Buscar
250606_ivanpacios_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 6 de xuño de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu Pazo Provincial a Iván Pacios, o novo escalador ourensán que representará a España na selección sub-17 na modalidade de escalada de velocidade nas probas que se disputarán en Europa.Luis Menor felicitou ao deportista pola clasificación conseguida o pasado 10 de maio na cidade de Cáceres, que lle permitirá vestir as cores da selección española. O presidente provincial puxo en valor a “entrega e sacrificio” co que adestra Pacios, o que lle permitiu cumprir o soño de representar ao seu país e que supón “un orgullo para todos os ourensáns”. Ademais, reivindicou ao escalador como “un exemplo a seguir para todos os rapaces que están a practicar esta disciplina”.Iván Pacios formou parte da primeira promoción da ...
date_range 06/06/2025
250507_mulleresrurais_arnuide_web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Outras

Ourense, 6 xuño de 2025.A Área de Igualdade da Deputación Provincial, continuando co programa “8M, mes a mes”, pretende destacar a importancia do asociacionismo entre mulleres, especialmente, nas zonas rurais. Por iso, adícalle o mes de xuño á asociación de “Mulleres rurais de Arnuide”, de Vilar de Barrio, baixo o lema: “Mulleres que falan, legados que viven”.A deputada de Igualdade, Teresa Barge, adicoulles unhas palabras a este grupo: “No corazón da nosa terra, alí onde a memoria se garda nas corredoiras e nos muros centenarios, erguédesvos vós, mulleres valentes do rural. Sodes o latexo vivo que se nega a deixar morrer o noso legado, a forza silenciosa que, pedra a pedra, devolve a alma ao noso patrimonio.” Ademáis, asistiu a última “Xornada dos nosos maiores de Arnuide” e comprobou in ...
date_range 06/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense colabora un ano máis no Rallye de Ourense Recalvi, que se desenvolverá desde o día 12 ao 14 de xuño. O tenente de alcalde, Aníbal Pereira, participou esta mañá no acto de presentación desta edición, número 58 da tradicional competición deportiva, cunha distancia total de 494,18 km de percorrido, 14 tramos cronometrados e 2 etapas que volverán encher as estradas de Ourense de espectáculo e paixón por este deporte.
date_range 03/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 24 expedientes na súa sesión ordinaria desta semana, que se levará a cabo mañá, xoves, 5 de xuño, no salón de plenos. Licenzas (8) Proxectos de construción dunha vivenda unifamiliar no Camiño Arrieiros, de execución dunha edificación anexa a unha unifamiliar en Paradela, destinada a almacén, garaxe e maquinaria agrícola, e de instalación dun ascensor nun edificio na Avenida de Bos Aires. Legalización de uso residencial para vivendas nun edificio da rúa Mercado. Expedientes de declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación de 3 parcelas, nas rúas da Cruz, do Campo e Montederramo, e dun local na planta baixa dun edificio na rúa Bonhome. Aperturas (1) Solicitude de licenza de obra menor nun local na rúa da Paz. Patr...
date_range 03/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense concentrará departamentos municipais burocráticos nas instalacións de La Molinera, coa finalidade de dar uso a este espazo, concentrar nel procesos e servizos, eliminar redundancias e evitar 'reinos de taifas'. As avanzou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen adiantou que o traslado de servizos a este emprazamento desenvolverase durante o período estival, comezando no mes de xullo. Nas instalacións de La Molinera, acondicionadas hai 10 anos, traballan actualmente 7 enxeñeiros de programación que, entre outras funcións, están a crear aplicacións para o Concello, a través dun programa provisional. O alcalde adiantou que La Molinera acollerá a maior parte (non toda) de diferentes servizos municipais como os de Educación, Termalismo, Persoal, Festexos, Servizos ...
date_range 30/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Concellería de Educación do Concello de Ourense achega mocidade a práctica do breaking, a travás dun ciclo de masterclasses nos centros educativos desta modalidade de baile urbano, que fomenta valores como o compañeirismo, o esforzo, a creatividade e a expresión, entre outros. Este estilo de baile é tamén deporte olímpico desde os Xogos de París 2024.A actividade inclúe a visita de referentes do breaking na cidade a 10 centros educativos, onde desenvolven as masterclasses e obradoiros dirixidos a estudantado de Secundaria. Tamén se levan a cabo charlas educativas e entrega de material promocional.O Concello fomentará esta actividade tamén cun campionato internacional que se desenvolverá na cidade coincidindo coas Festas de Ourense.
date_range 29/05/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jâcome, recibiu no salón de plenos a nova directiva da Agrupación de Asociaciáns Veciñais Miño, formada por Xosé Ramón Piñeiro González, presidente, Manuela Padín, Ricardo Vázquez, José Luis Castro e María del Carmen Montero. O rexedor escoitou as principais inquedanzas do colectivo, e destacou a “gran disposición de diálogo e non confrontación” que amosa a directiva da agrupación ourensá. Rexedor e representantes da agrupación trataron na xuntanza temas como o servizo de autobuses, as subvencións ou os cursos de formación, entre outros. Pola súa parte, o presidente Xosé Ramón Piñeiro, elixido tras as eleccións do pasado día 8 de maio, expresou a súa vontade de colaboración e diálogo permanente co Concello. “Pola nosa parte non vai quedar. Nós: diálogo, ...
date_range 28/05/2025
Cargando...

Cargando...