Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz informa á súa veciñanza da apertura do prazo de presentación de solicitudes para o Programa Benestar en Balnearios 2025, impulsado pola Xunta de Galicia. Esta iniciativa ofrece a posibilidade de desfrutar dunha estadía en balnearios da comunidade galega, fomentando a saúde e o benestar mediante os beneficios terapéuticos das augas termais.Prazo de solicitude:Ata o día 16 de xullo de 2025.Lugar de presentación e máis información:Servizos Sociais ComunitariosFogar dos Maiores – A Barreira, 3Teléfono de contacto: 988 55 40 59Obxectivo do Programa:O programa está dirixido a mellorar a calidade de vida das persoas participantes a través dunha experiencia relaxante e saudable en balnearios galegos. Inclúe tratamentos personalizados, acceso a instalacións como piscinas terma...
date_range 18/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz dá un paso máis na consolidación do protocolo “Allariz Pobo Seguro” coa implicación activa da súa veciña. Dez persoas representantes da realidade social alaricana protagonizan un vídeo divulgativo no que explican, punto por punto, o decálogo do protocolo para a prevención e atención das diferentes violencias sexistas en espazos festivos. Con esta iniciativa, Allariz convértese nun referente a nivel galego e estatal pola súa aposta decidida en facer partícipe á cidadanía na loita contra a violencia de xénero, promovendo espazos seguros e igualitarios para todas as persoas. No vídeo, que estará dispoñible en allariz.gal/allarizpoboseguro e nas redes sociais do Concello, participan persoas de diferentes idades, sectores e sensibilidades: desde representantes da hostalerí...
date_range 16/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

Na mañá de hoxe Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, ofreceu unha rolda de prensa na Acearrica. Acompañada por parte da corporación municipal do Concello de Allariz, manifestou o seu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia de obrigar á colocación dun cartel que desaconsella o baño na área recreativa da Acearrica. Esta medida está baseada en analíticas do ano 2012, referidas a un vertido puntual producido naquela data por unha avaría no bombeo da rede de saneamento por un corte na rede eléctrica, xa resolta hai anos. Segundo a Xunta, esta actuación responde á aplicación dunha normativa europea, mais o Concello considera que a medida é burocrática, descontextualizada e sen base técnica actual, posto que as analíticas máis recentes, realizadas de forma recorrente polo propio Concello, a Co...
date_range 25/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz acolle a primeira das probas de RUMBO, unha iniciativa que combina deporte, natureza e aprendizaxe a través da orientación. A actividade está dirixida a persoas de todas as idades e niveis, desde familias ata deportistas habituais, cun obxectivo común: descubrir Allariz dun xeito diferente, poñendo a proba o sentido da orientación e a capacidade para resolver retos no territorio.A proba celebrarase o 29 de xuño dende ás 11:00 h e terá lugar no entorno da Alameda e casco histórico da vila, espazos idóneos para esta modalidade que mestura actividade física e contacto coa natureza.Os participantes deberán atopar unha serie de balizas seguindo un mapa e superando pequenos desafíos, ...
date_range 11/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

Estará na Alameda ata o 13 de xuño. Esta mostra repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía e lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas. O Concello de Allariz é mecenas da Casa de Rosalía desde o ano 2022. Hoxe martes instalouse na Alameda de Allariz a exposición âA Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalíaâ na que se repasa a historia deste museo e se lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa grazas á colaboración de milleiros de persoas. A mostra, que se pode visitar na Alameda ata o 13 de xuño, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo. Esta exposición fai un repaso pola historia desta Ca...
date_range 03/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz celebrou a apertura da súa décimo quinta edición o sábado 17 de maio ás 19:00h, nun acto que reuniu a paisaxistas, representantes institucionais, veciñanza e visitantes, marcando o inicio dunha nova tempada de innovación paisaxística e conciencia ambiental. A inauguración abriu cunha vibrante actuación do grupo de cantareiras Ergutío, cuxa presenza resultou especialmente significativa ao coincidir co Día das Letras Galegas, este ano dedicado ás cantareiras, figuras clave na conservación da poesía oral galega. Baixo o lema “Cambio climático, unha oportunidade para o xardín”, a XV edición do FIXA ofrece unha mirada renovada sobre a función dos espazos verdes fronte á crise climática. Das preto de 40 propostas recibidas, foron seleccionadas 9 cre...
date_range 26/05/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

Publicada a listaxe definitiva de admitid@s no Concilia Verán 2025 do Concello de Allariz. Podes consultar o documento no seguinte enlace: Listaxe de Admitidos/as no Concilia Verán 2025. BASES REGULADORAS SERVIZO COMPLEMENTARIO DE CONCILIACIÓN CONCILIA VERÁN (Decreto 142/2025 de 8 de maio de 2025) Artigo 8. Prazos. Listaxe definitiva de admitidos e admitidas publicarase na páxina web do Concello de Allariz www.allariz.gal o día 6 de Xuño.
date_range 06/06/2025

Nova

Ámbito Allariz

|

Tema Outras

O Concello de Allariz renovou, a semana pasada, o convenio de colaboración co Hotel Balneario Oca Vila de Allariz, co obxectivo de seguir facilitando o acceso ao seu espazo de Balneario á veciñanza empadroada no municipio.A alcaldesa, Cristina Cid, e o director do hotel, Maike Pazos, asinaron este novo acordo, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2025. Grazas a este convenio, a veciñanza que conte ca tarxeta cidadá poderán desfrutar do Circuíto Termal, de domingo a venres, a un prezo reducido de 9,50 € (IVE incluído). O circuíto inclúe piscina activa con chorros, camas de oxixenación, jacuzzi, sauna e outros servizos relaxantes.Ademais, aplicarase un 20% de desconto nas técnicas termais en cabinas durante os mesmos días, fomentando o coidado persoal e o benestar.Para facer uso destes...
date_range 21/05/2025
Cargando...

Cargando...