Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar
250531_congreso_sgxx_web.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 31 de maio de 2025.O presidente provincial, Luis Menor, Visitou hoxe o XXXV Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía que se está desenvolver esta fin de semana en Ourense baixo o lema “Envellecemento, saúde e calidade de vida”. Precisamente, Menor sinalou que o lema escollido entronca coas políticas desenvolvidas pola Deputación en materia de benestar social, calificándoas como "referentes en envellecemento activo e saudable”. Precisamente, o presidente provincial explicou ante os participantes neste cónclave internacional as medidas que ten implementadas a institución provincial para o coidado e atención integral das persoas maiores, con novidades constantes como o programa experimental de termalismo contra a deterioración cognitiva leve, que comezará a vindeira semana....
date_range 31/05/2025
dcl-cuadrado.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 31 de maio de 2025.A Deputación de Ourense pon en marcha un programa experimental de Termalismo contra a deterioración cognitiva leve (DCL), coa fin de afondar na detección temperá de enfermidades neurodexenerativas e na xeración de hábitos saudables como a actividade física de mantemento. Este programa é froito da colaboración pública da institución provincial co terceiro sector, -a través da Asociación Afaor-, e basearase no desenvolvemento de talleres de estimulación cognitiva combinados con actividade física de prevención e mantemento na auga mineromedicinal termal das piscinas dos balnearios.A primeira actuación do programa experimental iniciarase o próximo 9 de xuño no Balneario OCA Vila de Allariz e o prazo para solicitar praza comeza este luns, 2 de xuño.O prezo subvencio...
date_range 31/05/2025
1.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 30 de maio de 2025.O presidente provincial, Luis Menor, destacou a educación como “éxito estratéxico” da Deputación de Ourense durante o X Encontro Hispano-Luso de Docentes, organizado polo sindicato Anpe, e celebrado no IES Otero Pedrayo.Profesionais de España e Portugal compartiron experiencias en torno a lusofonía nos centros educativos, desafíos do sistema educativo ou retos da era dixital.Por outra banda, Menor puxo en valor este Encontro Hispano-Luso como unha “oportunidade única” para que os asistentes coñezan a provincia de Ourense e desfruten de atractivos como o termalismo, a gastronomía ou o patrimonio.
date_range 30/05/2025
foto-pleno-deputacion-maio-2025-2-copia.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 30 de maio de 2025.Os catro grupos políticos con representación na Corporación provincial de Ourense (PP, PSOE, BNG e Democracia Ourensana) aprobaron hoxe en pleno por unanimidade unha reclamación dirixida ao Goberno central e Renfe para que rectifiquen as “inxustas decisións” que están a supoñer un “desprezo aos habitantes do interior de Galicia”, en tanto que o Ministerio de Transportes ten previsto adoptar a partir do 9 de xuño unha serie de medidas que afectarán aos usuarios do ferrocarril na estación da Gudiña-Porta de Galicia.Con esta iniciativa, todos os grupos denuncian a eliminación de paradas do AVE na citada estación, a carencia de descontos nos billetes como si teñen outras terminais ou, como reclamación ante ADIF, que se solucionen as carencias de accesibilidade a est...
date_range 30/05/2025
Cargando...

Cargando...