de Ourense a que asuma a coordinación entre administracións para promover unha mesa na que participen a Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Ourense p...
date_range 24/07/2025
webfolclore.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

As Xornadas de Folclore volven un ano máis á provincia co seu 40 aniversario. Trátase dun dos eventos máis esperados do verán cultural ourensán, que nesta edición contará coa participación de seis agrupacións folclóricas procedentes de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia, que suman 187 artistas que actuarán por toda a provincia entre o 11 e o 21 de agosto.O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; a directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Ourense, Sandra Quintas; e o director das xornadas, Julio Fernández Senra, explicaron esta mañá no Pazo Provincial os detalles dun evento que se celebra en Ourense desde o ano 1984.César Fernández destacou na súa intervención a importante resposta do público, cunha media aproximada...
date_range 23/07/2025
webparquemobil.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Infraestruturas (Vías e Obras)

A Deputación de Ourense incrementa e renova o seu parque móbil coa incorporación de cinco novos vehículos, en concreto tres furgonetas e dous todo terreo, adaptados cadanseu con elementos específicos cos que poder ofrecer solucións eficientes nos diferentes servizos aos que serán destinados. O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo responsable do parque de maquinaria, José Fírvida, coñeceu os detalles desta nova maquinaria. “Son equipos modernos e útiles que nos van permitir seguir mellorando en servizos como medio rural, infraestruturas e o propio parque da maquinaria”, valorou Menor.O organismo provincial realizou un investimento de máis de 263.000 euros para a compra destes cinco vehículos. “Con estas incorporacións damos unha resposta máis eficaz e acorde coas necesidades q...
date_range 22/07/2025
webxunta.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Administración Pública

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense acordou hoxe mobilizar máis de 1,5 millóns de euros que se distribuirán entre a posta en marcha dunha nova edición do programa EmprendOU en Feminino, o reforzo do apoio aos clubs deportivos, un novo plan de cartografía para rueiros municipais e a cooperación cos concellos e as entidades sociais.Polo que respecta ao programa EmprendOU en Feminino, este novo plan “dá continuidade á nosa vontade de apoiar a actividade económica creada por novas empresarias, especialmente no ámbito rural”, destacou o presidente provincial, Luis Menor, na comparecencia posterior á reunión ante os medios de comunicación.Esta nova edición tratará de impulsar o asociacionismo empresarial feminino, a transformación dixital das súas iniciativas económicas e a súa formación...
date_range 21/07/2025
webcertame1.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 21 de xullo de 2025.O XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas converterá a Manzaneda na capital mundial da música tradicional galega os días 26 e 27 de xullo, reunindo a máis de 300 músicos de toda Galicia. O programa do certame foi presentado esta mañá no Pazo Provincial polo vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández; o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández; e o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo.César Fernández definiu o certame como “un dos grandes eventos culturais e de dinamización territorial” da provincia, poñendo en valor a “aposta decidida” da Deputación de Ourense pola cultura como eixo estratéxico deste mandato. Ademais, destacou a “posta en valor” da Estación de Montaña de Manzaneda ao acoller este evento, converténdose ...
date_range 21/07/2025
20250718_reunion_segittur.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Turismo

Ourense, 18 de xullo de 2025.A Deputación de Ourense liderará a nivel nacional o desenvolvemento de modelos de Destino Turístico Intelixente nos ámbitos do termalismo e do enoturismo, como recoñecemento ao potencial termal da provincia e da forte pegada que a viticultura ten no territorio con catro denominacións de orixe. Un traballo que se enmarca no proxecto “Ourense, preto de ti”, que conta cunha subvención de máis de 1,3 millóns de euros, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado polos fondos Next Generation, sendo a Deputación ourensá a única administración provincial de Galicia en obter esta achega para fomentar o turismo intelixente.A encarga á institución provincial abordouse esta mañá na reunión que mantiveron no Pazo Provincial a vicepresidenta prime...
date_range 18/07/2025
whatsapp-image-2025-07-18-at-13.00.54.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Administración Pública

A Deputación de Ourense atenderá o 100 % das solicitudes presentadas para acceder á nova liña de axudas de adaptación funcional de vivendas de persoas maiores de 65 anos. Son 55 as subvencións concedidas en 35 concellos da provincia por un importe próximo a 100.000 euros, cantidade total prevista para estas achegas.A maior parte das solicitudes foron presentadas desde os servizos sociais municipais, aos que se lle presentou o programa nunha xornada técnica desenvolvida no Pazo de Guizamonde no pasado mes de maio. Os concellos de residencia dos beneficiarios son Amoeiro, Bande, Barco de Valdeorras O, Blancos Os, Castrelo de Miño, Cenlle, Cualedro, Entrimo, Esgos, Gudiña A, Lobeira, Lobios, Manzaneda, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar O, Petín,...
date_range 18/07/2025
weblago.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

O deputado delegado de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, José María Lago, e o deputado de Fondos Europeos da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, mantiveron esta mañá un encontro de traballo para valorar as liñas de colaboración que manteñen ambas institucións provinciais, no marco do compromiso de cooperación aberto o pasado mes de febreiro.Na reunión, celebrada na sede da Deputación pontevedresa, abordáronse as solicitudes presentadas conxuntamente a fondos europeos para a execución de proxectos nos ámbitos da eficiencia enerxética e de envellecemento saudable, ademais de explorar novas vías de colaboración co obxectivo de vertebrar o territorio transfronteirizo de ámbalas dúas provincias, tanto na marxe do río Miño coma da Raia Seca. Entre outros temas tamén se tratou a posib...
date_range 17/07/2025
marta1.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou hoxe no acto de toma de posesión da nova presidenta da Audiencia Provincial de Ourense, María del Carmen Blanco Arce. Marta Nóvoa deu os parabéns á que é a primeira muller en presidir o Alto Órgano Xudicial Provincial, un futo na xudicatura ourensá. A maxistrada amosou o seu desexo de seguir traballando con rigurosidade, independencia e sentido institucional.
date_range 17/07/2025
weblaias.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

O balneario de Laia acolle os primeiros 30 usuarios do programa piloto de terapia termal como terapia para a osteoartrite de xeonllo, liderado pola Deputación de Ourense, a través da súa Área de Benestar, en colaboración coa Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago de Compostela (USC) .Por este motivo, celebrouse unha xornada técnica nas instalacións termais. Entre os participantes estiveron José Juan Cerdeira, director da Área de Benestar da Deputación; Cristina Montalvá, directora xeral de Igualdade e Políticas Locais da FEMP (Ministerio Federal de Igualdade e Políticas Locais); e Javier Calvo, alcalde de Vega de Tirados (Salamanca), localidade que acollerá a próxima reunión anual da Sección de Vilas Termais.Durante a visita, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira ...
date_range 16/07/2025
Cargando...

Cargando...