Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar
mostra-fernando-eiriz-no-pazo-provincial.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de xuño, 2025A Deputación de Ourense acolle unha nova exposición artística no corredor do segundo andar, co traballo máis recente e nunca visto ata agora do ourensán Fernando Eiriz, escollido desta volta para mostrar a súa obra no Pazo Provincial, na que supón a súa primeira exposición individual titulada “Renacer ou Revivir”.Fernando Eiríz (Ourense, 1982) é un deses artistas autodidactas que leva toda a súa vida rodeado de beleza e creatividade. Formado en restauración e ebanistería, a empresa familiar (enmarcado, restauración e montaxe de exposicións) foi a escola mellor que podía atopar.Cun intervalo de tempo en Madrid, o retorno a Ourense é o seu renacer creador, nunha busca intencionada da simplicidade, posiblemente o máis difícil nun artista. Admirador recoñecido do gran ...
date_range 20/06/2025
ourense-musical-2-web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de xuño de 2025.A Deputación de Ourense, a través da área de Cultura e co apoio da academia La Casa de la Música, organiza o evento “Ourense musical. Vive os sons de Ourense”, que se celebrará o próximo venres 27 de xuño, a partir das 19,00 horas, con entrada gratuíta nos arredores do centro comercial Ponte Vella. Marcos Vázquez, director da área de Cultura da Deputación, presentou hoxe a programación, acompañado por Fernando Calvo, de La Casa de la Música e Marcos Vila, xerente do centro comercial Ponte Vella, un dos colaboradores do evento.“Ourense musical. Vive os sons de Ourense” constitúe unha oportunidade para que os nosos mozos e mozas compartan música e fomenten a cultura, dándolles visibilidade, tal e como explican dende a área de Cultura.Marcos Vázquez destacou durant...
date_range 20/06/2025
recepcion-alcalde-esgos.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 20 de xuño de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao novo alcalde de Esgos, José Antonio Blanco, que tomou posesión no cargo este mes de xuño. A reunión serviu para abordar liñas de actuación e cooperación en materia de obras, deporte e servizos sociais.Menor destacou a aportación de 1,1 millóns de euros prevista no actual mandato para o concello de Esgos, cantidade que permitirá financiar melloras clave en vías municipais, a reforma do campo de fútbol de Rocas ou as axudas para rehabilitación de vivenda destinada a aluguer social.“Felicitamos e apoiamos a aposta do Goberno local polo aluguer social, tendo en conta a demanda intensa de vivenda e as posibilidades de que a poboación non só se asente, senón que aumente”, apuntou o presid...
date_range 20/06/2025
foto-parque-acuatico-monterrei-web.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 19 de xuño de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na visita previa á posta en marcha do Parque Acuático de Monterrei, que abrirá as súas portas mañá para todos os públicos. No percorrido participaron tamén o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; o director xeral para o Deporte da Xunta, Xosé Ramón Lete; o delegado da Xunta, Manuel Pardo; e o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez. Os técnicos explicaron o contido das catro fases do proxecto, das que a primeira foi a realizada e inaugurada o ano pasado coas áreas de baño e tobogáns. A terceira (tobogáns de alta adrenalina) e a cuarta (zona multiaventura) acaban de ser adxudicadas e executaranse nos vindeiros meses (que contarán coa financiación de 3,6 millóns por parte d...
date_range 19/06/2025
lamina_axudas-copia.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Asuntos Sociais (Benestar)

Ourense, 19 de xuño de 2025.O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a convocatoria para a consesión de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro que atenden a proxectos de carácter social, prazo que permanecerá aberto ata o 18 de xullo. Esta convocatoria conta cun orzamento de 350.000 euros, un 15% máis que no ano anterior. As solicitudes deberán presentarse a través da nova plataforma electrónica que dende este ano facilitará as relacións administrativas entre a Deputación de Ourense e o terceiro sector. A dirección da plataforma é https://soleell.depourense.esTras rematar o prazo de presentación, levarase a cabo a comprobación dos requisitos que deben cumprir as entidades de iniciativa social e realizarase a valoración das solicitudes conforme aos criterios recolli...
date_range 19/06/2025
Cargando...

Cargando...