Ourense, 10 de marzo de 2025.A Deputación, a Xunta e o Concello de Castrelo de Miño traballarán conxuntamente na planificación de actividades e colaboración respecto ao Parque Náutico de Galicia, co obxectivo fixar unha folla de ruta clara e precisa respecto a “un espazo que é absolutamente estratéxico para o desenvolvemento turístico e deportivo da provincia”, tal e como explicou o presidente provincial, Luis Menor.Na reunión, -á que asistiron, ademáis do presidente da Deputación, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; así como o director de Área de Deportes, Marcos Vázquez; o asesor de Política Deportiva da Deputación, Diego Enrique Álvarez; e director do Club Náutico de Galicia, Gabriel Fernández-, analizaron conxuntamente as actividades que se realizan neste espazo e avanzaron a...