Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Axenda

Ámbito Celanova

|

Tema Cultura e Deportes

O presidente provincial, Luis Menor, participa nos actos da romaría etnográfica Raigame. Ás 13.20h participará na entrega do Premio Adolfo Enríquez.
date_range 17/05/2025

Axenda

Ámbito Celanova

|

Tema Cultura e Deportes

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa no “Caldo de gloria”, con motivo da celebración do Día de Rosalía. Na Casa dos Poetas de Celanova.
date_range 21/02/2025
250220_reunion_solpor_web.JPG

Nova

Ámbito Celanova

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 20 de febreiro de 2025.O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial coa directiva do grupo folclórico Lembranza Solpor, dentro da rolda de contactos que está a desenvolver con diferentes colectivos e asociacións de toda a provincia.O encontro serviu para analizar polo miúdo o labor e as actividades que desenvolve este grupo, destacando Menor os seus 45 anos de historia “e que forma a máis de 80 persoas a través da súa escola de gaita”. Precisamente, tras coñecer as súas necesidades, o presidente provincial sinalou o compromiso da institución provincial de reforzar a axuda a este colectivo, dentro das posibilidades da Deputación, co obxectivo de que poidan continuar coas súas actividades.
date_range 20/02/2025
250219_raigame_web.jpg

Nova

Ámbito Celanova

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 19 de febreiro de 2025.A Romaría Etnográfica Raigame, festa de Interese Turístico de Galicia organizada pola Deputación de Ourense e o Concello de Celanova, ten aberto entre os días 19 de febreiro e 5 de marzo, o período de pre-inscrición para todos aqueles que desexen participar na edición de 2025 a celebrar o 17 de maio en Vilanova dos Infantes. Como nas precedentes edicións, a Romaría Etnográfica Raigame mantén o seu compromiso coa cultura tradicional galega, contribuíndo á conservación, divulgación e posta en valor da artesanía, a gastronomía, a música, canto e baile tradicionais, sendo dende 2002 un referente na celebración do día das Letras Galegas, tal como o acredita as máis de 5.000 persoas que cada a ano a visitan.Mostras de oficios tradicionais, degustación de produtos ...
date_range 19/02/2025

Axenda

Ámbito Celanova

|

Tema Cultura e Deportes

A deputada provincial de Igualdade, Teresa Barge, asiste á estrea da obra teatral “O Proceso”.
date_range 07/02/2025
250204_oproceso_web_0.jpg

Nova

Ámbito Celanova

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 4 de febreiro de 2025.O Auditorio Ilduara de Celanova acollerá este venres, 7 de febreiro, a estrea da obra “O Proceso”, de Malasombra Produccións, escrita e dirixida por Cándido Pazó. Esta peza teatral ten a súa razón de ser no proceso xudicial iniciado contra Manuel Curros Enríquez en 1880 logo da publicación de “Aires da miña terra” e do que finalmente foi absolto.Na presentación desta peza, que tivo lugar esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, participou o director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez, quen definiu a esta peza como “unha magnífica obra e moi necesaria”; o alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga, quen agradeceu a colaboración institucional da Deputación e da Xunta para este proxecto; Xoque Carvajal, actor ...
date_range 04/02/2025
250130_libro_castromao_2.jpg

Nova

Ámbito Celanova

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 30 de xaneiro de 2025.A Deputación de Ourense acolleu a presentación da publicación “Castromao”, de Francisco Fariña Busto e Luis Orero, obra coeditada pola institución provincial xunto ao Grupo Marcelo Macías (GMM). Esta guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos que configuran a paisaxe e a historia de Galicia.Por esta razón ofrece unha dobre posibilidade para poder ser lida dende casa —o que fai precisa a incorporación dun amplo repertorio gráfico que facilite a súa comprensión— ou percorrendo o xacemento arqueolóxico, seguindo o itinerario sinalizado existente, e co apoio do aparato gráfico valorar mellor o que se ve. O seu contido permite un achegamento ao xacemento, entende...
date_range 31/01/2025

Axenda

Ámbito Celanova

|

Tema Cultura e Deportes

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, participa na presentación da obra de teatro “O proceso”.
date_range 04/02/2025
Cargando...

Cargando...