Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense súmase á campaña "Panos brancos contra a droga 2025". A concelleira de Saúde, Noa Rouco, deu lectura ao manifesto aprobado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en apoio a esta iniciativa, nun acto que se desenvolveu no salón de plenos, coa participación de todos os grupos políticos con representación municipal. A campaña, que desenvolve en estreita colaboración de múltiples colectivos sociais, entidades e institucións, ten como propósito conmemorar de forma especial o 26 de xuño, Día internacional contra o uso indebido e o trÃ&iex...
date_range 26/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou unha sentenza na que declara a nulidade parcial da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense que anulou o cesamento do interventor municipal. Na resolución, que recibiu esta mañá o Concello, o Tribunal Superior acorda "declarar a nulidade parcial da sentenza de instancia e deixar sen efecto o pronunciamento relativo á nulidade do expediente de cesamento, así como o cese de Alonso Álvarez, así como a condena á súa inmediata reposición". A este respecto, indica a resolución nos seus fundamentos de dereito que "a sentenza de instancia incorre neste extremo nunha incongruencia". Porén, a resolución do TSXG eleva a indemnización por danos morais a favor do denunciante, con condena solidaria dos dous co-demandados (o alcalde e o Co...
date_range 30/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense lembra que os descontos actualmente vixentes nos autobuses urbanos seguirán en vigor ata fin de ano. A Xunta de Goberno Local do día 20 de marzo, acordou prorrogar desde o día 1 de xullo ata o 31 de decembro os descontos actuais, que están co-financiados polo Concello e o Ministerio de Transportes. Ademais, desde o vindeiro martes, día 1 de xullo, ata o 31 de decembro, as viaxes no servizo de autobuses serán gratuítas para a poboación infantil, ata os 14 anos de idade. Nenas e nenos só terán que presentarlle o seu DNI ao persoal de condución para viaxar de balde. O prezo por viaxe coa Tarxeta Milenio ordinaria manterase, así, en 0,31 euros (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 50%) e o da viaxe coa tarxeta milenio para estudantes en 0,21 euros (cunha porcent...
date_range 27/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha o programa de actividades “Concilia Verán 2025”, que ten como obxectivo axudar á conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares. A proposta amplía este ano en 375 o seu número de prazas, para chegar a máis de 2.100 participantes. Todas as actividades, de marcado contido lúdico-educativo, van dirixidas a nenos e nenas de 4º de Educación infantil a 4º curso de ESO e desenvólvense en distintos espazos da cidade para facilitar os desprazamentos. O luns comezaron 2 novas propostas que se incorporaron este ano á programación. Por unha banda, no Centro Cívico Colón lévase a cabo o Campamento dixital - Cibervoluntarios e, na Escola Municipal de Música e Teatro, o campamento de Iniciación ao Teatro. Tamén está en marcha...
date_range 01/07/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará un total de 23 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 3 de xullo, no salón de plenos. Entre eles, a aprobación definitiva da modificación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, para adaptalo á Lei 7/2021, do Cambio Climático e a Transición Enerxética. A modificación consiste na adición dun novo apartado que recolle a proposta relativa ás zonas de baixas emisións.Licenzas (9)- Proxecto básico e de execución para a instalación dun elevador na rúa Río Tâmega- Proxecto de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Pisón- Proxecto básico e de execución para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Serra Martiña- Solicitude de licenza urbanística de segregación de trasteiro dunha viv...
date_range 01/07/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía o expediente para adxudicar a concesión para a explotación da cafetería do Xardín Xaponés, popularmente coñecida como 'La Pajarera', por un prazo de 5 anos e por un canon anual (prezo de partida) de 51.272,44 euros, IVE engadido. Tamén aprobou a apertura do procedemento de adxudicación, polos trámites de procedemento aberto. Na súa reunión ordinaria desta semana, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén outros 23 acordos.
date_range 25/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación do I Open de tenis masculino Cidade de Ourense, clasificatorio para o campionato de España absoluto, na categoría 1.000. O Concello colabora neste torneo, que organiza a Federación Galega de Tenis, co apoio de diferentes institucións e empresas, e se desenvolve o domingo, 29 de xuño no Club Santo Domingo, con entrada libre e gratuíta. No acto de presentación participaron o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, o deputado provincial Jorge Pumar, o asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, o xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez González, a directora territorial da Consellería de Presidencia, Beatriz Fernández, o presidente da Federación Galega de Tenis, José Mo...
date_range 25/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Rotary Club de Ourense fáxolle entrega esta mañá a Protección Civil de Ourense dun desfibrilador con soporte respiratorio, nun acto no que participaron o coordinador de Protección Civil de Ourense, Juan Carlos González Villanueva, e o presidente, Javier Dopereiro e a maceiro/ mestre de cerimonias e delegada de Xuventude do Rotary Club de Ourense, Tere Peña. O desfibrilador supón unha importante achega para a entidade ourensá: “Pode salvar vidas”, manifestou González Villanueva, quen destacou que axudará a que o traballo da agrupación sexa máis completo e integrado, e contribuirá ao obxectivo de que a todos os eventos multitudinarios sexan cardioprotexidos.
date_range 24/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

O Concello de Ourense lembra que os descontos actualmente vixentes nos autobuses urbanos seguirán en vigor ata fin de ano. A Xunta de Goberno Local do día 20 de marzo, acordou prorrogar desde o día 1 de xullo ata o 31 de decembro os descontos actuais, que están co-financiados polo Concello e o Ministerio de Transportes. Ademais, desde o vindeiro martes, día 1 de xullo, ata o 31 de decembro, as viaxes no servizo de autobuses serán gratuítas para a poboación infantil, ata os 14 anos de idade. Nenas e nenos só terán que presentarlle o seu DNI ao persoal de conducción para viaxar de balde. O prezo por viaxe coa Tarxeta Milenio ordinaria manterase, así, en 0,31 euros (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 50%) e o da viaxe coa tarxeta milenio para estudantes en 0,21 euros (cunha porcen...
date_range 27/06/2025

Nova

Ámbito Ourense

|

Tema Outras

A carreira Oira – San Tomé do circuito popular Correndo por Ourense ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade pasado mañá, domingo, 29 de xuño, pola mañá. A actividade, que organiza o Consello Municipal de Deportes, comezará ás 10.00 horas, con saída desde Oira e percorrido pola pasarela de Oira, a pasarela do río Loña, Parque Loña, Ponte da Loña, estrada de Mende, IES de Mende, Verea Vella, Santomé e regreso a Oira polo mesmo itinerario. O dispositivo de tráfico afectará de forma importante á circulación desde as 10.00h. Os principais cortes de tráfico serán na rúa de Mende desde a rúa dos Laranxos ata Alfonso Rodriguez Castelao, e na rúa de Santomé ata o cruzamento coa estrada a Pereira (Castro de Santomé). Tamén a causa desta carreira, entre as 10 e as 12.30 h, os autobuses u...
date_range 26/06/2025
Cargando...

Cargando...