Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Axenda

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Outras

O presidente provincial, Luis Menor, asiste aos actos litúrxicos de solemnidade do Corpus (misa na Catedral e procesión hasta a praza de San Martiño).
date_range 22/06/2025
img_9486.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

A Deputación de Ourense, entidade responsable da xestión da área recreativa do encoro de Cachamuíña avanza nas obras de mellora deste espazo natural cunha nova pasarela peonil. Os traballos encaran a recta final, xa que só queda pendente o traslado da estrutura metálica prefabricada. A pasarela facilitará a accesibilidade en camiños naturais con tránsito de peóns e bicicletas, suprimindo barreiras arquitectónicas.Estas melloras súmanse a habilitación dun novo tramo do sendeiro no encoro, constituíndo un novo atractivo de esparexemento moi empregado polos veciños da cidade e da área metropolitana.As obras da nova pasarela tamén teñen como obxecto a mellora do aspecto estético do lugar e a diminución dos custes de mantemento da antiga pasarela, debido ao seu estado de deterioro.Accións compl...
date_range 21/06/2025
img_9485.jpeg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O Centro Cultural Marcos Valcárcel albergou esta tarde o evento “Nena e Deporte. De nenas a referentes ourensás”, no que foron protagonistas seis destacadas deportistas da provincia de Ourense: Pino Díaz, Zulema González, Vane Sotelo, Uxía Boimorto, Marta Míguez e Aroa Muñoz, invitadas como figuras destacadas do deporte feminino para que sirvan de exemplo ás vindeiras xeracións de deportistas.O presidente provincial, Luis Menor, agradeceu a estas seis “mulleres inspiradoras” a súa participación nun evento, dixo, pensado para animar a futuras deportistas de competicións de alto nivel e que leven o nome de Ourense polo mundo”.Ademais, Menor anunciou que este evento se enmarca noutras accións dentro da estratexia provincial de fomento da igualdade máis aló do 8M, así como do impulso á práctic...
date_range 21/06/2025
mostra-fernando-eiriz-no-pazo-provincial.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de xuño, 2025A Deputación de Ourense acolle unha nova exposición artística no corredor do segundo andar, co traballo máis recente e nunca visto ata agora do ourensán Fernando Eiriz, escollido desta volta para mostrar a súa obra no Pazo Provincial, na que supón a súa primeira exposición individual titulada “Renacer ou Revivir”.Fernando Eiríz (Ourense, 1982) é un deses artistas autodidactas que leva toda a súa vida rodeado de beleza e creatividade. Formado en restauración e ebanistería, a empresa familiar (enmarcado, restauración e montaxe de exposicións) foi a escola mellor que podía atopar.Cun intervalo de tempo en Madrid, o retorno a Ourense é o seu renacer creador, nunha busca intencionada da simplicidade, posiblemente o máis difícil nun artista. Admirador recoñecido do gran ...
date_range 20/06/2025
ourense-musical-2-web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de xuño de 2025.A Deputación de Ourense, a través da área de Cultura e co apoio da academia La Casa de la Música, organiza o evento “Ourense musical. Vive os sons de Ourense”, que se celebrará o próximo venres 27 de xuño, a partir das 19,00 horas, con entrada gratuíta nos arredores do centro comercial Ponte Vella. Marcos Vázquez, director da área de Cultura da Deputación, presentou hoxe a programación, acompañado por Fernando Calvo, de La Casa de la Música e Marcos Vila, xerente do centro comercial Ponte Vella, un dos colaboradores do evento.“Ourense musical. Vive os sons de Ourense” constitúe unha oportunidade para que os nosos mozos e mozas compartan música e fomenten a cultura, dándolles visibilidade, tal e como explican dende a área de Cultura.Marcos Vázquez destacou durant...
date_range 20/06/2025
recepcion-alcalde-esgos.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 20 de xuño de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao novo alcalde de Esgos, José Antonio Blanco, que tomou posesión no cargo este mes de xuño. A reunión serviu para abordar liñas de actuación e cooperación en materia de obras, deporte e servizos sociais.Menor destacou a aportación de 1,1 millóns de euros prevista no actual mandato para o concello de Esgos, cantidade que permitirá financiar melloras clave en vías municipais, a reforma do campo de fútbol de Rocas ou as axudas para rehabilitación de vivenda destinada a aluguer social.“Felicitamos e apoiamos a aposta do Goberno local polo aluguer social, tendo en conta a demanda intensa de vivenda e as posibilidades de que a poboación non só se asente, senón que aumente”, apuntou o presid...
date_range 20/06/2025
Cargando...

Cargando...