Etiquetas seleccionadas

close
Data
date_range
date_range
Buscar
1clinic_web_0.JPG

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 11 de setembro de 2025.-.Este sábado, 13 de setembro de 2025, o Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá a 25ª edición do Clinic Deputación de Ourense, un dos eventos formativos máis destacados para adestradores, xogadores e apaixonados do baloncesto. Baixo o lema “As Catro Fases do Xogo en Baloncesto”, esta cita reunirá a catro adestradores de referencia en España, acompañados dos seus corpos técnicos de Liga Endesa e Primeira FEB.O prazo de inscrición continúa aberto e o prezo é de 40 € para o público en xeral e de 10 € para aboados da As Burgas Basket Cup (anexando o abono). As ligazóns para formalizar as inscricións son as seguintes: https://www.clubourensebaloncesto.com/index.php?lm=3149https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdZKS2h3juOpYfax2397zHucJ7qBNTyVWi9PeWlUfut07oHUw/view...
date_range 11/09/2025

Axenda

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

A deputada de Igualdade, Teresa Barge, participa no minuto de silencio convocado pola Subdelegación do Goberno de Ourense polos crimes de violencia de xénero acontecidos en Sevilla e Barcelona.
date_range 11/09/2025
saida-de-la-vuelta-en-o-barco-1_0.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

Ourense, 10 de setembro de 2025.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe a saída da etapa 17 de La Vuelta, en O Barco de Valdeorras, que se converteu por primeira vez en sede da saída dunha etapa neste evento deportivo de referencia internacional. Menor aproveitou para reivindicar a “promoción” dunha comarca “rica e próspera” como Valdeorras, a través de eventos de “máximo nivel” como La Vuelta que “dan visibilidade”.En declaracións aos medios, o presidente provincial fixo un chamamento á “cordura”, destacando o “respecto polo dereito a manifestacións”, pero “reivindicando a normalidade e a seguridade” nun evento como La Vuelta que, ademais, dixo Menor, “supón unha gran oportunidade para a comarca de Valdeorras e todo o seu potencial”.O presidente provincial tamén co...
date_range 10/09/2025
250910_xuntavoceiros_web_0.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 10 de setembro de 2025.No pleno da Deputación de Ourense celebrado o pasado 27 de agosto con carácter de extraordinario urxente, no marco do debate político sobre a situación dos lumes na provincia, adoptouse un acordo plenario centrado na creación a curto prazo dunha mesa de traballo que permita realizar unha análise exhaustiva do acontecido cos incendios forestais en Ourense, co obxectivo de elevar as propostas que se consideren necesarias aos órganos correspondentes para colaborar desde a Deputación aló onde non cheguen as outras administracións.Por este motivo, os voceiros dos catro grupos políticos provinciais (Patricia Torres do PP; Álvaro Vila do PSOE; Bernardo Varela do BNG e Rafael Martínez de DO) mantiveron hoxe unha reunión na que constituíron esta mesa de traballo e f...
date_range 10/09/2025

Axenda

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asiste á saída da 17ª etapa de “La Vuelta” que comeza no Barco de Valdeorras e remata no Alto de El Morredero (Bierzo, León).
date_range 10/09/2025
weblumearua.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Os traballos de extinción do lume que afectaba ao vertedoiro municipal de A Rúa, asumidos pola Deputación de Ourense a través dunha contratación de urxencia, déronse hoxe por rematados tras oito días de intervención especializada na zona, a cargo da empresa Tragsa coas máximas garantías de seguridade e coa mobilización de máis de 250 camións na zona para apagar o lume.O pasado 30 de agosto, o presidente provincial, Luis Menor, trasladouse ata o Concello de A Rúa para anunciar que a institución ourensá asumía de urxencia, trala petición formal da alcaldesa, María Albert, a extinción do incendio forestal que levaba dúas semanas afectando a este vertedoiro, de competencia municipal, e que ao citado concello lle supuña un custe económico e técnico dificilmente asumible.“Independentemente das n...
date_range 09/09/2025
xunta-de-goberno-web.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cooperación

Ourense, 9 de setembro de 2025.A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de mobilizar un total de 817.269,57 euros, dos que 137.000 euros están destinados a axudas para diferentes entidades da provincia, mentras que 680.269,57 euros están asignados a 16 municipios.Así, os concellos de Maside, Monterrei, Bande, Manzaneda, Castrelo de Miño, San Cristovo de Cea, Verín, Castrelo do Val, Celanova, A Gudiña, Laza, Lobeira, Maceda, Riós, San Amaro e Verea reciben esta semana, entre as que destaca a que se dedicará a mellorar a eficiencia enerxética do Auditorio Ilduara de Celanova (100.000 euros); a destinada a substituir alumeado na Canle e Viso, en Lobeira (62.745,63 euros); a pavimentación da rúa de acceso a Outeiro Grande en Maside (50.000 euros); os gastos de funcionamento da casa comu...
date_range 09/09/2025
web_via-da-prata-por-etapas-2.jpg

Nova

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Turismo

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, volve a retomar o programa provincial da Vía da Prata por etapas para ofrecer os peregrinos a posibilidade de coñecer os atractivos turísticos da provincia a través do Camiño Mozárabe.Con esta actividade, o goberno provincial pretende seguir dando a coñecer este itinerario xacobeo, eixe vertebrador do territorio ourensá ao atravesar preto dun terzo dos municipios da provincia, entre a propia poboación local e os posibles usuarios procedentes doutros territorios interesados por este itinerario.Para elo, o programa que inclúe guía e autobús, permite realizar os diferentes tramos do Camiño Mozárabe durante varios domingos, podendo optar os usuarios por facer etapas soltas ou inscribirse en tódolos tramos. O peregrinos descubrirán a través do Camiño...
date_range 09/09/2025

Axenda

Ámbito Deputación de Ourense

|

Tema Cultura e Deportes

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na presentación do novo deseño do premio Calpurnia, o máximo galardón do OUFF.
date_range 09/09/2025
Cargando...

Cargando...